O Castro, A Baña, A Baña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O Castro
ParroquiaA Baña
ConcelloA Baña
Poboación17 hab. (2016)

O Castro é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Sitúase nunha zona alta do monte de pendente acusada descendente dirección norte. Linda ao norte con Salvande.

Neste lugar están a igrexa parroquial, os dous cemiterios existentes na parroquia e un cruceiro. Neste lugar aínda se pode ver o recinto circular do castro de maiores dimensións do concello, castro a día de hoxe cuberto de eucaliptos, piñeiros e vexetación.

Demografía[editar | editar a fonte]

Tiña 17 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 7 eran homes e 10 eran mulleres. No 2009 eran 20 habitantes: 11 homes e 9 mulleres.

Paisaxe[1][editar | editar a fonte]

Núcleo tradicional disperso que crece en torno á igrexa parroquial e ao longo da pista. Predominio da vivenda de tipo chalé de grandes dimensións sobre a tradicional de pedra.

Están catalogados 5 hórreos.

Presenza de pequenas hortas e froiteiras, ademais de milleiras e pastos. En zonas máis afastadas hai piñeiros, castaños, carballos e eucaliptos.

Servizos urbanísticos[1][editar | editar a fonte]

Servizos Tipo
Abastecemento auga Traída e pozo de barrena
Saneamento Pozo negro
Electricidade Si
Iluminación pública Si
Telefonía Si
Recollida lixo Si
Transporte Escolar

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Baña[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Baña no concello da Baña (A Coruña)

A Cachopiña | Canlís | A Castiñeira | O Castro | Fampousa | Guende | Liñares | Meán | Paredes | Salvande | San Salvador | San Vicenzo | Señor | Vesía | Vilariño | Vilarnovo | Xasoso

Parroquias da Baña[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

  1. 1,0 1,1 "PXOM A BAÑA - ESTUDO MEDIO RURAL" (PDF).