Santa María la Blanca está situada na cidade de Toledo. Construída no século XII como sinagoga, foi posteriormente transformada en igrexa. Na actualidade o edificio pertence á Igrexa Católica, pero non se realiza culto nel. Atópase aberto ao público e funciona como museo.
Construído no 1180 (segundo testemuña a inscrición visible nunha das súas trabes, este edificiomudéxar posúe cinco naves separadas por piares sobre os que descansan arcos de ferradura. Se ben existe certo contraste entre a sobriedade do exterior da sinagoga e o seu elaborado interior, o edificio presenta non pouca austeridade. Conforme á tradiciónoriental, o mesmo 'vive' para o interior. Esta sinagoga tivo considerable influencia sobre outras sinagogas españolas; tal é o caso, por exemplo, da sinagoga de Segovia.
Os trinta e dous piares deste templo son de ladrillo recuberto por cemento e cal. Ornados de piñas e volutas, os seus capiteis denotan influencia da arte románica. Por riba dos arcos de ferradura prevalece a ornamentación abstracta en frisos horizontais que inclúe molduras con delicados motivos baseados na interacción de liñas e medallóns. Os entrelazados xeométricos formados polas liñas son de orixe almohade.
En 1260, a comunidade xudía de Toledo obtivo un permiso extraordinario do rei Afonso X para reconstruír "a maior e máis fermosa sinagoga de España", sendo isto oposto a unha bula do PapaInocencio IV. O edificio foi erixido en territorio cristián (Reino de Castela) por construtores árabes e tivo como comitente e financista á comunidade xudía de Toledo, representada por don Yosef ben Shoshan. Unha vez acabado, o edificio foi denominado "Sinagoga Maior" pois era o principal centro de culto hebreo na cidade. Xa desde os seus inicios, ese templo formaba parte das dez sinagogas toledanas tidas en conta por Yehuda ben Shlomo al-Jarizi nos seus escritos do século XII.
"Vin á extensa cidade de Toledo, capital do reino, que está revestida do encanto da dominación e ornada coas ciencias, mostrando aos pobos e príncipes a súa beleza. [...] Cantas sinagogas hai nela de beleza incomparable! Alí toda o alma loa ao Señor".[Cómpre referencia]