Samantha Hudson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samantha Hudson
Nome completoIván González Ranedo
Nome de nacementoIván González
AlcumeSamantha Hudson
Nacemento11 de setembro de 1999
Lugar de nacementoLeón
NacionalidadeEspaña
OcupaciónCantante, compositor, produtor musical, activista, artista multimedia, actor
XénerosPop, electrónica, electroclash
Na rede
IMDB: nm9902337 Allocine: 917875 Rottentomatoes: celebrity/samantha_hudson
Twitter: badbixsamantha Instagram: badbixsamantha Youtube: UCDl4iRl1JTdBwcl7stp6sKg Souncloud: ivanvaginag Musicbrainz: edf540d5-a07f-410f-80af-839924a20137 Discogs: 7090302 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Iván González Ranedo, nado en León o 11 de setembro de 1999 e coñecido polo seu nome artístico Samantha Hudson, é un artista, cantante, actor, celebridade de internet e activista LGBT español.[1] Deuse a coñecer tras a controvertida publicación do tema «Maricón» en 2015, que gravou como proxecto para unha materia de cultura audiovisual. A canción, acompañada dun vídeo publicado na plataforma YouTube, xerou tanto rexeitamento como aprobación polo público. Foi, amais, obxecto de protesta por parte de organizacións relixiosas e grupos políticos conservadores. Coñecida polo seu discurso provocativo e descarado, Samantha combina o activismo a prol do colectivo LGBT e a reivindicación social, acotío a través dunha performance transgresora dentro dun contexto camp.[2][3]

Ademais de «Maricón», Samantha publicou outras pezas audiovisuais como «Burguesa Arruinada», «Super Preñada» ou «Dulce y Bautizada». Así mesmo, apareceu puntualmente en varias series de televisión e protagoniza o documental biográfico de 2018 Samantha Hudson, una historia de fe, sexo y electroqueer. En 2021 realizou o seu primeiro espectáculo performativo, Eutanasia Deluxe, que representou no Teatro Lara de Madrid.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en León en 1999, aínda que se mudou posteriormente a Mallorca. Con 11 anos pasou por unha etapa de firme devoción cara á igrexa católica, aínda que máis tarde frustraríase ante o discurso anti-LGBT desta.[5] Con 13 anos, Iván pasou por unha época en que cría ser muller trans. Porén, ao experimentar coas diferentes concepcións de xénero, acabou por descartar esa posibilidade. Nunha entrevista con El País afirma que "[a esa idade] gustábame a miña aparencia cando encaixaba nun rol feminino [...] Simplemente quería ser así.".[6]

En 2017, rematado o bacharelato, Samantha mudouse a Barcelona co fin de vivir da súa música. Durante a estadía alí, tivo un accidente por unha caída mentres rubía até un balcón, polo cal tivo que pasar varias semanas no hospital.[6]

En 2018 mudouse a Madrid. Desde principios de 2019 até 2021 realizou unha performance semanal nunha sala de concertos de Chueca, a miúdo xunto con Paco Clavel.[7] Desde marzo até o verán dese último ano, realizou no Teatro Lara de Madrid o espectáculo Eutanasia Deluxe, coa cultura lixo como eixo da súa actuación.[8] Posteriormente levou a obra a outras cidades de España como Valencia ou Barcelona.[9][10]

Con motivo do Orgullo LGTB de 2020 en Madrid, posteriormente cancelado pola pandemia de COVID-19, participou na campaña de concienciación #ProtégeteDelOdio, con outras figuras públicas como Carla Antonelli ou Eduardo Rubiño. A finais dese ano comezou a publicar unha serie de podcasts producidos pola plataforma de streaming Netflix xunto co presentador Jordi Cruz baixo o título ¿Sigues ahí?.[11]

En febreiro de 2021 realizou unha intervención en forma de monólogo na gala dos Premios Feroz. Nela reivindicaba o "abandono do xénero" mediante un símil co progresivo abandono do xénero cinematográfico.[12]

A súa estética foi frecuentemente definida como trash e comparada coas obras do director John Waters.[13]

Malia que inicialmente descartou definirse así, nunha entrevista en 2021 afirmou que «podería incluír[se] no espectro do non binarismo».[6] Igualmente mostrouse conforme co nome de Iván e co xénero masculino como identidade.[14][2] No plano político identifícase como "anticapitalista e marxista". En varias entrevistas e nun artigo publicado en 2020 para a revista Vice, autodefínese como "transformista" e "travesti de garda as 24 horas".[15]

En 2021 publicou «Dulce y Bautizada», un tema en que colabora con outros artistas como Chenta Tsai. Nunha entrevista para La Vanguardia, Samantha declarou "facer referencia aos seus comezos" no sinxelo. Como en «Maricón», no vídeo Samantha volve botar man da estética relixiosa, con elementos eclesiásticos e referencias á catequese parroquial.[16][17] En xuño do mesmo ano publicou «Disco Jet Lag», sinxelo en que colaboran La Prohibida e Putochinomaricón.[18]

«Maricón» e controversia[editar | editar a fonte]

No momento en que eu poño unha coroa, [isto] supón un acto político. No momento en que poño unha mochila de princesas, estou a loitar contra un sistema que me oprime. E cando eu visto de rosa e saio á rúa e chamo a atención, estou loitando contra unha sociedade que me rexeita e me nega o dereito a gozar da miña propia vida. Porque eu realmente corro perigo por ser como son.
Iván González, no seu discurso de graduación.[19]

Con 15 anos, en 2015, encargáronlle un traballo para a materia de cultura audiovisual do instituto, o IES Josep Maria Llompart de Palma. Samantha creou unha canción cun videoclip en que, de xeito explícito, critica a igrexa católica e a posición desta sobre a diversidade sexual. A canción, «Maricón», foi publicada en YouTube en outubro de 2015. Nunha entrevista afirmou que, para producir a canción, inspirouse nunha visita a unha igrexa durante a cal se sentira rexeitada polas miradas duns fregueses.[20][6] O traballo, que recibiu unha cualificación de 9 sobre 10 por parte da profesora, foi igualmente sometido a revisión nun claustro. Todo o profesorado considerou que se trataba dun traballo "simplemente impecábel" e reafirmou o apoio ao mesmo, agás o docente de relixión, quen decidiu mobilizarse para protestar ante a súa publicación. O profesor queixouse posteriormente no seu blog da forma "machacona e reiterativa" de Samantha de mostrar a súa "mariconería", e realizou unha chamada de atención ao resto da comunidade católica.[21] O vídeo foi posteriormente retirado da plataforma de xeito temporal.[22]

Olga Ballester, daquela deputada por Cidadáns no Parlament Balear, cualificou o vídeo de "blasfemo" e queixouse ante a inacción do goberno balear.[23] A organización ultraconservadora HazteOír, pola súa banda, realizou unha recollida de 48.000 sinaturas para pedir unha actuación disciplinar contra a profesora.[24] Pola publicación de «Maricón», Samantha foi excomungada polo bispado de Mallorca.[16]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

  • Liquidación total (2021)

Álbums recompilatorios[editar | editar a fonte]

  • Los Grandes Éxitos de Samantha (2019)

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Título Ano
«Maricón» 2015
«Super Preñada» 2016
«Burguesa Arruinada» 2017
«Seguro de moto» 2019
«Hazme el favor (vente conmigo a bailar)» 2020
«Dulce y Bautizada» 2021
«Disco Jet Lag» (con La Prohibida) 2021
«Por España» 2021

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Director Notas
2018 Samantha Hudson, una historia de fe, sexo y electroqueer Ela mesma Joan Porcel Película documental
2021 Corten! Marc Ferrer [25]
2022 Rainbow Paco León [26]

Televisión[editar | editar a fonte]

Series

Ano Título Personaxe Cadea Notas
2017 Mai neva a ciutat Ela mesma IB3 Episodio: «Fantasmes de la vella escola»
2020 Veneno Bibliotecaria Atresplayer Premium Episodio: «Los tres entierros de Cristina Ortiz»
2021 Una navidad con Samantha Hudson Samantha Hudson Atresplayer Premium 1 episodio

Programas

Ano Título Cadea Notas
2018 Las uñas Atresplayer Convidada
2020 - 2021 ¿Sigues ahí? Canle de Netflix en Youtube Presentadora
2021 Paca te lleva al huerto Atresplayer Convidada
Alguna pregunta més? TV3 Convidada
Drag Race España Atresplayer Premium Convidada
MasterChef Celebrity España La 1 (TVE) Concursante
Pasapalabra Antena 3 Convidada
Amor con Fianza: El reencuentro Canle de Netflix en Youtube Presentadora

Teatro[editar | editar a fonte]

Ano Título Director Notas
2021 Eutanasia Deluxe[4] Ela mesma Arte performativo/Musical

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Quién es Samantha Hudson, la travesti y artista multidisciplinar que se ha convertido en icono queer" (en castelán). 2020-11-16. Consultado o 2021-04-04. 
  2. 2,0 2,1 Lorite, Jaime (2020-06-26). "Samantha Hudson, el nuevo icono ‘queer’ de España: “Soy una tía muy normal. Parezco loca, pero los locos son los demás”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-02-21. 
  3. "Samantha Hudson, el 'terrorista queer' adolescente que se enfrentó a HazteOir". El Confidencial (en castelán). 2018-07-26. Consultado o 2021-01-28. 
  4. 4,0 4,1 "Samantha Hudson. Eutanasia deluxe". Teatro Lara (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2021. Consultado o 2021-07-13. 
  5. "La historia de Samantha Hudson: del ‘Soy maricón y me encanta Jesucristo’ al biopic" (en castelán). 2018-06-12. Consultado o 2021-01-27. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Romerales, Laura (2020-02-18). "La receta de Samantha Hudson: provocación, activismo y mamarrachada". El País (en castelán). Consultado o 2021-01-27. 
  7. "Archivo de la etiqueta: Samantha Hudson". 25 de febreiro de 2019. Consultado o 1 de marzo de 2021. 
  8. Ávalos, Almudena (2021-03-20). "Samantha Hudson: "En el colegio solo sufrí el paquete básico de 'bullying': llamarme maricón por los pasillos y algún empujón"". El País (en castelán). Consultado o 2021-04-06. 
  9. "Samantha Hudson trae su show 'Eutanasia Deluxe' a València". Valencia Plaza (en castelán). Consultado o 2021-06-28. 
  10. ""Being authentic, being yourself, is a form of activism"". La Provincia (en inglés). 2021-06-10. Consultado o 2021-06-28. 
  11. Llega '¿Sigues ahí?' el podcast con Samantha Hudson y Jordi Cruz. 
  12. 20minutos (2021-03-02). "Samantha Hudson llega a los Premios Feroz con un atrevido (y reivindicativo) estilismo: "Mi vida entera es una ficción"" (en castelán). Consultado o 2021-03-03. 
  13. "“Soy maricón y me gusta Jesucristo”: así es la reina más polémica de Instagram" (en castelán). 2018-07-18. Consultado o 2021-02-21. 
  14. Millán, Germán Aranda (2021-07-03). "Samantha Hudson: "Está bien que la gente vea que los travestis no nacemos por la noche"". Eldiario.es (en castelán). Consultado o 2021-07-23. 
  15. "No es edadismo, es autodefensa: por qué está mal que haya hombres mayores que solo se acuesten con chicos jóvenes" (en castelán). Consultado o 2021-02-21. 
  16. 16,0 16,1 Aleix, Jaime (2021-02-19). "Samantha Hudson lanza 'Dulce y Bautizada': un homenaje a sus orígenes musicales". La Vanguardia (en castelán) (Barcelona). Consultado o 2021-02-21. 
  17. Dulce y Bautizada. 
  18. Periódico, El (2021-06-18). "Samantha Hudson se pone bailonga con 'Disco Jet Lag'" (en castelán). Consultado o 2021-06-18. 
  19. Joan Porcel (27 de novembro de 2018). "Samantha Hudson, una historia de fe, sexo i electro queer" (Documental biográfico). ib3.org. Consultado o 4 de abril de 2021. Extraído de su discurso de graduación en los minutos 0:00-1:30 
  20. Maricón. 
  21. Novella, Xisco. "80- Caligrafía impecable" (en castelán). Consultado o 2021-01-27. 
  22. "Sobresaliente por un vídeo blasfemo" (en castelán). 2016-01-03. Consultado o 2021-01-27. 
  23. "Ciudadanos censura el "silencio" del Govern ante el vídeo "blasfemo"" (en castelán). 2016-01-04. Consultado o 2021-01-28. 
  24. "Piden expedientar a una profesora por otorgar un sobresaliente al vídeo de un alumno gay en el que se critica a la Iglesia" (en castelán). Consultado o 2021-01-28. 
  25. Rodera, Alejandro (7 de maio de 2021). "El giallo LGBT y de metaficción que Marc Ferrer estrena en el D'A Film Festival". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 7 de maio de 2021. 
  26. Jaime, Aleix (5 de agosto de 2021). "Netflix estrenará 'Rainbow', la película de Paco León basada en "El mago de Oz"" (en castelán). Formula TV. Consultado o 7 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]