Saltar ao contido

Pasapalabra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pasapalabra
Formato Concurso
Duración 1h 5min
Producido por ITV Studios
Presentado por Silvia Jato (2000-2002, 2003-2006)
Constantino Romero (2002-2003)
Jaime Cantizano (2006)
Christian Gálvez (2007-2019)
Roberto Leal (2020-)
Día(s) de emisión De luns a venres
Horario de emisión 20:00
Localización(s) Fuencarral, Madrid
Cadea Antena 3 (2000-2006, 2020-)
Telecinco (2007-2019)
Día da estrea 10 de xullo de 2000
Nº de temporadas 6

Na rede
https://www.antena3.com/programas/pasapalabra/
IMDB: tt0381791 Facebook: pasapalabra Twitter: PasapalabraA3 Instagram: pasapalabra Editar o valor en Wikidata

Pasapalabra é un concurso emitido desde o ano 2000 na televisión de España, primeiro na cadea Antena 3 ata 2007, momento en que pasou a emitirse en Telecinco. Dende 2020 emítese de novo en Antena 3.

Pasapalabra estreouse en Antena 3 o 13 de maio de 2020 en prime time. Está baseado no formato orixinal británico The Alphabet Game. Dous concursantes intentan acumular segundos en varias probas con palabras, que servirán para ter máis tempo para contestar a todas as definicións da proba final, chamada "el Rosco". Foi presentado por Silvia Jato, Jaime Cantizano e Constantino Romero en Antena 3; por Christian Gálvez en Telecinco e desde 2020 por Roberto Leal en Antena 3. En 2010, foi galardoado co premio especial do xurado dos Premios Ondas, polos seus 10 anos de éxito en televisión.[1][2] Desde a súa estrea e ata a actualidade, o concurso presentado por Roberto Leal emítese de luns a venres de 20:10h a 21:00h en Antena 3.

Mecánica

[editar | editar a fonte]
  • En cada programa participan dous concursantes, axudados cada un por dous famosos.
  • Na parte principal realízanse varias probas xogando con palabras, que teñen como obxectivo acumular segundos para a proba final.
  • Na parte final, deberán intentar acertar o máximo número de palabras (dun total de 25) no Rosco final de Pasapalabra. O concursante que máis palabras acerte levará 1.200 euros e volverá no seguinte programa. Se acerta as 25 palabras, levará o bote que se irá formando con 6.000 euros acumulados cada día que alguén non o gañe.
  • Letra a letra
  • La pista
  • Palabras cruzadas
  • ¿Qué es qué?
  • El rosco
Probas anteriores
  • Una de dos
  • La escalera
  • El pulsador (los melones)
  • De par en par
  • Antes y después
  • La palabra imposible

Primeira etapa (2000-2006)

[editar | editar a fonte]

Comezou a emitirse no ano 2000 en Antena 3. O programa estaba presentado pola galega Silvia Jato, salvo durante o embarazo desta, sendo substituída por Constantino Romero. Era o concurso de televisión de máis audiencia. O maior premio que se outorgou nesta etapa foi de 1.023.000 euros.

Segunda etapa (2006)

[editar | editar a fonte]

O programa seguíase emitindo en Antena 3, pero a marcha de Silvia Jato á competencia provocou o cambio de presentador. Así, o seu substituto foi Jaime Cantizano.[3] Durante esta curta etapa do programa, entregouse o maior premio que un concurso de televisión en España entregara xamais. O premio foi de 2.190.000 euros, que recibiu Eduardo Benito. Destacar entre outras cousas que parte da audiencia diminuía considerablemente, polo que Antena 3 decidiu retirar o concurso da pantalla tras emitir un total de 1.282 programas nos seus seis anos de emisión ininterrompida.[4]

Terceira etapa (2007-2019)

[editar | editar a fonte]

No ano 2007, Telecinco faise cos dereitos do programa en España. O programa está presentado por Christian Gálvez (ex-reporteiro de CQC).[5][6] Nesta etapa houbo un pequeno cambio na mecánica do concurso: sempre enfronta a un concursante cunha concursante (nas épocas anteriores, ambos os concursantes podían ser do mesmo sexo).

Pasapalabra pasou a emitirse desde do 3 de decembro de 2007 habitualmente de luns a domingo.[7] Con todo, desde finais de 2009, deixou de emitirse os fins de semana para deixar paso ao programa de María Teresa Campos: ¡Qué tiempo tan feliz!.

O primeiro bote desta etapa (96.000 euros) foi entregado o 6 de agosto de 2007 á concursante Marta Sierra, de Málaga. O maior premio entregado ata agora, na nova etapa de Telecinco, é de 1.524.000 euros que foi entregado a César Garrido, emitido o 24 de febreiro de 2012 tras permanecer no programa durante 29 días. Ademais, o segundo premio co maior bote de Pasapalabra en Telecinco (852.000 euros), foi entregado a Carlos Villalba,[8] o 23 de febreiro de 2011. Alberto Izquierdo ten a marca de permanencia (54 programas en total repartidos en tres etapas diferentes),[9] seguido de Carlos Adán (45 programas), José Manuel Lucía (39 programas) e Laura Gonzalo (32 programas),[10] todos eles conseguidos en dúas etapas distintas.

Durante os primeiros meses do ano 2012 Telecinco emitiu a 'loita de campións', programas especiais nos que os participantes foron concursantes que destacaran nos programas emitidos pola cadea ata ese momento. Enfrontáronse entre outros José Manuel Lucía, Carlos Adán, María Hernanz, Laura Gonzalo e Lilith Manukyan, aínda que non participou César Garrido. O vencedor e declarado campión da loita de campións de Pasapalabra foi Alberto Izquierdo, que ademais acabou levándose un bote de 374.000 euros.[9]

Para celebrar os 5 anos en Telecinco, Pasapalabra estrea un novo deseño (tanto de estudo como de interface) o día 13 de setembro de 2012.

Cuarta etapa (2020-actualidade)

[editar | editar a fonte]

Tras varios meses de negociacións entre ITV Studios e Mediaset España para recuperar o formato, finalmente foi Atresmedia quen logrou facerse de novo cos dereitos de Pasapalabra. Así, Antena 3 emitiría de novo o programa catorce anos despois, esta vez producido pola propia ITV xunto a Atresmedia Studios.[11] Ademais, o concurso contaría con Roberto Leal como presentador.[12]

Pasapalabra foi galardoado na edición 2010 dos Premios Ondas co Premio Especial do Xurado segundo consta no acta deste "pola consolidación dun formato que marcou unha década de éxito na televisión e por dignificar o entretemento divulgativo".

Ano Premio Resultado
2000 Mellor concurso Candidato (gañador: ¿Quién quiere ser millonario?)
2001 Mellor concurso Gañador
2002 Mellor concurso Gañador
2003 Mellor concurso Gañador
2004 Mellor concurso Gañador
2007 Mellor concurso Candidato (gañador: Identity)
2008 Mellor concurso Gañador
2009 Mellor concurso Gañador
2010 Mellor concurso Gañador
2011 Mellor concurso Candidato (gañador: Atrapa un millón)

Formato internacional

[editar | editar a fonte]

Francia, Italia, o Reino Unido, Portugal e a Arxentina contan actualmente coas súas propias versións do programa.

Colombia contou hai algúns anos coa súa propia versión, "Pasapalabras", transmitida por RCN Televisión e conducido pola presentadora de noticias Jessica de la Peña.

  1. "'Pasapalabra', premio especial dos Ondas". Telecinco. 3 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2011. Consultado o 24 de febreiro de 2012. 
  2. "Os Ondas premian 'Hoy por hoy', o humor de Mota e a tele en 3D". El País. 4 de novembro de 2010. Consultado o 22 de xullo de 2012. 
  3. "Cantizano debuta este luns en 'Pasapalabra'". FormulaTV. 17 de marzo de 2006. Consultado o 24 de febreiro de 2012. 
  4. "Antena 3 recupera '¿Quién quiere ser millonario?' para levantar as súas tardes". FormulaTV. 6 de xuño de 2006. Consultado o 24 de febreiro de 2012. 
  5. "'Pasapalabra' chega a Telecinco con novas probas e Christian Gálvez como presentador". El Mundo. 16 de xullo de 2007. Consultado o 22 de xullo de 2012. 
  6. "'CQC' regresa a Tele 5 con su espíritu "provocador e irreverente"". El País. 28 de xaneiro de 2005. Consultado o 22 de xullo de 2012. 
  7. "'Pasapalabra', agora tamén os fins de semana". FormulaTV. 9 de decembro de 2007. Consultado o 24 de febreiro de 2012. 
  8. "Un técnico informático pulveriza o récord de 'Pasapalabra' en Telecinco con 852.000 euros". El Mundo. 23 de febreiro de 2011. Consultado o 24 de febreiro de 2012. 
  9. 9,0 9,1 "Alberto, o último concursante da 'loita de campións', lévase o bote de 374.000 euros". 21 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2012. Consultado o 21 de xullo de 2012. 
  10. "Laura Gonzalo, récord de permanencia en 'Pasapalabra', lévase 286.000 euros". Qué!. 11 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2010. Consultado o 24 de febreiro de 2012. 
  11. Vertele, ed. (19 de decembro de 2019). "Antena 3 se queda con 'Pasapalabra' tras perderlo Telecinco". Consultado o 19 de diciembre de 2019. 
  12. Yotele, ed. (13 de abril de 2020). "Antena 3 llega a un acuerdo con Roberto Leal y cierra su fichaje para presentar 'Pasapalabra' y 'El desafío'". Consultado o 13 de abril de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]