Salvelinus alpinus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Salvelinus alpinus
Salvelinusalpinus.jpg
Salvelinus alpinus
pescado no encoro de Neves, Tirol do Sur
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Orde: Salmoniformes
Familia: Salmonidae
Subfamilia: Salmoninae
Xénero: Salvelinus
Especie: S. alpinus
(Linnaeus, 1758)
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto
Lámina de 1896

Salvelinus alpinus é unha especie de peixes osteíctios da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos, subfamilia dos salmoninos, unha das numerosas comprendidas no xénero Salvelinus,[2][3][4]

Propia dos de lagos alpinos e das augas costeiras das rexións árticas e subárticas, incluíndo as illas do arquipélago ártico do Canadá.[5]

Ningún outro peixe de auga doce se encontra tan ao norte.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Salmo alpinus.[2][3]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñecuese tamén polos sinónimos:[2][3]

  • Salmo alpinostagnalis Smitt, 1886
  • Salmo alpinus Linnaeus, 1758 (basónimo)
  • Salmo alpinus var. nivalis Faber, 1829
  • Salmo carbonarius Strøm, 1784
  • Salmo erythrinus Georgi, 1775
  • Salmo hybridus Smitt, 1886
  • Salmo laevis Walbaum, 1792
  • Salmo levis Mohr, 1786
  • Salmo marstoni Garman, 1893
  • Salmo oquassa Girard, 1854
  • Salmo palja Walbaum, 1792
  • Salmo punctatus Cuvier, 1829
  • Salmo rutilus Nilsson, 1832
  • Salmo salvelinostagnalis Smitt, 1886
  • Salmo trutta trutta Walbaum, 1792
  • Salmo ventricosus Nilsson, 1832
  • Salvelinus alpinostagnalis (Smitt, 1886)
  • Salvelinus alpinus stagnalis (Fabricius, 1780)
  • Salvelinus aureolus Bean, 1887
  • Salvelinus marstoni (Garman, 1893)
  • Salvelinus stagnalis (Fabricius, 1780)

Subespecies[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécense as tres subespecies seguintes:[2]

  • Salvelinus alpinus alpinus (Linnaeus, 1758)
  • Salvelinus alpinus oquassa (Girard, 1854)
  • Salvelinus alpinus taranetzi Kaganowsky, 1955

Distribución[editar | editar a fonte]

A área de distribución de Salvelinus alpinus e cicumpolar, encontrándose nos lagos alpinos e nas augas costeiras das rexións árticas e subárticas, incluíndo as illas do arquipélago ártico do Canadá.[5] Observouse no Ártico canadense, Groenlandia, Islandia, Escandinavia, Siberia e Alasca.[1][6]

Ningún outro peixe de auga doce se encontra tan ao norte.

Características[editar | editar a fonte]

Intimamente relacionado co salmón e a troita, comparte características con ambos os dous.

Pode alcanzar unha lonxitud de 1,10 m e un peso de 15 kg.[7]

A idade máxima publicada é de 40 anos.[8]

En xeral, o dorso é escuro, de cor parda olivácea, e o ventre e os flancos claros. O dorso e os laterais aparecen con característicos puntos vermellos ou rosados, de maior tamaño ao longo da liña lateral, á veces maiores que a pupila. Porén, a cor é mi variábel, dependendo da situación, a época do ano e o grao de madureza sexual. Na época da desova, os adultos de ambos os sexos, pero especialmente os machos, presentan unha brillante coloración vermella ou alaranxada no ventre e as aletas pectorais, pelvianas e na anal. Esta coloración vermella danlla os carotenoides presentes na dieta; os anfípodos son a principal fonte deste pigmento. Os inmaturos presentan 11 manchas escuras en cada costado. As aletas son claras nos xuvenís, e escuras nos adultos.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

É unha especie bentopeláxica que vive en augas frías e ben oxixenadas, que aparece en zonas profundas dos ríos medianos ou grandes, e nos lagos. Poden ser anádromo, semianádromo ou sedentario. Os espécimes que viven ao norte dos 65° N de latitude son xeralmente anádromos.[1][6]

As formas anádromas pasan gran parte das súas vidas no mar, onde ocupan un rango de profundidades de 30 a 70 m. As poboacións non migratorias permanecen permanentemente nos lagos e ríos.[6]

É unha especie extremadamente sensíbel á contaminación da auga.

A súa dieta varía segundo a estación e o lugar onde se atopa. Adoita ser oportunista. Encontraronse máis de 30 especies no seu estómago.[9][6][10][11]

As poboacións de auga doce aliméntanse de crustáceos planctónicos, anfípodos, copépodos, moluscos, insectos e doutros peixes, incluso da súa propia especie.[9][12]

Os mesmos crustáceos que lles serven de alimento son con frecuencia hospedadores intermediarios de parasitos.

As femias adoitan depositar de 3 000 a 5 000 ovos. Non morren despois da desova, como ocorre no salmóns do Pacífico (xén ero Oncorhynchus, e adoitan desovar varias veces ao longo da súa vida, normalmente cada segundo ou terceiro ano. A ceías emerxen na primavera e permanecen no río de 5 a 7 meses, ou até que miden uns 15-20 cm de lonxitude. A madurez sexual varía de 4 a 10 anos, cando alcanzan os 50 ou 60 cm de lonxitude.[13][14][15][11]

Pesca[editar | editar a fonte]

A súa pesca non reviste grande interese comercial, pero é unha especie usada en acuicultura e un trofeo moi común en pesca deportiva.

Comercialízase fresco, afumado, enlatado e conxelado. Cómese salgado, cocido, frito e asado.

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que é unha especie moi estendida sen que se coñezan grandes ameazas xeneralizadas, e aínda que varias poboacións diminuíron significativamente, cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Freyhof, J. & Kottelat, M. (2008): Salvelinus alpinus na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 8 de marzo de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Salvelinus alpinus (Linnaeus, 1758) no WoRMS. Consultado o 8 de marzo de 2022.
  3. 3,0 3,1 3,2 Salvelinus alpinus (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 8 de marzo de 2022.
  4. Salvelinus alpinus (Linnaeus, 1758) no BioLib. Consultado o 8 de marzo de 2022.
  5. 5,0 5,1 Cambridge Bay Arctic Char. Salvelinus alpinus (L.) Arquivado do orixinal o 12 de decembro de 2011. Consultado o 9 de marzo de 2022.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Rikardsen, Audun H.; Diserud, Ola H.; Elliott, J. Malcolm; Dempson, J. Brian; Sturlaugsson, Johannes; Jensen, Arne J. (2007). "The marine temperature and depth preferences of Arctic charr (Salvelinus alpinus) and sea trout (Salmo trutta), as recorded by data storage tags". Fisheries Oceanography. 16 (5): 436–447.
  7. Government of Canada, Fisheries and Oceans Statistical Services (19 de decembro de 2016). Arctic Char. Salvelinus alpinus. En dfo-mpo.gc.ca. Consultado o 8 de marzo de 2022.
  8. Salvelinus alpinus en genomics.senescence.info.
  9. 9,0 9,1 Finstad, Anders Gravbrøt; Ugedal, Ola & Berg, Ole Kristian (2006): "Growing large in a low grade environment: size dependent foraging gain and niche shifts to cannibalism in "Arctic char". Oikos' 112 (1): 73–82.
  10. Andrews, C. W. & Lear, E. (2011): "The Biology of Arctic Char (Salvelinus alpinus L.) in Northern Labrador". Journal of the Fisheries Board of Canada 13 (6): 843–860.
  11. 11,0 11,1 Grainger, E. H. (2011): "On the Age, Growth, Migration, Reproductive Potential and Feeding Habits of the Arctic Char (Salvelinus alpinus) of Frobisher Bay, Baffin Island". Journal of the Fisheries Board of Canada 10 (6): 326–370.
  12. E. A. Keller; R. H. Blodgett & J. J. Clague (2010): The Catastrophic Earth, Natural Disasters. Boston, Massachusetts, USA: Pearson Custom Publishing. ISBN 978-0-5368-7813-7.
  13. Corrocher, R.; Tedesco, F.; Rabusin, P. & De Sandre, G. (1975): "Effect of human erythrocyte stromata on complement activation". British Journal of Haematology 29 (2): 235–241.
  14. Vilhunen, Sampsa & Hirvonen, Heikki (2003): "Innate antipredator responses of Arctic charr (Salvelinus alpinus) depend on predator species and their diet". Behavioral Ecology and Sociobiology 55 (1): 1–10.
  15. Andrews, C. W. & Lear, E. (2011): "The Biology of Arctic Char (Salvelinus alpinus L.) in Northern Labrador". Journal of the Fisheries Board of Canada. 13 (6): 843–860.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]