Saltar ao contido

XIII dinastía de Exipto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «XIII dinastía exipcia»)
XIII dinastía de Exipto
 Instancia de
 Parte de
Datas
 Fundación / creación
século XVIII a. C. Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
século XVII a. C. Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
XII dinastía de Exipto (1991 a. C. - 1802 a. C.) Editar o valor en Wikidata
 Sucedido por
Localización
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/0740yq Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A décimo terceira dinastía do antigo Exipto (XIII Dinastía) combínase a miúdo coa XI, XII e XIV dinastías baixo o título xeral de Reino Medio. Algúns escritores sepárano destas dinastías e únenna ás dinastía XIV a XVII como parte do Segundo período intermedio . A XIII dinastía durou aproximadamente entre o 1803 a.C. e aproximadamente o 1649 a.C., é dicir durante 154 anos.[1]

A XIII dinastía foi unha continuación directa da XII dinastía anterior, e crese que o seu primeiro gobernante era fillo de Amenemhat IV.[1] Kim Ryholt propón que a separación entre as dúas dinastías reflicte o ascenso da independente XIV dinastía no Delta do leste, un evento que, segundo el, sucedeu, durante o reinado de Sobekneferu. [1] Como herdeiros directos dos faraóns da XII dinastía, os faraóns da XIII dinastía reinaron desde Menfis sobre o Exipto Medio e Alto, ata a segunda catarata cara ao sur. O poder da XIII dinastía diminuíu progresivamente ao longo dos seus 150 anos de existencia e finalmente chegou á súa fin coa conquista de Menfis polos gobernantes Hicsos da XV dinastía, c. 1650 a.C. [1]

Gobernantes

[editar | editar a fonte]

En textos posteriores, esta dinastía adoita describirse como unha época de caos e desorde. Non obstante, o período puido ser máis pacífico do que se pensaba, xa que o goberno central de Iti-Taui preto do Faiyum mantívose durante a maior parte da dinastía e o país permaneceu relativamente estable. O período caracterizouse, sen dúbida, polo declive, cun gran número de faraóns con reinados curtos e só uns poucos testemuñados. Está claro que non pertenecían a unha única liña familiar e que algúns naceron plebeos. Por desgraza, a verdadeira cronoloxía desta dinastía é difícil de determinar xa que hai poucos monumentos que daten da época. Moitos dos nomes dos faraóns só se coñecen a partir de raras inscricións fragmentarias ou de escaravellos. [Cómpre referencia] Os nomes e orde na táboa baséanse en Dodson, Hilton e Ryholt.[1][2]

Faraóns da XIII dinastía
Nome do faraónTumbaConsorte(s)Comentarios
Sekhemre Khutawy Sobekhotep IA hipótese dominante é que Sekhemre Khutawy Sobekhotep foi o fundador da dinastía,[3][4] en estudos máis antigos Wegaf
SonbefQuizais fillo de Amenemhat IV e irmán de Sekhemre Khutawy Sobekhotep.[3]
Nerikare
Sekhemkare Amenemhat V
Ameny QemauPirámide de Ameny Qemau
Hotepibre Qemau Siharnedjheritef[5]Quizais idéntico ao rei Sehotepibre na Canon de Turín
IufniCoñecido só polo canon de Turín
Seankhibre Ameny-Intef-Amenemhat VI
Semenkare Nebnuni
Sehetepibre Sewesekhtawy
Sewadjkare ICoñecido só polo canon de Turín
NedjemibreCoñecido só polo canon de Turín
Khaankhre Sobekhotep II
Renseneb Amenemhat
Awybre HorEnterrado en Dahshur preto da pirámide de Amenemhet IIINubhetepti (?)
Sekhemrekhutawy KhabawPosiblemente un fillo de Hor Awybre.
DjedkheperewPosiblemente un irmán de Sekhemrekhutawy Khabaw.
Sedjefakare Kay-Amenemhet VII
Khutawyre Wegaf
Userkare KhendjerPirámide de Khendjer, Saqqara sur [6]Seneb[henas?]Tamén pode levar o nome de Nimaatre.
Smenkhkare ImyremeshawAya (Iy)?
Sehetepkare IntefAya (Iy)?
Seth Meribre
Sekhemresewadjtawy Sobekhotep IIISenebhenas [7]
Neni[7]
Khasekhemre Neferhotep IQuizais enterrado en AbidosSenebsen [7]
Menwadjre SihathorCorrexente efémero co seu irmán Neferhotep I
Khaneferre Sobekhotep IVQuizais enterrado en Abidos: S 10 (Abidos)Tjan[7]Irmán de Neferhotep I e Sihathor
Merhotepre Sobekhotep VNubkhaes ? [7]
Khahotepre Sobekhotep VI
Wahibre Ibiau
Merneferre AyConstruíu unha pirámide cuxa situación non se coñece, quizais preto de Menfis.[8]Inni ?Reinou 23 anos, o reinado máis longo da dinastía. Último faraón en ser testemuñado tanto no baixo e no alto Exipto.

Despois destes faraóns, os restantes gobernantes da XIII Dinastía só están testemuñados por achados no Alto Exipto. Isto pode indicar o abandono da antiga capital Itjtawy en favor de Tebas. [9] Daphna Ben Tor cre que este suceso foi desencadeado pola invasión do leste do Delta e da rexión menfita por gobernantes cananeos. Para algúns autores, isto marca o final do Reino Medio e o comezo do segundo período intermedio.[9] Esta análise é rexeitada por Ryholt e Baker, que observan que a estela de Seheqenre Sankhptahi, que reinou cara ao final da dinastía, suxire firmemente que reinou sobre Menfis. Por desgraza, a estela é de procedencia descoñecida. [3] [4]

Faraóns da XIII Dinastía continuación
FaraónComentarios
Merhotepre IniTamén coñecido como Ini I
Sankhenre Sewadjtu
Mersekhemre InedPosiblemente o mesmo que Neferhotep II
Sewadjkare HoriTamén coñecido como Hori II
Merkawre Sobekhotep VII
Oito faraóns, nomes perdidos
Merkheperre
MerkareCoñecido unicamente polo canon de Turín
Un faraón perdido
Sewadjare Mentuhotep V
[...]mosre
Ibi [...]maatre
Hor [...] [...]webenre
Se[...]kare
Seheqenre SankhptahiRepresentado nunha estela de ofrenda a Ptah
[...]re
Se[...]enre

A posición cronolóxica de varios gobernantes testemuñados non se puido determinar de xeito concreto por falta de probas:

Faraóns da XIII dinastía, posición indeterminada
FaraónComentarios
Mershepsesre Ini IISegundo von Beckerath, sucesor de Sewadjare Mentuhotep V e antecesor de Merkheperre
Mersekhemre Neferhotep IIPosiblemente o mesmo que Mersekhemre Ined
Sewahenre SenebmiuSegundo von Beckerath, sucesor de Se[...]kare
Sekhanenre ...re

Sobekhotep I e II

[editar | editar a fonte]

Ryholt sitúa a un rei chamado "Sobkhotep I Sekhemre Khutawy" como o primeiro faraón desta dinastía. Esta é agora a hipótese dominante na egiptoloxía [4] e Sobekhotep Sekhemre Khutawy chámase Sobekhotep I neste artigo. Ryholt acredita así a Sekhemre Khutawy Sobkhotep I un reinado de 3 a 4 anos c. 1800 a.C. e propón que Khaankhre Sobekhotep II reinou c. 20 anos despois, no 1780 a.C.[3] Dodson e Hilton cren de xeito similar que Sekhemre Khutawy Sobekhotep precedeu a Khaankhre Sobekhotep.[10]

Sucesores

[editar | editar a fonte]
Estatua do selador real e alto comisario Gebu, XIII dinastía, c. 1700 a.C. desde o templo de Amón en Karnak.

Despois de permitir que a disciplina nos fortes do sur se deteriorase, o goberno finalmente retirou as guarnicións e, non moito tempo despois, os fortes foron reocupados polo crecente estado nubio de Kush. No norte, o Baixo Exipto foi invadido polos Hicsos, un pobo semita de todo o Sinaí. Unha liña de faraóns independente creou a XIV dinastía que xurdiu no delta occidental durante o final da XIII dinastía. Segundo Manetón, nesta mestura inestable entraron invasores do leste chamados Hicsos que apoderaronse de Exipto "sen resistencia, e logo de vencer aos gobernantes da terra, queimaron as nosas cidades despiadadamente, arrasaron os templos dos deuses ... " O seu réxime, chamado XV Dinastía, dicíase que substituíra as dinastías XIII e XIV na maior parte do país.

Non obstante, achados arqueolóxicos recentes en Edfu poderían indicar que a XV dinastía de Hicsos xa existía,, polo menos a mediados do reinado da XIII dinastía do rei Sobekhotep IV. Nun artigo publicado recentemente en Exipto e o Levante,[11] Nadine Moeller, Gregory Marouard e N. Ayers debaten sobre o descubrimento dun importante edificio administrativo do inicio da XII dinastía do Reino medio na zona oriental do Alto Exipto, que estivo en uso continuo no comezo do segundo período intermedio ata a XVII dinastía, cando os seus restos foron enterrados baixo un gran patio. As labores de campo realizados por exiptólogos en 2010 e 2011 nos restos do antigo edificio da XII dinastía que tamén se empregou na XIII dinastía provocaron o descubrimento dun gran salón contiguo que contiña 41 selos mostrando o cartucho do gobernante dos Hicsos Khyan xunto con 9 selos que nomean ao faraón da XIII dinastía Sobekhotep IV.[12] Os contextos conservados destes selos demostran que Sobekhotep IV e Khyan eran, moi probablemente, contemporáneos un do outro. Isto podería significar que a XIII dinastía non controlaba todo Exipto cando Sobekhotep IV accedeu ao poder e que houbo un solapamento significativo entre as dinastías XIII e XV xa que Sobekhotep IV era só un gobernante de mediados da XIII dinastía, aínda que un dos seus faraóns máis poderosos. Polo tanto, a afirmación de Manetón de que a XV dinastía de Hicsos substituíu violentamente á XIII dinastía podería ser unha peza de propaganda exipcia posterior. Pola contra, a autoridade da XIII dinastía debeu colapsarse en Exipto nas últimas décadas e o estado dos Hicsos na rexión do Delta simplemente tomou o control de Menfis e puxo fin ao reinado da XIII dinastía. Non obstante, esta análise e as conclusións que se extraen dela son rexeitadas polo exiptólogo Robert Porter, quen sostén que Khyan gobernou moito máis tarde que Sobekhotep IV (existe unha brecha de 100 anos entre ambos nas cronoloxías convencionais) e que os selos dun faraón usáronse moito despois da súa morte. Así, os selos de Sobekhotep IV poden non indicar que fose contemporáneo de Khyan.[13]

Merneferre Ay foi o último gobernante exipcio da XIII Dinastía que é testemuñado por obxectos tanto no baixo como no alto Exipto.[14] De aquí en diante, os seus sucesores, desde Merhotepre Ini en diante, só están atestados no Alto Exipto.[15]

Cronoloxía da XIII dinastía

[editar | editar a fonte]

Cronoloxía estimada polos seguintes exiptólogos:

  • Primeiro faraón:
    • Ugaf (?)
      • 1786-1783 (Redford)
      • 1766-1764 (Ryholt)
      • 1759-1757 (Franke)
  • Primeiro faraón:
    • Sejemra Jutauy
      • ca. 1760 a. C.
      • -
      • -
  • Último faraón:
    • Sebekhotep VIII Sejemra Seusertauy (?)
      • 1645-1629 (Ryholt)
      • -
      • -
  • Último faraón:
    • Merkara (?)
      • ca. 1640 a. C.
      • -
      • -

Cronograma do segundo período intermedio

[editar | editar a fonte]
Xois Avaris Baixo Exipto Exipto Medio Alto Exipto Baixa Nubia
      XIII dinastía exipcia    
XIV dinastía exipcia          
  XV dinastía exipcia        
Dominación dos Hicsos   XVI dinastía exipcia   Dominación de los Hicsos  
          Dinastía Kushita
        XVII dinastía exipcia  
           
           
           
  1. 1 2 3 4 5 Kim S. B. Ryholt, The Political Situation in Egypt during the Second Intermediate Period, c. 1800–1550 B.C., Museum Tusculanum Press 1997, p.197
  2. Aidan Dodson, Dyan Hilton: The Complete Royal Families of Ancient Egypt. The American University in Cairo Press, London 2004. pp. 100–101
  3. 1 2 3 4 K.S.B. Ryholt. The Political Situation in Egypt during the Second Intermediate Period c. 1800–1550 B.C. Carsten Niebuhr Institute Publications 20. Copenhagen
  4. 1 2 3 Darrell D. Baker: The Encyclopedia of the Pharaohs: Volume I - Predynastic to the Twentieth Dynasty 3300–1069 BC, Stacey International, ISBN 978-1-905299-37-9, 2008
  5. K. S. B. Ryholt, Hotepibre, a Supposed Asiatic King in Egypt with Relations to Ebla, Bulletin of the American Schools of Oriental Research, No. 311 (Aug., 1998), pp. 1–6
  6. Verner, Miroslav. The Pyramids: The Mystery, Culture, and Science of Egypt's Great Monuments. Grove Press. 2001 (1997). ISBN 0-8021-3935-3
  7. 1 2 3 4 5 Grajetzki, Ancient Egyptian Queens: A Hieroglyphic Dictionary, Golden House Publications, London, 2005, ISBN 978-0954721893
  8. Labib Habachi: Khata'na-Qantir: Importance, ASAE 52 (1954) pp. 471–479, pl.16–17
  9. 1 2 Daphna Ben Tor: Sequences and chronology of Second Intermediate Period royal-name scarabs, based on excavated series from Egypt and the Levant, in: The Second Intermediate Period (Thirteenth-Seventeenth Dynasties), Current Research, Future Prospects edited by Marcel Maree, Orientalia Lovaniensia Analecta, 192, 2010, p. 91
  10. Dodson, Hilton, The Complete Royal Families of Ancient Egypt, 2004
  11. Nadine Moeller, Gregory Marouard & N. Ayers, Discussion of Late Middle Kingdom and Early Second Intermediate Period History and Chronology in Relation to the Khayan Sealings from Tell Edfu, in: Egypt and the Levant 21 (2011), pp. 87–121 online PDF
  12. Moeller, Marouard & Ayers, Egypt and the Levant 21, (2011), pp. 87–108
  13. Robert M. Porter: The Second Intermediate Period according to Edfu, Goettinger Mizsellen 239 (2013), p. 75–80
  14. Thomas Schneider, "The Chronology of the Middle Kingdom and the Hyksos Period", in: E. Hornung/R. Krauss/D. Warburton (eds.), Ancient Egyptian Chronology (Handbook of Oriental Studies 1, 83), Leiden/ Boston 2006, p.180
  15. Schneider, p.180

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Dinastía precedente Dinastía Dinastía seguinte
Duodécima dinastía Décimo terceira dinastía
1802 a.C.–1649 a.C.
Décimo cuarta dinastía