Saltar ao contido

China (rexión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaChina
Imaxe
Tiporexión cultural
divided region (en) Traducir
civilización antiga Editar o valor en Wikidata
EpónimoQin (pt) Traducir, Chu, Yelang (en) Traducir, Khitan, Jin (en) Traducir, Tuoba (en) Traducir, Dahe (en) Traducir, Dinastía Han, Dinastia Wei do Norte (pt) Traducir, Rinan (en) Traducir, Qi (pt) Traducir e Chengdu Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°N 110°L / 40, 110
Composto por
Este artigo refírese á civilización chinesa. Para o estado político moderno referido como "China" no seu nome formal e que comprende a China continental, Hong Kong e Macau, véxase República Popular da China. Para o estado político moderno referido como "China" no seu nome formal e que comprende as illas de Taiwán, Penghu, Kinmen e Matsu, véxase República da China. Para outros usos, véxase China (homónimos).
Cambios territoriais na China a través da súa historia.

China (chinés tradicional: ; chinés simplificado: ; Pinyin: Jhongguó; Hanyu Pinyin: zh-zhongguo.ogg Zhōngguó ; Wade-Giles (chinés mandarín): Chung¹kuo²) é unha rexión cultural, unha civilización antiga e, dependendo da perspectiva, unha entidade nacional ou multinacional que se estende por gran parte da Asia Oriental.

A última guerra civil chinesa (finalizada en 1949) conduciu á aparición de dúas entidades políticas que utilizan o nome "China":

China é o berce dunha das civilizacións continuas máis antigas do mundo, presente en estados e culturas que se remontan até seis milenios atrás. Posúe o sistema de escritura de uso continuo máis antigo e foi o lugar onde se produciron numerosos inventos de moita importancia, tanto é así que o erudito británico Joseph Needham denominou as "catro grandes invencións da China Antiga": o papel, o compás, a pólvora e a imprenta. Historicamente, a esfera cultural da China estendeuse a través do leste de Asia en todas as súas formas: a súa relixión, os seus costumes e o seu sistema de escritura foron adoptados en diversos graos polos seus veciños, tales como o Xapón, Corea e Vietnam.

A primeira evidencia de presenza humana na rexión encontrouse na cova de Zhoukoudian, e é un dos primeiros espécimes do Homo erectus, que é máis coñecido como o home de Pequín, e que se estima que viviu aproximadamente entre 300.000 e 550.000 anos atrás.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre cultura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.