Rune Ekre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rune Ekre
Lennart Rune Fridgott Ekre
Datos persoais
Nacemento13 de febreiro de 1924
LugarHabo vapen.svg Habo.
Jönköping län vapen.svg provincia de Jönköping.
Suecia Suecia
Falecemento21 de setembro de 2013.
LugarStenungsund vapen.svg Stenungsund.
Västra Götaland länsvapen - Riksarkivet Sverige.png Provincia de Västra Götaland.
Suecia Suecia
NacionalidadeSueca.
Actividade
CampoArqueoloxía, numismática, museoloxía, pintura e debuxo
Alma máterUniversidade de Gotemburgo.
Contribucións e premios
Premios- (1999) Medalla Elias Brenner (SNS).
- (2001): Medalla Gunnar Holst.
editar datos en Wikidata ]

Lennart Rune Fridgott Ekre, nado o 13 de febreiro de 1924 en Habo, provincia de Jönköping, e finado o 21 de setembro de 2013 en Stenungsund, provincia de Västra Götaland, foi un arqueólogo, numismático, director de museo, pintor e debuxante sueco.[1][2]

O seu papel nas súas escavacións na cidade medieval de Lödöse fixérono merecedor do doutoramento honorífico pola Facultade de Humanidades da Universidade de Gotemburgo en 1989.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de culminar a súa educación secundaria en 1943 e de realizar o servizo militar en Sollefteå, en 1944 comezou a súa formación superior en Historia da Arte, Literatura e Linguas Nórdicas na Universidade de Gotemburgo, onde se graduou en 1951.[2]

A súa primeira actividade profesional foi como profesor en escolas dos municipios de Lilla Edet (1953-1961) e de Tjörn (1961-1968).[2]

Por mor da reurbanización da contorna da cidade medieval de Lödöse, no municipio actual de Lilla Edet (provincia de Västra Götaland), a partir de 1951 fíxose necesaria unha serie de escavacións arqueolóxicas, que se realizaron baixo os auspicios da Xunta Nacional de Patrimonio (Riksantikvarieämbetet). Ao tempo que realizaba a súa especialización en Arqueoloxía Medieval na Universidade de Lund, na que se graduou en 1962, Ekre participou como axudante nesas escavacións, ata que en 1968 comezou a dirixilas, con dedicación a tempo completo.[2]

Cando as actividades arqueolóxicas de Lödöse se vincularon en 1979 ao Museo Provincial de Älvsborg (antiga provincia hoxe integrada en Västra Götaland), Ekre pasou a ocupar o posto de primeiro anticuario do museo, e ampliou o seu ámbito de responsabilidade sobre as escavacións en toda a contorna da cidade medieval.[2]

Xa desde 1965, Ekre dirixía tamén o Museo da cidade de Lödöse, onde organizou diversas exposicións de carácter temporal. Nos derradeiros anos antes da súa xubilación en 1989, tamén traballou no deseño do novo edificio do museo, que se completou en 1994.[2][4]

A partir da descuberta en 1963 dunha ceca medieval, no transcurso das escavacións, Ekre comezou a prestarlle unha atención especial nas súas investigacións á moeda e a circulación monetaria en Suecia durante a Idade Media.[2]

Rune Ekre foi membro da Sociedade Numismática Sueca desde 1966.[2]

Na súa faceta como artista, na súa xuventude Ekre estudara debuxo con Tore Ahnoff, director da academia de arte Valand, en Gotemburgo, e destacou como debuxante e como pintor ao óleo (principalmente paisaxes, retratos e motivos sagrados). Tamén foi deseñador de obras de ferro forxado, algunhas das cales se instalaron no centro da cidade.[1][2] En 2014 celebrouse unha exposición da súa produción artística no Museo de Lödöse.[5]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Escolma de publicacións[editar | editar a fonte]

  • (1966). Lödöse museum: en kort historik över medeltidsstaden Lödöse och en vägledning för besökare i museet. Lödöse Museum
  • (1968). Ny bild av medeltidens Lödöse. Goteburgo.
  • (1972). Myntningsfynd från Lödöse. Goteburgo.
  • (1977). Ljungs kyrkor: historik och beskrivning. Ljungs församl, Ljungskile.
  • (1980): Gamla Lödöse (con K. Carlsson). Riksantikvarieämbetet och Statens historiska museer, Estocolmo. ISBN 9789171924483
  • (1986). Pilgrim och vallfartsled: Om medeltida vallfärder från och genom Lödöse. Älvsborgs Länsmuseum, Vänersborg.
  • (1994). Lödösefynd : ting från en medeltidsstad (con C. Hylander e R. Sundberg). Stödföreningen för Lödöse Museum. ISBN 9789163024535

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Rune Ekre". Konstnärslexikonett Amanda.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 Holmén, B.; Lagerqvist, L. O. (2014).
  3. 3,0 3,1 "Hedersdoktorer vid Humanistiska fakulteten". Göteborgs Universitet.
  4. Trägårdh, I. M.; Jeffery, S. (2013). "En man och hans livsverk". En Västgötabygden, 68. Nº 6. Páxina 14.
  5. "Rune Ekre och hans konstnärskap - en minnesutställning på Lödöse museum". Mynewsdesk.com
  6. "SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen.
  7. "Gunnar Holsts pris år 2001". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Outubro de 2001. Páxina 150.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]