Universidade de Gotemburgo
Coordenadas: 57°41′54″N 11°58′18″L / 57.698333333333, 11.971666666667
Universidade de Gotemburgo Göteborgs universitet Universitas Gothoburgensis | |
---|---|
![]() Universidade de Gotemburgo. Porta principal | |
Datos xerais | |
Localización | Gotemburgo, ![]() |
Fundación | 1954 |
Datos actuais | |
Reitor | Eva Wiberg |
Profesores | 3 445 (2020) |
Alumnos | 24 900 (2020) |
Datos de contacto | |
Páxina web | www.gu.se |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de Gotemburgo é unha universidade estatal sueca, situada en Gotemburgo, fundada en 1954. Ten oito facultades e, no ano 2020, 53 500 estudantes, dos cales algo máis de 29 000 son estudantes a tempo completo, e 6 500 empregados, entre profesors e empragados da administración.[1]
Na Universidade impártense clases de música, arte, ciencias sociais e naturais, humanidades, ciencias da educación, formación do profesorado, informática, adninistración de empresas e, na Academia Sahlgrenska, medicina, ciencias do coidado e odontoloxía. Os estudantes teñen, con frecuencia, investigadores recoñecidos internacionalmente. No ano 2000, o profesor da Universidade Arvid Carlsson recibiu o Premio Nobel de Medicina.
A Universidade é unha das máis importantes de Suecia, e ocupa lugar 198 do mundo, dun total de preto de 20 000 institucións de educación superior, na clasificación de Times Higher Education das mellores universidades do mundo en 2018.[2]
A Universidade de Gotemburgo está rexistrada ambientalmente segundo o Eco Management and Audit Scheme (EMAS), e certificada ambientalmente segundo o ISO 14001.
Foi fundada como Högskola Göteborgs (Escola Superior de Gotemburgo) en 1891. En 1907 o goberno suaco concedeulle o mesmo status que á Universidade de Uppsala e á Universidade de Lund.
O edificio principal da Universidade de Gotemburgo foi construído en Vasaparken desde 1904 a 1907, segundo planos dos arquitectos Ernst Torulf e Erik Hahr. Os edificios substituíron ás antigas dependencias docentes que estaban aloxadas nun antigo edificio universitario de 1851.
O edificio principal é monumento estatal desde o 18 de marzo de 1993.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Datos da Universidade.
- ↑ "World University Rankings 2018". Times Higher Education. 24 de xullo de 2018.
- ↑ The Register of Buildings, The Swedish National Heritage Board.