Robert Patterson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Para o artigo referido ao seu fillo, tamén director da Casa da Moeda dos EEUU, véxase Robert M. Patterson
Robert Patterson
Robert Patterson (page 172 crop).jpg
Nacemento30 de maio de 1743
Lugar de nacementoHillsborough, Condado de Down.
Illa de Irlanda.
Falecemento22 de xullo de 1824 (87 anos)
Lugar de falecementoSeal of Philadelphia, Pennsylvania.svg Filadelfia.
Flag of Pennsylvania.svg Pensilvania.
NacionalidadeFlag of the United States.svg Estadounidense
Alma máterUPenn shield with banner.svg Universidade de Pensilvania.
OcupaciónEducador, profesor universitario, director da US Mint.
PremiosPrêmio Magalhães
Na rede
WikiTree: Patterson-22768 Find a Grave: 38630103 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Robert Patterson, nado en Hillsborough, condado de Down, illa de Irlanda, o 30 de maio de 1743 e finado en Filadelfia o 22 de xullo de 1824, foi un educador estadounidense e director da Casa de Moeda dos Estados Unidos dese 1806 ata o seu falecemento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Robert Patterson naceu en maio de 1743 nunha granxa próxima a Hillsborough, no condado de Down, na actual Irlanda do Norte.[1] Era fillo de Jane Walkers e de Robert Patterson. Asistiu á escola local, onde destacou en Matemáticas, aínda que a súa familia non puido proporcionarlle formación universitaria.[2]

A partir da invasión francesa de Irlanda alistouse nas milicias, onde acadou o rango de sarxento, e rexeitou o ofrecemento de ingresar no exército británico para regresar á súa granxa familiar.[2]

Carreira docente en América[editar | editar a fonte]

En outubro de 1768 emigrou os Estados Unidos. Inicialmente traballou como mestre de escola no condado de Bucks, en Pensilvania, e tamén ensinou navegación baseada na matemática. En 1771 os seus pais e parte da súa familia trasladáronse tamén aos EEUU, atraídos polo seu éxito, e en 1772 Roberts abriu un establecemento comercial en Nova Jersey, con escaso éxito.[1][2]

Abandonado o proxecto comercial, en 1774 aceptou o posto de profesor na Academia Wilmington, en Delaware, aínda que o inicio da guerra de independencia suspendeu esta actividade. Daqeela, Roberts trasladou a súa familia a unha granxa en Nova Jersey e alistouse como instructor da milicia de Delaware, ata o final da guerra.[2]

En decembro de 1779 logo de que se constituíra a en Filadelfia a Universidade de Pensilvania, solicitou o posto de profesor de Matemáticas e exerceu como tal de 1779 a 1810, e tamén como profesor de Filosofía Natural e vicerreitor desde 1810 ata 1813. En 1814 presentou a dimisión e os seus postos na universidade foron herdados polo seu fillo Robert Maskell Patterson.[1][2][3] En recoñecemento aos seus servizos na Universidade de Pensilvania concedéuselle o doutoramento honorífico en 1819.[2]

Entre outras sociedades e entidades asociativas, Robert Patterson foi membro do Select Council of Philadelfia, que presidiu a partir de 1799, e da American Philosophical Society,[4] da que foi elixido presidente en 1819.[1][2]

Director da casa da Moeda dos EEUU[editar | editar a fonte]

Patterson mantiña contacto epistolar co presidente Thomas Jefferson, quen o 17 de xaneiro de 1806 o nomeou director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, cargo que exerceu ata a súa morte.[1][2][5]

Vida persoal e familiar[editar | editar a fonte]

Patterson casou o 9 de maio de 1779 con Amy Hunter Ewing, con quen tivo oito fillos, entre eles Robert Maskell Patterson; e unha das súas fillas casou con Samuel Moore. Tanto o primeiro como o segundo dirixiron tamén a Casa da Moeda dos Estados Unidos.[1][2]

Notas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Evans, G. G. (1893). "Robert Patterso". En Illustrated history of the United States mint... G. G. Evans, Filadelfia. Páxina 102.
  • Smith, P. (2012). "Patterson, Robert". En American Numismatic Biographies. Páxina 282.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Elias Boudinot
New US Mint Logo Black.svg
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1806-1824
Sucesor:
Samuel Moore