Saltar ao contido

Randstad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRandstad
Randstad (nl)
Deltametropool (nl) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 52°11′27″N 4°39′20″L / 52.19083, 4.65556
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos
ProvinciasHolanda Setentrional Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación8.400.000 (2023) Editar o valor en Wikidata (738,65 hab./km²)
Xeografía
Superficie11.372,15 km² Editar o valor en Wikidata

Mapa esquemático do Randstad.

O Randstad (do neerlandés rand: beira e stad: cidade) é o nome que recibe a maior conurbación dos Países Baixos, á súa vez unha das maiores de Europa.

Hai que distinguir entre a rexión metropolitana de Randstad, cunha poboación ao redor dos 6,5 millóns de habitantes (40% do total dos Países Baixos), e a Rexión de Randstad, (unha asociación socio-económica) que reúne uns 7,6 millóns de habitantes (case a metade da poboación do país).

Ambas as entidades esténdense polas provincias de Holanda Meridional, Holanda Setentrional, Utrecht e Flevoland.

Xeografía do Randstad

[editar | editar a fonte]

O Randstad está formado por unha cadea de cidades e aglomeracións urbanas que se estende polo oeste dos Países Baixos dende o centro xeográfico até a costa do Mar do Norte. A cadea forma unha especie de anel, en cuxo centro se sitúa a área relativamente despoboada e rural coñecida localmente como "Corazón Verde" (en neerlandés Groene Hart).

Dita conurbación inclúe as cidades principais de Almere, Amersfoort, Ámsterdan, Delft, Dordrecht, Gouda, Haarlem, Leiden, Rotterdam, A Haia, Utrecht e Zoetermeer, e as cidades e pobos secundarios de Alphen aan dean Rijn, Amstelveen, Capelle aan dean Ijssel, Hoofddorp, Leidschendam, Nieuwegein, Purmerend, Rijswijk, Schiedam, Spijkenisse, Vlaardingen, Voorburg e Zaanstad.

O Randstad divídese en dúas áreas principais:

  • O "á norte" (en neerlandés Noordvleugel) inclúe a área metropolitana de Ámsterdan. Algúns especialistas inclúen tamén a área metropolitana de Utrecht.
  • O "á sur" (en neerlandés Zuidvleugel) inclúe a área metropolitana de Rotterdam.

O conflito entre grandes e pequenas cidades do Randstad

[editar | editar a fonte]

As cidades maiores do Randstad (Ámsterdan, Rotterdam, A Haia e Utrecht) son os centros comerciais, administrativos, de infraestruturas, económicos e de lecer do Randstad, mentres que as poboacións menores adoitan ser cidades dormitorio. Isto xera un conflito de intereses: as grandes desexan espazo para poder ampliarse e rebaixar a presión dos miles de cidadáns que entran nelas todos os días para traballar; as pequenas, pola súa banda, non desexan masificarse e queren manter unha identidade separada.

Outro tema de discusión no plan do Randstad é o Groene Hart, ou Corazón Verde, que prevé unha reserva de espazo verde no centro do anel de cidades, aproveitando así as zonas onde é máis difícil construír debido á pouca firmeza do chan. Con todo, o desenvolvemento do aeroporto de Schiphol e a actividade agraria industrializada deixaron este corazón verde irrecoñecíbel.

Rexión metropolitana

[editar | editar a fonte]

A rexión metropolitana de Randstad esténdese por unha superficie de 5.129 km² e conta cunha poboación de 6,55 millóns de habitantes, polo que ten unha densidade de poboación de 1.277 hab/km².

Componse das cidades principais de Ámsterdan, Rotterdam, A Haia e Utrecht e de 116 pequenas cidades e municipios contiguos (entre as que destacan as cidades de Almere, Amersfoort, Haarlem e Zaanstad), como se mostra na táboa seguinte.

Rexión Poboación Superficie
(en km²)
Habitantes
Países Baixos
Holanda SetentrionalÁmsterdan219,44758.127
Waterland115,6417.267
Edam-Volendam24,7828.459
Landsmeer26,4910.301
Purmerend24,5677.922
Oostzaan16,139.200
Zaanstad83,04140.270
Wormerland45,1415.796
Uitgeest22,3111.915
Castricum59,9235.020
Heiloo18,9922.123
Alkmaar31,2294.455
Langedijk26,9925.931
Bergen119,8313.612
Heerhugowaard39,9749.444
Heemskerk31,7337.423
Beverwijk20,3836.546
Velsen63,0367.678
Bloemendaal43,2916.974
Haarlem32,12147.015
Zandvoort44,3416.651
Haarlemmerliede en Spaarnwoude21,085.489
Heemstede9,6425.650
Bennebroek1,795.131
Haarlemmermeer185,28135.136
Aalsmeer32,2424.145
Uithoorn19,4926.844
Amstelveen44,0578.774
Ouder-Amstel25,8113.142
Diemen14,0323.834
Muiden36,516.645
Weesp21,8817.533
Naarden32,8917.104
Bussum8,1131.237
Huizen23,2842.091
Blaricum15,589.114
Hilversum46,2483.652
Laren12,3911.005
Wijdemeren76,5523.435
Provincia de UtrechtAbcoude32,118.670
De Ronde Venen84,8034.535
Loenen27,328.296
Breukelen48,6514.571
Maarssen30,8639.563
Woerden92,8947.912
Oudewater40,169.941
Montfoort38,2213.506
IJsselstein21,6233.976
Utrecht99,32280.949
Nieuwegein25,6861.605
Vianen42,3719.694
Houten58,9844.499
Bunnik37,5714.234
Utrechste Heuvelrug134,1048.957
Zeist48,6460.369
De Bilt67,1042.037
Baarn33,0324.513
Soest46,4545.217
Amersfoort63,78136.999
Eemnes33,678.859
Bunschoten34,8819.468
Leusden58,9428.889
Holanda MeridionalRotterdam304,24588.697
Schiedam19,8975.389
Spijkenisse30,2374.506
Vlaardingen26,7172.553
Rozenburg6,3712.843
Maasluis9,1031.956
Midden-Delfland49,3817.435
Westland90,5998.328
A Haia85,65475.627
Delft26,3195.090
Rijswijk14,4847.152
Leidschendam-Voorburg35,6073.111
Wassenaar62,5025.622
Voorschoten11,5922.887
Leiden23,16118.069
Leiderdorp12,2925.990
Katwijk31,0660.932
Oegstgeest7,7521.891
Noordwijk51,5324.673
Noordwijkerhout23,4015.166
Teylingen33,6334.683
Lisse16,1121.877
Hillegom13,4820.317
Alkemade30,9114.512
Jacobswoude41,3710.797
Nieuwkoop38,5026.882
Alphen aan der Rijn57,6870.955
Bodegraven38,5019.361
Reeuwijk50,1112.756
Boskoop16,9615.311
Rijnwoude57,8518.863
Zoeterwoude21,918.501
Zoetermeer37,06116.979
Pijnacker-Nootdorp38,6041.695
Lansingerland56,0046.021
Zevenhuizen-Moerkapelle31,1010.325
Waddinxveen29,3926.062
Gouda18,1071.386
Moordrecht12,738.095
Nieuwerkerk aan den IJsel18,4722.140
Capelle aan den IJsel15,4265.602
Ouderkerk28,538.105
Krimpen aan den IJsel8,9328.783
Ridderkerk25,1044.757
Alblasserdam9,9618.428
Hendrik-Ido-Ambacht11,9924.458
Papendrecht10,7731.553
Sliedrecht14,0023.801
Hardinxveld-Giessendam19,3517.775
Dordrecht99,45118.821
Zwijndrecht22,7744.588
Barendrecht21,7241.249
Albrandswaard23,7521.059
Oud-Beijerland19,6123.899
Brielle31,1215.990
FlevolandAlmere248,77178.466
TOTAL5.128,856.547.070
  • (1) - Datos do 1 de xaneiro de 2006, tomados do informe estatístico de poboación Arquivado 26 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.

Rexión económica

[editar | editar a fonte]

A rexión de Randstad é unha rexión socio-económica situada no corazón dos Países Baixos. Está baseada na rexión metropolitana de Randstad e ten como fins a promoción e o desenvolvemento económico, cultural, científico e turístico da rexión.

As partes integrantes desta rexión son as provincias de Holanda Setentrional, Holanda Meridional, Utrecht e Flevoland. En total fálase dunha rexión con 7,62 millóns de habitantes, nunha área de 11.357 km², repartidos como se indica na táboa seguinte.

Rexión Superficie
(en km²)
Poboación(2)
Países Baixos
Holanda Setentrional4.091,772.606.584
Holanda Meridional3.403,383.458.875
Provincia de Utrecht1.449,121.180.039
Flevoland2.412,3370.656
Total11.356,577.616.154
  • (2) - Datos do 1 de xaneiro de 2006, tomados do informe estatístico de poboación Arquivado 26 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]