Brabante Valón
| Brabant wallon (fr) Braibant walon (wa) Brabant walon (pcd) Waals-Brabant (nl) | |||||
| Epónimo | Provincia de Brabante e Valonia | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Bélxica | ||||
| Rexión | Valonia | ||||
| Capital | Wavre | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 415.381 (2025) | ||||
| Lingua usada | lingua francesa lingua valoa | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 1.097,2 km² | ||||
| Altitude | 90 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Organización política | |||||
| • Governor of the Province of Walloon Brabant (en) | Gilles Mahieu (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | BE-WBR | ||||
| Código NUTS | BE31 | ||||
| Sitio web | brabantwallon.be | ||||
A provincia do Brabante Valón[1] (francés: Brabant wallon, neerlandés: Waals-Brabant) é a máis nova e tamén a máis pequena provincia belga.
Baixo a tutela da Rexión Valoa, está fortemente polarizada por Bruxelas, da que é unha extensión periurbana. As principais communes son Wavre, Waterloo, Braine-l'Alleud, Nivelles, Tubize, Rixensart, Ottignies-Louvain-la-Neuve e Jodoigne.
A provincia contaba (a 1 de xaneiro de 2008) con 373.4922 habitantes. A súa superficie é de 1.093 km² e a súa capital é a cidade de Wavre.[2]
Pequena historia
[editar | editar a fonte]A provincia naceu da escisión da antiga provincia unitaria de Brabante entre o Brabante Flamengo (de fala predominante neerlandesa) e o Brabante Valón (de fala predominante francesa).[3].
Dita escisión levouse a cabo por un acordo de cooperación asinado o 30 de maio de 1993 entre o Estado federal, as tres Rexións e as Comunidades francesa e flamenga.
O nacemento oficial da provincia do Brabante Valón consagrouse o 1 de xaneiro de 1995.
Concellos (communes) do Brabante Valón
[editar | editar a fonte]A provincia está formada por un único arrondissement (distrito) —Nivelles— que inclúe 27 communes (municipios ou concellos). A capital do arrondissement é Nivelles (Nijvel, en neerlandés).
![]() | ||
| 1. Beauvechain - Bevekom 2. Braine-l'Alleud - Eigenbrakel 3. Braine-le-Château - Kasteelbrakel 4. Chastre 5. Chaumont-Gistoux 6. Court-Saint-Etienne 7. Genappe - Genepiën 8. Grez-Doiceau - Graven 9. Hélécine |
10. Incourt |
19. Perwez - Perwijs |
Gobernadores
[editar | editar a fonte]- 1995-2000: Valmy Féaux
- 2000-2007: Emmanuel Hendrickx
- Desde o 8 de xaneiro de 2007: Marie-José Laloy (nomeada polo Goberno Valón)
Evolución da poboación
[editar | editar a fonte]Poboación de dereito a primeiro de xullo de cada ano:
| Arrondissement | 01-07-2003 | 01-07-2004 | 01-07-2005 | 01-07-2006 |
|---|---|---|---|---|
| Nivelles | 358753 | 361418 | 364722 | 367693 |
| -- dos cales estranxeiros | 29.512 | 29.445 | 30.133 | 30.395 |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Colexiata de Sainte-Gertrude de Nivelles
- Ruínas da Abadía de Villers-la-Ville
- Muíño en Braine-le-Château
- Castelo de La Hulpe
- A Maison du Bailli de Orp-Jauche
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Brabante é o nome da rexión histórica, hoxe dividida entre os Países Baixos e Bélxica. Ver entrada de «Oss». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1530. ISBN 9788482893600.
- ↑ Institut national de statistique - Direction générale Statistique et Information économique
- ↑ Charles-Étienne Lagasse, Les Nouvelles Institutions politiques de la Belgique et de l’Europe, Erasme Namur, 2003, páxs. 133-137


