República Socialista Soviética de Kazakhstán
Қазақ Советтік Социалистік Республикасы (kk) ![]() | |||||
Himno | Himno da República Socialista Soviética de Kazakhstán ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Proletarios de todos os países» ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado histórico | Unión Soviética ![]() | ||||
Capital | Almati ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 16.711.000 ![]() | ||||
Lingua oficial | Lingua kazaka lingua rusa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.717.300 km² ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 5 de decembro de 1936 ![]() | ||||
Disolución | 9 de outubro de 1991 ![]() | ||||
Sucedido por | Kazakhstán ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república soviética ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Soviet Supremo da República Socialista Soviética de Kazakhstán , ![]() | ||||
Moeda | Rublo soviético ![]() | ||||
A República Socialista Soviética de Kazakhstán (en kazako: Қазақ Советтік Социалистік Республикасы), foi a segunda república en extensión das que formaron a Unión Soviética, na Asia central, e é hoxe en día o estado independente de Kazakhstán. Tiña unha superficie de 2.717.300 quilómetros cadrados (1,063,200 millas cadradas) e a súa capital era Alma-Ata.
Contexto
[editar | editar a fonte]Establecida o 26 de agosto de 1920, inicialmente foi unha república autónoma dentro da RSSF de Rusia. O 5 de decembro de 1936 volveuse unha república independente da URSS, chamada RSS de Kazakhstán. Durante os 50 e os 60 os cidadáns soviéticos foron urxidos a axudar a poboar as "Terras virxes" da RSS de Kazakhstán. O influxo dos inmigrantes (maioritariamente rusos, pero incluíndo algunhas minorías nacionais deportadas) favoreceron a mestura racial e permitiron que o número de kazakos fose inferior ó de non kazakos. Os outros grupos étnicos incluían ucraínos, alemáns, belarusos, coreanos, e outros; os alemáns no momento da independencia formaban sobre o 8% da poboación, a máis alta concentración de alemáns en toda a Unión Soviética. A independencia fixo que moitos destes novos habitantes emigrasen.
O 10 de decembro de 1991 a RSS de Kazakhstán foi renomeada "República de Kazakhstán" e seis días despois acadou a súa independencia.
Poboación
[editar | editar a fonte]A poboación nativa eran os kazakos (4.234.000 en 1970). En 1970, a república tiña un número apreciable de rusos (5.522.000) e ucraínos (933.000). Nas terras desérticas do norte de Kazakhstán, había tártaros (288.000), uzbekos (216.000), e belarusos (198.000).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |