República Socialista Soviética de Taxiquistán
![]() | Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
| |||
Lema: Пролетарҳои ҳамаи мамлакатҳо, як шавед!
("Traballadores do mundo, unídevos!") | |||
![]() | |||
Idioma | Taxiquistano e Ruso | ||
Capital | Dushanbe | ||
Presidente no momento da independencia | Rakhmon Nabiyev | ||
Tempo na URSS | Dende o 14 de outubro de 1924 até o 9 de setembro de 1991. | ||
Área Total | 143,100 km² | ||
Poboación (est. 1989) | 5,112,000 | ||
Independencia |
da Unión Soviética | ||
Moeda | Rublo | ||
Hora | UTC +5 | ||
Himno nacional | Himno da RSS de Taxiquistán. |
A República Socialista Soviética de Taxiquistán (en taxico: Ҷумҳурии Шӯравии Сотсиалистии Тоҷикистон, Çumhuriji Şūraviji Sotsialistiji Toçikiston; en ruso: Таджикская Советская Социалистическая Республика, Tadzhikskaia Sovetskaia Sotsialisticheskaia Respublika) foi unha das repúblicas constituíntes da Unión Soviética, que existiu entre 1929 e 1991 no Asia central.
Foi estabelecida o 5 de decembro de 1929 como entidade nacional para o pobo taxico dentro da U.R.S.S., sucedendo á República Socialista Soviética Autónoma Taxica que fora creada o 14 de outubro de 1924 como parte da República Socialista Soviética de Usbequistán no proceso de delimitación nacional no Asia central soviética. O 24 de agosto de 1990 a R.S.S. de Taxiquistán declarou a súa soberanía, e o 31 de agosto de 1991 foi renomeada como República de Taxiquistán e declarou a súa independencia da Unión Soviética.