Ufa
| Уфа (ru) Өфө (ba) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Rusia | |||
| República | Baxkortostán | |||
| Distrito urbano | Ufa Urban Okrug (en) | |||
| Capital de | ||||
| Contén a división administrativa | Dyomsky District (en) Kalininsky District (en) Kirovsky rayon (en) Leninsky District (en) Oktyabrsky District (en) Ordzhonikidzevsky District (en) Sovetsky District (en) | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 1.144.809 (2021) | |||
| Lingua oficial | lingua rusa Lingua baxkir | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 707,93 km² | |||
| Bañado por | Rio Belaya (pt) | |||
| Altitude | 150 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Creación | 1574 | |||
| Organización política | ||||
| • Xefe do goberno | Ratmir Mavliev (en) | |||
| Máxima autoridade xudicial | Constitutional Court of the Republic of Bashkortostan (en) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 450000–450999 | |||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 347 | |||
| Identificador OKTMO | 80701000001 | |||
| Identificador OKATO | 80401000000 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | ufacity.info | |||
Ufa ou Ufá (Уфа en ruso, Өфө en baxkir) é unha cidade de Rusia, capital da república de Baxkortostán, situada na beira dos ríos Ufa e Bélaia, que conta cunha poboación de 1,064.200 habitantes (2010). A maioría dos habitantes da cidade son de etnia rusa (36,1 %), tártara (28,3 %) e baxkir (17,1 %).
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundada como fortaleza en 1574 por Iván IV de Rusia "o terrible". No século XVIII converteuse nun salientable centro comercial e cultural da zona, e dende o ano 1781 tamén nun centro administrativo da rexión coñecida naquel entón como Oremburgo. O desenvolvemento industrial da cidade chegou co ferrocarril, que dende 1890 comunicou a cidade con boa parte do resto do imperio ruso. Durante a guerra civil rusa, Ufa foi temporalmente a capital do Goberno Provisional de Tódalas Rusias, un movemento antibolxevique. Uns anos despois, durante a segunda guerra mundial, a cidade tamén acolleu un tempo a capitalidade da República Socialista Soviética de Ucraína por mor da invasión dos nazis.
Industria
[editar | editar a fonte]O descubrimento de petróleo en Baxkortostán durante a primeira metade do século XX transformou a Ufa nun importante centro industrial. Na actualidade ten industrias eléctricas, mineiras, petroquímicas e de procesado de alimentos.
Deportes
[editar | editar a fonte]As principais entidades deportivas da cidade son:
- Salavat Yulaev Ufa (hockey sobre xeo) - Varias veces campión ruso, compite na Kontinental Hockey League.
- Football Club Ufa (fútbol) - Compite na segunda división rusa de fútbol.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |

