República Socialista Soviética de Donetsk-Krivoi Rog

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
República Socialista Soviética de Donetsk-Krivoi Rog

Донецко-Криворожская
советская республика


1918–1919

Bandeira

Himno: n/d
Capital Kharkov
desde o 9 de abril de 1918, Lugansk
Lingua ruso
ucraíno
Goberno República soviética
Presidente do Sovnarkom
 • 1918 Fiodor Sergeiev "Artióm"
Período histórico Primeira Guerra Mundial
 • Establecido 1918
 • Incorporación á RSS de Ucraína 20 de marzo de 1918
 • Disolución polo Comité Central do Partido Comunista de Rusia febreiro de 1919
 • Invasión alemá primavera-verán de 1918
 • Disolución 1919
Moeda rublo

A República Soviética de Donetsk, posteriormente chamada República Soviética de Donetsk-Krivoi Rog (en ruso: Донецко-Криворожская советская республика',[1] foi unha república xurdida nos turbulentos anos inmediatamente posteriores á Revolución de Outubro.

Proclamada o 11 de febreiro de 1918 foi nominalmente existente até o 17 de febreiro de 1919, cando foi oficialmente disolta.

Historia[editar | editar a fonte]

Esta república fundouse como reacción á constitución da República Popular de Ucraína, inspirada nun país baixo un criterio étnico, en contraposición co criterio marxista de unidade económica das rexións, cualificando o criterio nacional como "burgués" e "contrarrevolucionario".[2]

A república non foi recoñecida nin polo Comité Executivo Central de Todas as Rusias, nin por ningunha nación.

Proclamada en febreiro de 1918, foi incorporada en marzo de 1918 á República Socialista Soviética de Ucraína con certo grao de autonomía.

As tropas alemás, no marco da Primeira Guerra Mundial, avanzaron adentrándose na rexión proclamada pola república nun intento de establecer as fronteiras da Ucraína independente baixo protectorado alemán,[3] coa intención de crear unha serie de estados subordinados á costa da antiga Rusia Imperial.

Coa toma de Kharkov polas tropas alemás, trasladouse a capital a Lugansk. Tomada esta, prodúcese a desaparición territorial da república.

Aínda despois da retirada alemá da guerra, o Comité Executivo Central de Todas as Rusias creeu que non era conveniente a existencia dunha entidade soviética distinta á de Ucraína, disolvendo oficialmente a república a 17 de febreiro de 1919.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dmitri Kornilov (Корнилов Дмитрий Владимирович) (14/03/2005). "Мифы и быль о ДКР" (en ruso). Consultado o 19/03/2014. 
  2. Stavenhagen, Rodolfo (2000). Siglo XXI, ed. Conflictos étnicos y Estado nacional. ISBN 968-23-2270-7. Cita (traducida): Despois de consolidarse no poder, os bolxeviques derrogaron o dereito á secesión do seu programa e cualificarton aos partidarios dos estados independentes para os pobos non rusos de "nacionalistas burgueses", etiqueta que tiña connotaciónes negativas particulares.  Ligazón externa en |title= (Axuda)
  3. Dmitri Kornilov Мифы и быль о ДКР Tradución: Xustamente no día en que Kharkov proclamou a creación da República de Donetsk, en Brest, os representantes militares de Kiev, dunha por completo desmoralizada Rada Central, asinaron a paz cos alemáns, acordando que as Potencias Centrais se obrigaban a entrar no territorio da República Popular de Ucraína e facerse cargo da súa defensa. O dirixente da delegación alemá nas negociacións en Brest, o xeneral Hoffmann, convenceu aos nacionalistas ucraínos para que cortaran todos os lazos con Moscova e que declararan a República Popular de Ucraína como estado independente. Nestas condicións promúlgase a Cuarta Proclama Universal da Rada Central, e o exército alemán aproveitou a oportunidade de aparecer como "pacificador", ocupando Ucraína.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.