República Socialista Soviética Bielorrusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Беларуская Савецкая Сацыялістычная Рэспубліка
República Socialista Soviética Bielorrusa
1920–1991
Bandeira Escudo
Lema: Пралетарыі ўсіх краін, яднайцеся! Traballadores do mundo, unídevos!
Himno: Himno da República Socialista Soviética Bielorrusa

Situación dentro da Unión Soviética
Capital Minsk
Lingua Belaruso · Ruso
Linguas minoritarias:
Polaco · Ucraíno · Yiddish
Goberno Unitario Marxista-Leninista unipartidista Soviético-socialista
Primeiro Secretario
 • 1920–1923 (primeiro) Vilgelm Knorinsh
 • 1990–1991 (último) Anatoĺ Malafiejeŭ
Período histórico Século XX
 • Proclamación da república soviética 1920
 • Declaración da república 1 de xaneiro de 1919
 • Admisión na URSS 30 de decembro de 1922
 • Declaración de soberanía 27 de xullo de 1990
 • Declaración de independencia 25 de agosto de 1991
 • Recoñecemento internacional 1991
Superficie
 • 1989 207.600 km²
Poboación
 • 1989 est. 10.199.709 
     Densidade 49,1/km²
Moeda Rublo soviético (руб) (SUR)
Precedido por
Sucedido por
Flag of the Lithuanian-Byelorussian SSR.svg República Socialista Soviética Lituano-Bielorrusa
Flag of Poland (1927–1980).svg Segunda República Polaca
Flag of Germany (1935–1945).svg Reichskommissariat Ostland
Flag of Germany (1935–1945).svg Bezirk Bialystok
Flag of Germany (1935–1945).svg Reichskommissariat Ukraine
Reichskommissariat Ostland Flag of Germany (1935–1945).svg
Bezirk Bialystok Flag of Germany (1935–1945).svg
Reichskommissariat Ukraine Flag of Germany (1935–1945).svg
República Popular Polaca Flag of Poland (1927–1980).svg
Belarús Flag of Belarus (1918, 1991–1995).svg

A República Socialista Soviética Bielorrusa (Беларуская Савецкая Сацыялістычная Рэспубліка) foi un dos membros fundadores da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas en 1922, xunto á RSS de Ucraína, a RSSF Transcaucásica e a RSSF de Rusia. Tamén foi coñecida co nome de Rusia Branca.

A capital da República era Minsk. A República Socialista Soviética Bielorrusa foi creada o 1 de xaneiro de 1919.

Historia[editar | editar a fonte]

Parte do Imperio Ruso antes da primeira guerra mundial, Belarús declarou a súa independencia o 25 de marzo de 1918, formando a República Nacional de Belarús. A república tivo, de todas formas, unha curta vida, e o réxime foi derrocado trala retirada alemá. En 1919 Belarús converteuse na República Socialista Soviética Bielorrusa, e "ingresou" na República Socialista Soviética Lituano-Bielorrusa. Trala guerra polaco-soviética rematada en 1921, as terras de Bielorrusa foron divididas entre Polonia e a RSS Bielorrusa, que converteuse nun membro fundador da URSS en 1922. En setembro de 1939, a Unión Soviética anexionouse a Belarús polaca como resultado do Pacto de Molotov-Ribbentrop.

Trala segunda guerra mundial, a RSS Bielorrusa obtivo voz na Asemblea Xeral da ONU xunto á Unión Soviética e a RSS de Ucraína, converténdose nun dos membros fundadores da ONU.

Tralo Golpe de Estado de Agosto, o Soviet Supremo de Bielorrusa declarou a independencia da URSS o 25 de agosto de 1991. A república cambiou o nome polo de República de Bielorrusia o 19 de setembro de 1991. O 8 de decembro de 1991 foi asinante, xunto a Rusia e Ucraína, dos Acordos de Belavezha, que substituíron á URSS pola Comunidade de Estados Independentes (CEI).