República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "RSSF Transcaucásica")
Закавказская Сове́тская Федерати
вная Социалисти́ческая Респу́блика
Flag of Transcaucasian SFSR.svg Emblem of the Transcaucasian SFSR 1924.png
Lema: Պրոլետարներ բոլոր երկրների, միացե'ք! (Armenio)
Бүтүн өлкәләрин пролетарлары, бирләшин! (Acerbaixaní)

პროლეტარ ყველა ქვეყნისა, შეერთდით! (Xeorxiano)
("Traballadores do mundo, unídevos!")

SovietUnionTranscaucasia.png
Idioma Armenio, xeorxiano, acerbaixaní e ruso. O ruso favorecido pola lexislación.
Capital Tbilisi
Presidentes Nariman Narimanov (RSS de Acerbaixán)
Polikarp Mdivani (RSS de Xeorxia)
Aleksandr Fyodorovich Miasnikyan (RSS de Armenia)
Duración Dende o 30 de decembro de 1922 até o 5 de decembro de 1936.
Área Total 186,100 km²
Moeda Rublo
Hora UTC +4

A Repúbica Socialista Soviética Federativa Transcaucásica (Закавказская Сове́тская Федерати́вная Социалисти́ческая Респу́блика, ЗСФСР) foi unha curta república soviética (19221936), constituída por Xeorxia, Armenia, e Acerbaixán, que foron coñecidas tradicionalmente como as Repúblicas Transcaucásicas na Unión Soviética. A capital da república foi Tbilisi.

As raíces da república veñen da disolución do Imperio Ruso en 1917, durante a revolución rusa, cando as provincias do Cáucaso se separaron e tentaron formar o seu propio estado federal chamado a Federación Transcaucásica. Os diferentes intereses nacionais e a guerra con Turquía levaron á disolución da república medio ano despois, en abril de 1918.

Nos seguintes anos, os tres territorios atravesaron guerras civís con moita intervención do Exército Vermello, e convertéronse en Repúblicas Soviéticas. En decembro de 1922, todo o territorio foi reunificado nunha soa república. En 1936, a república foi disolta e os tres países convertéronse na RSS de Xeorxia, a RSS de Armenia e a RSS de Acerbaixán.

Xefes de estado[editar | editar a fonte]

Presidentes do Consello da Unión Data Partido
Niraman Narimanov Marzo - Decembro 1922 Partido Comunista de Acerbaixán
Polikarp Mdivani Marzo - Decembro 1922 Partido Comunista de Xeorxia
Aleksandr Miasnikian Marzo - Decembro 1922 Partido Comunista de Armenia
Presidentes do Comité Executivo Central Período Por
Mikhail Tskhakaja (1x) 1922-1927 Xeorxia
Samed Aga Alijev 1922-1929 Acerbaixán
Sarkis Ambartsumjan 1922-1925 Armenia
Sarkis Kasyan 1927-1931 Armenia
Filipp Macharadze (1x) 1927-1928 Xeorxia
Mikhail Tskhakaja (2x) 1928-1931 Xeorxia
Gazanfar Musabekov 1929-1931 Acerbaixán
Filipp Macharadze (2x) 1931-1935 Xeorxia
Armenek Ananjan 1931-1935 Armenia
Sultan Medzhid Efendijev 1931-1936 Acerbaixán
Sergo Martikijan 1935-1936 Armenia
Aveli Enukidze Marzo-Maio 1935 Xeorxia
Filipp Macharadze (3x) 1935-1936 Xeorxia