Distrito de Mayen-Coblenza
Aparencia
Coord.: 50°20′N 7°20′L / 50.33, 7.33
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Alemaña | ||||
| Estado federado | Renania-Palatinado | ||||
| Capital | Koblenz | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 210.035 (2014) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 817,73 km² | ||||
| Altitude | 223 m | ||||
| Comparte fronteira con | Koblenz Vulkaneifel (pt) Distrito de Ahrweiler Neuwied (pt) Cochem-Zell (pt) Rhein-Hunsrück-Kreis Rhein-Lahn (pt) Westerwaldkreis (pt) | ||||
| Creación | 1970 | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Alexander Saftig (pt) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Código NUTS | DEB17 | ||||
| Sitio web | mayen-koblenz.de | ||||
O distrito de Mayen-Coblenza[1] ou Mayen-Koblenz é un dos vinte e catro distritos do estado alemán de Renania-Palatinado.
Situación
[editar | editar a fonte]Está situado no oeste de Alemaña, próximo ás fronteiras do Benelux e Francia, na zona norte/nordés do estado de Renania-Palatinado, á beira dos ríos Mosela e Rin.
Superficie e densidade de poboación
[editar | editar a fonte]Ten unha poboación a finais de 2016 de 212.968 habitantes, unha densidade de poboación de 260 hab/km² unha superficie de 817 km². Mayen-Koblenz é o distrito máis poboado de Renania-Palatinado.
Cidades
[editar | editar a fonte]A súa capital e sede da administración do distrito é a cidade de Koblenz (Coblenza)[2], porén, como cidade libre de distrito non pertence ao distrito. A cidade máis poboada do distrito é Andernach con 30.132 habitantes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Entrada de "Castor", na Guía de Nomes Galegos. Referencia para Coblenza: "San Castor de Karden evanxelizou a rexión alemá do río Mosela no século IV; é patrón da cidade de Coblenza"
- ↑ citypopulation.de Estadísticas do distrito.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Distrito de Mayen-Coblenza |
