Bohemia Central
| Středočeský kraj (cs) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| País | República Checa | ||||
| Capital | Praga | ||||
| Contén a división administrativa | Benešov (distrito) (pt) Kladno (pt) Kolín (pt) Kutná Hora (pt) Mladá Boleslav (pt) Mělník (pt) Nymburk (pt) Prague-East District (en) Prague-West District (en) Příbram (pt) Rakovník (pt) distrito de Beroun | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.455.940 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Central Bohemia cohesion region (en) | ||||
| Superficie | 10.928,44 km² | ||||
| Altitude | 342 m | ||||
| Punto máis alto | Tok (en) | ||||
| Punto máis baixo | valor descoñecido (153 m) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 12 de novembro de 2000 | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Petra Pecková (en) | ||||
| PIB nominal | 552.500.000.000 (2016) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | CZ-20 e CZ-ST | ||||
| Código NUTS | CZ020 | ||||
| Sitio web | stredoceskykraj.cz | ||||
Bohemia Central ou Středočeský kraj en checo é unha rexión (kraj) da República Checa. A súa capital é a cidade de Praga, tamén capital do país e situada no centro da rexión (porén a cidade non forma parte da rexión, senón que ten a súa propia).
Xeografía
[editar | editar a fonte]A súa superficie ocupa o 14% do territorio da República Checa e está situada na parte central da rexión histórica de Bohemia. Rodea totalmente a rexión de Praga e está situada entre as rexións de Liberec (ao norte), Karlovy Vary (ao oeste), Pardubice (ao leste), Vysočina (ao sueste), Bohemia Meridional (ao sur), Plzeň (ao suroeste) e Ústí nad Labem (ao noroeste).
Demografía
[editar | editar a fonte]O 31 de decembro do 2001, a poboación de Bohemia Central era de 1 123 931 habitantes. O distrito de Kladno é o máis poboado, con 150.000 habitantes seguido de Mladá Boleslav e Příbram con 100.000 habitantes.
A densidade de poboación da rexión vai crecendo a medida que se achega a Praga.
Distritos
[editar | editar a fonte]A rexión de Bohemia Central está dividida en 12 distritos:
|
Economía
[editar | editar a fonte]A situación xeográfica da rexión inflúe fortemente na súa economía. Benefíciase das redes de estradas e ferrocarrís que converxen cara a capital.
No entanto, a ausencia dunha capital propia (xa que a súa capital é Praga, que ten a súa propia rexión), así como a atracción que exerce Praga, que absorbe empregos e recursos, supón un freo ao desenvolvemento da rexión.
Esta rexión é para Praga unha fonte de man de obra, un territorio onde implantar industrias non-gratas na capital, unha reserva para o abastecemento de alimentos e un lugar de recreo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 18 de xuño de 2019 en Wayback Machine.(en inglés)
