Saltar ao contido

Rafaela Aparicio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRafaela Aparicio

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de abril de 1906 Editar o valor en Wikidata
Marbella Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xuño de 1996 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehemorraxia cerebral Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de San Justo de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1935 Editar o valor en Wikidata - 1996 Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0031958 Allocine: 7861
Enciclopedia Galega Universal: 113936 BNE: XX867904 Find a Grave: 6945997 Editar o valor en Wikidata

Rafaela Díaz Valiente, nada en Marbella (Málaga) o 9 de abril de 1906 e finada en Madrid o 9 de xuño de 1996, foi unha actriz teatral, televisiva e cinematográfica española, coñecida artisticamente como Rafaela Aparicio.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aparicio naceu en 1906, filla de José Díaz Aparicio (natural de La Carolina) e de Balbina Valiente Andrés (natural de Ulea, Murcia). Diplomada en maxisterio, exerceu como mestra só dous anos. Debutou no teatro aos 23 anos en Córdoba coa obra El conflicto de Mercedes, dos irmáns Álvarez Quintero, xunto con Luis Benito Arroyo, amigo do seu pai, empresario taurino e teatral. Viaxou a Madrid buscando oportunidades, iniciando unha carreira teatral que xa non abandonou. Uniuse en 1933 ao actor Erasmo Pascual, co que contraeu matrimonio en 1936 e co que tivo un fillo, Erasmo.

A súa filmografía inclúe máis de cen filmes, a maioría comedias e moitas veces xunto a Florinda Chico. Destacan El último cuplé de Juan de Orduña, La vida por delante, La vida alrededor, El extraño viaje e El mar y el tiempo, de Fernando Fernán Gómez; Ana y los lobos e Mamá cumple cien años, de Carlos Saura; El sur, de Víctor Erice; El año de las luces, de Fernando Trueba e ¡Oh, cielos!, de Ricardo Franco.

En 1996 faleceu nunha residencia de anciáns de La Piovera (Madrid) aos 90 anos de idade a causa dun derramo cerebral.[1] Foi enterrada no Panteón de Escritores e Artistas Españois do Cemiterio de San Xusto de Madrid.

Premios Goya

AnoCategoríaFilmeResultado
1987Goya de HonraGañadora
1989Mellor interpretación feminina protagonistaEl mar y el tiempoGañadora

Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos[2]

AnoCategoríaFilmeResultado
1980Mellor actrizMamá cumple cien añosGañadora
1974Mellor actriz secundariaAna y los lobosGañadora

Fotogramas de Plata

AnoCategoríaFilme/MontaxeResultado
1986Toda unha vidaGañadora
1989Mellor actriz de cinemaEl aire de un crimen
El mar y el tiempo
Candidata
1990Mellor intérprete de teatroMala yerbaCandidata

Outros

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. El Mundo (10 de xuño de 1996) El cine español pierde a su rostro más popular.
  2. "Premios del Círculo de Escritores Cinematográficos". El País. 2 de febreiro de 1980. Consultado o 23 de xaneiro de 2016.