El pico 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El pico 2
Ficha técnica
Título orixinalEl pico 2
DirectorEloy de la Iglesia
ProdutorJosé Antonio Pérez Giner
GuiónGonzalo Goicoechea
Eloy de la Iglesia
Fermín Cabal
IntérpretesJosé Luis Manzano
Fernando Guillén
Andrea Albani
Jaume Valls
José Luis Fernández "Pirri"
Valentín Paredes
Gracita Morales
Fermín Cabal
Tony Valento
Ramón Reparaz
Alfred Lucchetti
Guillermo Montesinos
Pedro Nieva Parola
José María Escuer
Agustín González
Rafaela Aparicio
MúsicaJoaquín Carmona
FotografíaJavier Aguirresarobe
Estrea1984 (ES)
Duración120 minutos
OrixeEspaña España
XéneroDrama, cinema quinqui
Na rede
IMDB: tt0087913 Filmaffinity: 514463 Editar o valor em Wikidata

El pico 2 é unha película dramática española dirixida por Eloy de la Iglesia. É a continuación dos feitos narrados en "El pico", ocupándose da vida de Paco trala morte do seu amigo Urko por sobredose de heroína.

O filme, que se encadra dentro do xénero coñecido como "cine quinqui", describe o mundo marxinal español dos anos 80. Pese ás críticas recibidas en canto a estilo e elegancia, o filme destaca polo seu cru realismo e a súa implícita crítica social.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Paco é o fillo dun comandante da Gardia Civil que se ve envolto no asasinato dunha parella de traficantes de heroína en Bilbao. Os esforzos do seu pai por apartalo da droga e ocultar as probas do crime vénse minguados cando a prensa faise eco da noticia. O xove é detido, procesado e encarcerado no cárcere de Carabanchel en Madrid, onde experimentará en carne propia os rigores do sistema penitenciario, e volverá caer na droga.

Cando recobra a liberdade, grazas ás manobras e influencias do seu pai, Paco vese incapaz de reinsertarse e preferirá asociarse con "El Lendakari", un compañeiro que coñeceu en prisión, e adicarse á delincuencia. Pero a Garda Civil segue de cerca os pasos do "Lenda" e o desenlace é inminente. O comandante Torrecuadrada pedirá aos seus superiores deter persoalmente ao seu fillo.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]