Luis Lucia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luis Lucia
Nacemento1888 e 17 de outubro de 1888
Lugar de nacementoles Coves de Vinromà
Falecemento1943 e 5 de xaneiro de 1943
Lugar de falecementoValencia
SoterradoCementeri General de València
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valencia
Ocupaciónpolítico, xornalista, avogado e ministro
FillosLuis Lucia Mingarro
Na rede
Find a Grave: 40847432 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Luis Lucia Lucia, nado en Les Coves de Vinromà (provincia de Castelló) o 17 de outubro de 1888 e finado en Valencia o 6 de xaneiro de 1943, foi un político e xornalista valenciano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dunha familia de orixe aragonesa estudou dereito na Universidade de Valencia, onde tamén foi o xefe das xuventudes carlistas. Dirixiu o semanario El Guerrillero, e en 1911 formou parte da primeira redacción do Diario de Valencia, órgano oficial da Comunión Tradicionalista no País Valenciano. Cando en 1919 se produciu a escisión de Vázquez de Mella, Lucia aproximouse aos movementos políticos próximos á democracia cristiá e en 1930, ao caer a ditadura de Miguel Primo de Rivera, foi un dos fundadores da Derecha Regional Valenciana, converténdose no seu principal líder e ideólogo, deputado a Cortes por Valencia nas eleccións de 1933 e 1936, con José María Gil-Robles foi un dos dirixentes da CEDA de ministro de Comunicacións nos gobernos presididos por Alejandro Lerroux e Joaquín Chapaprieta en 1935. Mantívose fiel á Segunda República Española durante a Guerra Civil española, aínda así permaneceu agochado no Maestrazgo ata que foi capturado por anarquistas en febreiro de 1937, permaneceu en prisións de Valencia e Barcelona ata que conseguiu escapar o 25 de xaneiro de 1939, novamente arrestado polos franquistas o 12 de febreiro, condenado a morte, sentenza conmutada por trinta anos de cadea por presións do arcebispo de Valencia e finalmente deportado ás Illas Baleares. Perdoado en 1943 morreu pouco despois de ser liberado.