Raúl Arévalo
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Raúl Arévalo | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Raúl Arévalo Zorzo |
Nacemento | 22 de novembro de 1979 |
Lugar | Móstoles |
Nacionalidade | España |
Profesión | actor, director de cinema e actor de televisión |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Raúl Arévalo Zorzo, nado en Móstoles, Madrid o 22 de novembro de 1979 é un actor e director español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a súa carreira como actor na serie Compañeros, onde interpretou o papel de Carlos durante dúas temporadas entre 2001 e 2002. A oportunidade chegoulle cando aínda non rematara os seus estudos na escola de Cristina Rota.
O seu primeiro filme foi Los abajo firmantes de Joaquín Oristrell, xunto a Javier Cámara, Fernando Guillén e María e Juan Diego Botto entre outros.
O 2 de setembro de 2016, presentou o seu primeiro filme como director, Tarde para la ira, protagonizado por Antonio de la Torre, na Mostra de Venecia.[1] O filme gañou o Goya á mellor película e Arévalo levou o Goya ó mellor director novel do 2016.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Actor[editar | editar a fonte]
Director[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Arévalo, Raúl (9 de setembro de 2016). "The Fury of a Patient Man". Consultado o 18 de outubro de 2016.