Álex de la Iglesia
Álex de la Iglesia | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Álex de la Iglesia Mendoza |
Nacemento | 4 de decembro de 1965 |
Lugar de nacemento | Bilbao |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Deusto |
Ocupación | director de cinema, produtor de cinema, guionista, escritor, roteirista de cinema e realizador |
Cónxuxe | Carolina Bang |
Premios | silver Medal of the Community of Madrid, Premio Goya á mellor dirección, Leão de Prata, Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes e Premio Máquina do Tempo |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alejandro de la Iglesia, máis coñecido como Álex de la Iglesia, nado en Bilbao, o 4 de decembro de 1965, é un realizador, produtor e guionista de cinema español, licenciado en filosofía pola Universidade de Deusto, ex-debuxante de banda deseñada.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O seu primeiro traballo no mundo cinematográfico foi como director artístico no filme Todo por la pasta, de Enrique Urbizu, traballo que repetiu na curtametraxe "Mamá" de Pablo Berguer. A súa primeira curtametraxe, Mirindas asesinas (1991), conseguiu chama-la atención do cineasta Pedro Almodóvar, e da súa produtora El Deseo Films, produciu a primeira longametraxe de Álex, Acción Mutante (1993). Seguiulle o filme que o consagraría como un dos directores máis importantes do panorama do cinema español: El día de la Bestia (1995). Esta longametraxe, considerada como un filme de culto por moitos adolescentes, conseguiu seis premios Goya, entre os que destaca o premio á Mellor Dirección. Este filme tamén encumbrou a Santiago Segura, un dos actores máis famosos do cinema español.
Máis tarde dirixiu sketches para televisión (El peor programa de la semana de O Gran Wyoming para Televisión Española e Inocente, Inocente, para as televisións autonómicas) e máis longametraxes: Perdita Durango (1997), Muertos de risa (1999), La comunidad (2000), 800 balas (2002), Crimen ferpecto (2004), The Oxford Murders (2007), Balada triste de trompeta (2010) e en 2011 estrenou La chispa de la vida, con Salma Hayek e José Mota como protagonistas.
Escribiu tamén a novela Payasos en la lavadora (1997)[1] e publicou varios artigos en prensa.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Longametraxes[editar | editar a fonte]
- Acción mutante (1993)
- El día de la Bestia (1995)
- Perdita Durango (1997)
- Muertos de risa (1999)
- La comunidad (2000)
- 800 balas (2002)
- Crimen ferpecto (2004)
- The Incredibles (Voz) (2004)
- La habitación del niño (2006)
- The Oxford Murders (2007)
- Balada triste de trompeta (2010)
- La chispa de la vida (2011)
- Las brujas de Zugarramurdi (2013)
- Messi (2014)
- Mi gran noche (2015)
- El bar (2017)
- Perfectos desconocidos (2017)
Curtametraxes[editar | editar a fonte]
- Mirindas asesinas (1991) [2]
- ¡Enigma en el bosquecillo! (2000)
- El código (2006)
- Hitler está vivo (2006)
- La tragedia de Franco (2009)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Payasos en la Lavadora". casadellibro.com.
- ↑ Mirindas Asesinas, primeira curtametraxe de Álex de la Iglesia en Vimeo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Álex de la Iglesia ![]() |