Cristina Rota
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) María Cristina Rota Fernández 30 de xaneiro de 1945 La Plata |
| Residencia | Madrid |
| Cor dos ollos | Castaño |
| Cor do pelo | Louro |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz, pintora, realizadora, guionista, profesora de teatro, directora de cinema, escritora |
| Pseudónimo literario | Cristina Rot |
| Familia | |
| Cónxuxe | Diego Botto |
| Fillos | María Botto, Juan Diego Botto, Nur Levi |
Cristina Rota, nada en La Plata en 1945, é unha actriz, produtora e profesora de arte dramática arxentina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ten ascendencia española, o seu avó era navarro e a súa avoa canaria. Chegou a España en 1978, tras a desaparición do seu marido Diego Fernando o 21 de marzo de 1976 [1], durante a campaña de terror da última ditadura cívico-militar arxentina, pasando a engrosar a lista dos 30.000 desaparecidos.
É nai de Nur Al Levi e de Juan Diego e María Botto, fillos do tamén actor Diego Botto. Foi profesora no seu centro de actores como Malena e Ernesto Alterio, Guillermo Toledo, Alberto San Juan, Nathalie Poza, Andrés Lima, Luis Bermejo, Penélope Cruz, Fernando Tejero ou Roberto Álamo.[2]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Colores, 2003.
- Party Line, 1994.
- En penumbra, 1987.
- Virtudes Bastián, 1986.
- La reina del mate, 1985.
Como produtora
[editar | editar a fonte]- Los abajo firmantes, 2003.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sánchez-Mellado, Luz (2026-05-03). "Cristina Rota: “No han logrado borrarme ni la memoria ni la sonrisa”". El País (en castelán). Consultado o 2026-05-03.
- ↑ García, Rocío (2022-06-22). "Cristina Rota, la directora y maestra que ha criado a varias generaciones de actores españoles". El País (en castelán). Consultado o 2026-05-03.