AzulOscuroCasiNegro
| AzulOscuroCasiNegro | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||
AzulOscuroCasiNegro é un filme dirixido e escrito por Daniel Sánchez Arévalo. Estreouse no 2006 no Festival de Málaga.
Argumento
[editar | editar a fonte]Jorge (Quim Gutiérrez) é un mozo que traballa como porteiro dun edificio para soster o seu pai, Andrés (Héctor Colomé), quen ficou inválido tras sufrir un infarto cerebral sete anos atrás. Jorge aspira a poder traballar nun posto acorde aos seus estudos (é licenciado en Ciencias Empresariais). Mentres, seu irmán Antonio (Antonio de la Torre), no cárcere, pídelle que deixe embarazada unha reclusa chamada Paula (Marta Etura), que quere ser trasladada ao módulo de maternidade e librarse así das agresións que sofre a diario.
Mentres tanto, o mellor amigo de Jorge, Sean (Raúl Arévalo), descobre a homosexualidade do seu pai e asume a súa propia.
Galardóns
[editar | editar a fonte]- Festival de Málaga: Premio da Crítica, Mellor Guión.
| Categoría | Persoa | Resultado |
|---|---|---|
| Mellor actriz | Marta Etura | Candidata |
| Mellor actor secundario | Antonio de la Torre | Gañador |
| Mellor actor revelación | Quim Gutiérrez | Gañador |
| Mellor guión orixinal | Daniel Sánchez Arévalo | Candidato |
| Mellor director novel | Daniel Sánchez Arévalo | Gañador |
| Mellor canción orixinal | Alba Gárate | Candidato |