Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Con el culo al aire
Título
Con el culo al aire (es)
Xénero artístico
Lingua
Lingua orixinal
Guionista
Compañía produtora
Emisora orixinal
Data de comezo
1 de febreiro de 2012
Data de remate
16 de xullo de 2014
Número de episodios
42
Número de tempadas
3
Wikidata
Con el culo al aire foi unha serie de televisión cómica española , producida por Notro Films para a cadea privada Antena 3 . Estreada o 1 de febreiro de 2012 , finalizou despois de tres tempadas o 16 de xullo de 2014 .[ 1]
Tino (Paco Tous ) é o líder e alma do cámping. Un churreiro que vai coa súa furgoneta de feira en feira e que sempre viviu no cámping. Alardea de levar un tipo de vida alternativo, á marxe da legalidade. Nin sequera ten carné de conducir. O seu problema é que se namora de Alicia (Natalia Roig ). Esa relación sentimental poñerao no brete de pasar por convencións sociais que odia.
Jorge (Raúl Arévalo ) imaxinábase á súa idade casado pola igrexa, con fillos e cun chalé nos arredores. A súa realidade é que o botaron da empresa por roubar para intentar seguir o alto ritmo de vida da súa noiva, que o acabou abandonando. Vaise vivir ao cámping con Ángel (Raúl Fernández ), un amigo de toda a vida. Un home irónico, cínico e moi atractivo, pai dun fillo, que foi a parar alí por un mal divorcio, que lle deixou na rúa.
Paco Tous é Faustino "Tino" Colmenarejo, o churreiro. (T1-T3)
María León é Sandra Rojo, a doutora. (T1-T3)
Toni Acosta é Sonsoles Abajo de la Vega, a marquesa. (T1-T3)
Iñaki Miramón é José Luis Ercilurrutigastañazagogeascoa, o marqués. (T1-T3)
Raúl Arévalo é Jorge Ruiz Martínez, o triste. (T1-T3)
Raúl Fernández é Ángel García, o centollo. (T1-T3)
Goizalde Núñez é Dolores "Lola" Soriano, a borracha. (T1-T3)
Natalia Roig é Alicia Fernández, a "peluqui". (T1-T3)
Vicente Romero é José María "Chema" Gil Pérez, o dono do cámping. (T1-T3)
Víctor Palmero é Daniel "Dani" Prieto Soriano, o namorado. (T1-T3)
Carmen Ruiz é Elisa "Eli" Gil Pérez, a macarra. (T1-T3)
Henar Jiménez é Dulce, a "porculera". (T1-T3)
Adam Jezierski é Javier "Javi" Colmenarejo Díaz, o primoxénito. (T1-T3)
Erick Costoso e Dennys Costoso interpretan a Nicolás "Nico" Colmenarejo, o fillo de Tino. (T1-T3)
Alma Ying é Yuki Colmenarejo, a filla de Tino. (T1-T3)
Janfri Topera é Paulino Rojo, o pai de Sandra, o atapuerca. (T2-T3)
Llum Barrera é María Jesús "Chus" Soriano, a Massiel. (T3)
Julián López é Rubén. (T3)
Ana Morgade é Begoña, a psicóloga. (T3)
Almudena Puyo é Rebeca "La Rebe". (T3)
Iñigo Navares é Manuel "Manu" García, o fillo de Ángel e Begoña. (T3)
Lucía Fernández é Laura, unha das fillas de Sandra. (T1-T3)
Natalia Carracedo é Esther, unha das fillas de Sandra. (T1-T3)
Fernando Valdaracete é Raúl. (T3)
Pepa Aniorte é Mónica. (T3)
Selica Torcal é Juana, a "cotilla".
Teresa Lozano é Juana, a "cotilla". (T1, Caps. 9-13)
Jesse Johnson é Bobby, o "guiri".
Cesáreo Estébanez é Serafín, o taxista. (T1)
Hiba Abouk é Candela Prieto Soriano, a "buenorra", a filla da borracha. (T1-T2-T3, cap 1)
Ana Wagener é Rosario "Charo" Lazcano Mora, a profesora. (T2)
Javier Antón é Roberto, o opositor. (T2)
Tempada
Episodios
Estrea
Final
Audiencia media
Espectadores Cota
1
13
1 de febreiro de 2012
16 de maio de 2012
3 211 000
17,3%[ 2]
2
13
17 de abril de 2013
10 de xullo de 2013
3 035 000
17,0%[ 3]
3
16
12 de marzo de 2014
16 de xullo de 2014
2 417 000
13,5%
Total
42
2012
2014
2 888 000
15,9%
Ano Categoría Premiado Resultado
2013 Mellor interpretación masculina Vicente Romero Nomeado
Ano Categoría Premiado Resultado
2012 Mellor actor de repartimento español Raúl Arévalo Nomeado
2013 Mellor actor de repartimento español Raúl Arévalo Nomeado