Gordos
| Gordos | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||
Gordos é un filme español de 2009 dirixido por Daniel Sánchez Arévalo e protagonizado por Antonio de la Torre. Conta cinco historias que xiran arredor da obesidade, cunha contorna común: un grupo de terapia, un sitio onde os protagonistas non van adelgazar, senón a atopar os motivos polos cales teñen sobrepeso, a pescudar as causas polas cales están a contragusto co seu corpo. Foi un dos tres filmes candidatos a representar España nos Premios Óscar de 2009.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Comedia dramática sobre os excesos e as carencias da vida. Os complexos, as fobias, as obsesións, os traumas, os erros, os medos, a culpa, os desexos, as ilusións, os retos, os compromisos, as metas, as relacións, o amor, o sexo, a saúde, a familia... A supervivencia, no máis amplo sentido da palabra. Gordos é unha historia coral que xira arredor dunha terapia de grupo, de xente con problemas relacionados coa obesidade.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Antonio de la Torre como Enrique
- Roberto Enríquez como Abel
- Verónica Sánchez como Paula
- Raúl Arévalo como Álex
- Leticia Herrero como Sofía
- Fernando Albizu como Andrés
- María Morales como Leonor
- Pilar Castro como Pilar
- Adam Jezierski como Luis
- Marta Martín como Nuria
- Teté Delgado como Beatriz
- Roberto Álamo como Párroco
- Seidina Mboup como Cheick
- Miguel Ortiz como Jesús
- José David Pérez como Samuel
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]| Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
|---|---|---|---|
| 8ª edición | Mellor filme | Daniel Sánchez Arévalo | Nomeado |
| Mellor director | Daniel Sánchez Arévalo | Nomeado | |
| Mellor actriz secundaria | Teté Delgado | Nomeada | |
| Mellor dirección artística | Curru Garabal | Gañador |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""Mapa dels sons de Tòquio", "El baile de la victòria" i "Gordos" opten als Oscars". Diari de Girona (en catalán). 16 de setembro de 2009. Consultado o 14 de febreiro de 2020.