Qufu
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | República Popular da China | ||||
Provincias da República Popular da China | Shandong | ||||
Prefectura con nível | Jining (pt) ![]() ![]() | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Fangshan Town (en) ![]() Lingcheng Town (en) ![]() Lucheng Subdistrict, Qufu (en) ![]() Nishan Town (en) ![]() Q10919568 ![]() Shimenshan Town (en) ![]() Shizhuang Subdistrict (en) ![]() Shuyuan Subdistrict (en) ![]() Wangzhuang Town (en) ![]() Xiaoxue Subdistrict (en) ![]() Xizou Town (en) ![]() Yaocun (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 640.498 (2010) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 814,75 km² ![]() | ||||
Altitude | 65 m ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 273100 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | qufu.gov.cn ![]() | ||||
![]() |
Qufu (chinés tradicional e simplificado: 曲阜; pinyin: Qūfù; Wade-Giles: Ch'ü-fu) é unha cidade do suroeste da provincia de Shandong, preto da costa oriental da República Popular da China. Está situada a uns 130 km ao sur da capital provincial Jinan. Desde a década de 2000 está irmandada con Santiago de Compostela.[1]
Historia e patrimonio
[editar | editar a fonte]Qufu é famosa por ser o lugar de nacemento do filósofo Confucio (551 a. C. - 479 a. C.) quen, tradicionalmente, crese que naceu no monte Ni próximo.[2] Foi a capital do Estado de Lu durante o Período de primaveras e outonos. Até 1937, os membros da familia Kong, descendentes directos de Confucio e do seu neto Zisi, viviron na cidade.[3] A cidade contén numerosos pazos, templos e cemiterios históricos.[4] Os máis famosos sitios culturais da cidade, coñecidos como San Kong ('os Tres [sitios]'), inclúen o Templo de Confucio, o Cemiterio de Confucio e a Mansión da Familia Kong; Os tres sitios son Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende 1994.[5]
Xeografía e demografía
[editar | editar a fonte]Ten unha poboación urbana duns 60.000 habitantes (2004) e toda a comarca administrativa conta cuns 650.000 habitantes. Abrangue unha superficie de 815 quilómetros cadrados e ten unha poboación de 653.000 habitantes, con 188.000 que viven en zonas urbanas. Qufu é famoso como o lugar de nacemento de Confucio.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O nome da cidade "Qufu" significa "outeiro torto" en chinés, e refírese a un outeiro dunha milla de longo que formou parte da cidade durante a súa época como capital do estado de Lu.[6]
Relixión
[editar | editar a fonte]Qufu é un lugar importante no confucianismo xa que é o lugar de nacemento do filósofo Confucio. A cidade ten o Templo de Confucio máis importante, o Mausoleo de Confucio e a Mansión da Familia Kong. Ademais, ten unha sucursal da Santa Igrexa de Confucio e é a sede da Federación da Cultura Confuciana.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "22/6/2006. QuFu e Santiago de Compostela preparan un acordo de irmanamento.". www.santiagodecompostela.gal. Consultado o 2024-10-21.[Ligazón morta]
- ↑ "曲阜庙城与中国儒学 = Qufu miaocheng yu Zhongguo ruxue". search.worldcat.org (en inglés). Consultado o 2024-10-21.
- ↑ orientalarchitecture.com. "Asian Historical Architecture: A Photographic Survey". Asian Architecture (en inglés). Consultado o 2024-10-21.
- ↑ "Qufu". Britannica.
- ↑ "Great-Temple-of-Confucius". Britannica.
- ↑ Tai, Yin (2009-12-10). "Reforming Vagrants in Shanghai (1949–1958) , by Ruan Qinghua: Shanghai, Shanghai Lexicographical Publishing House, 2009, 320 pp., ISBN 978-7-5326-2692-2". Journal of Modern Chinese History (en inglés) 3 (2): 238–240. ISSN 1753-5654. doi:10.1080/17535650903345445.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: China |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |