Pío Gullón Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPío Gullón Iglesias

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Pío Gullón e Iglesias Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1835 Editar o valor em Wikidata
Astorga, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de decembro de 1917 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Ministro de Estado de España
6 de xullo de 1906 – 30 de novembro de 1906
← Juan Pérez Caballero y Ferrer (pt) TraducirJuan Pérez Caballero y Ferrer (pt) Traducir →
Ministro de Estado de España
31 de outubro de 1905 – 1 de decembro de 1905
← Felipe Sánchez-Román GallifaJuan Manuel Sánchez y Gutiérrez de Castro (pt) Traducir →
Lista de gobernadores do Banco de España
abril de 1901 – febreiro de 1902
← Juan de la Concha CastañedaAndrés Mellado Fernández →
Ministro de Estado de España
4 de outubro de 1897 – 18 de maio de 1898
← Carlos O'Donnell y Álvarez de AbreuJosé Gutiérrez de Agüera (pt) Traducir →
Lista de gobernadores do Banco de España
abril de 1892 – decembro de 1895
← Santos de IsasaSantos de Isasa →
Ministro de Gobernación
9 de xaneiro de 1883 – 2 de outubro de 1883
← Venancio González y Fernández (en) TraducirSegismundo Moret →
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático , político , xornalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Fusionista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesManuel Gullón García-Prieto (en) Traducir (sobriño) Editar o valor em Wikidata
Premios

Pío Gullón Iglesias, nado en Astorga en 1835 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1917, foi un avogado, xornalista e político español, ministro de Gobernación durante o reinado de Afonso XII e ministro de Estado durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena e durante o reinado de Afonso XIII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en 1835 na localidade leonesa de Astorga, con 12 anos seus pais enviárono a París, onde estivo a se educar até a idade de 15 anos co seu tío Bernardo Iglesias, posteriormente director de La Iberia, que por entón se achaba emigrado debido ás súas ideas liberais.

Etapa periodística[editar | editar a fonte]

Antes de cumprir os 20 anos, trasládase a Madrid, onde se dedicou de cheo ao xornalismo. As súas primeiras manifestacións literarias foron no xornal La Nación e dende 1857-58 escribiu as primeiras colaboracións de tipo periodístico no xornal Las Novedades[1] e por aquel entón tamén redactou un folleto chamado La Fusión Ibérica. Ao rematar aquela publicación, e tras vivir ausente de Madrid durante algún tempo, Gullón deu varios traballos literarios que apareceron en xornais semanais. Merecedores de recordo son os artigos titulados "De la ignorancia en España" nos que se criticaban o popular como próximo á ignorancia.[2] Ademais, foi redactor-xefe de El Día e escribiu e dirixiu El Siglo Industrial, La Unión Mercantil, e outros xornais.[1] Tamén fundou La Revista Española.

En 1865 foi correspondente de Journal de Geneve.

Etapa política[editar | editar a fonte]

Ao producirse a Revolución de 1868, foi levado por Madoz e Sagasta á Secretaría de Goberno Civil de Madrid. Despois pasou ao Ministerio de Gobernación en calidade de Oficial de Secretaría. Ao encargarse Nicolás María Rivero de Gobernación, Gullón foi nomeado Xefe da Sección de Administración.

Cando se formou o Partido Constitucional, Gullón foi elixido deputado por Toledo. Ademais do Manifesto do 18 de outubro, que establece a separación entre radicais e constitucionais, redactou moitos outros documentos de Sagasta e foi por longo tempo Secretario do Comité Directivo dos constitucionais.

Ao ascender Francisco de Paula Candau ao Ministerio de Gobernación, Gullón rexeitou a subsecretaría, pero admitiu o cargo de Subsecretario de Estado xunto a De Blas. Ao pasar Sagasta ao Ministerio de Gobernación, Gullón puido cooperar como subsecretario situándose a un alto nivel. Tomou asento no Congresos dos Deputados en 1871 e 1872 (ambos por Toledo), 1881, 1884 e 1886 (representando a León),[3] aínda que renunciaría ao de 1886 ao ser nomeado senador vitalicio en 1888.[4]

Foi ministro de Gobernación entre o 9 de xaneiro e o 13 de outubro de 1883, nun goberno presidido por Sagasta, político co que ocuparía, entre o 4 de outubro de 1897 e o 18 de maio de 1898, a carteira de ministro de Estado e na que tivo que lidar coa guerra hispano-estadounidense por Cuba, a cal pretendeu evitar por medios diplomáticos sen conseguilo.[5] Posteriormente, e con Eugenio Montero Ríos, volvería ocupar a carteira de Estado entre o 31 de outubro e o 1 de decembro de 1905. Finalmente, nun gabinete López Domínguez volvería ser ministro de Estado entre o 6 de xullo e o 30 de novembro de 1906.[1] Ademais desempeñou outros destacados cargos, como ser gobernador do Banco de España[6] e a Presidencia do Consello de Estado.

Por outra banda, en 1905 ingresou na Real Academia de Ciencias Morais e Políticas. O seu discurso de ingreso, titulado "Crise contemporánea do réxime parlamentario" foi respostado polo seu paisano Gumersindo de Azcárate.

Astorga, a súa cidade natal, élle debedora da prolongación da liña férrea do Oeste, dende Benavente a esta poboación. Tamén conseguiu o título de Excelentísimo para o Cabido da catedral astorgana, e a aprobación dos planos e primeira subvención para a construción do Palacio Episcopal.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La fusión ibérica (1861). Madrid, impr. de Gabriel Alhambra (56 páxinas).
  • De la ignorancia en España (1869). Madrid, impr. de Los conocimientos útiles (69 páxinas).
  • El vapor y su siglo. Cartas familiares dedicadas a una señorita (1897). Madrid (230 páxinas).
  • La crisis contemporánea del régimen parlamentario. Memorias de la R.A. de Ciencias Morales y Políticas. Tomo VIII .
  • Prólogo a "El dialecto vulgar leonés hablado en maragatería y tierra de Astorga" (1909) de S. Alonso Garrote. Astorga, impr. de P. López

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Pascual, Pedro (1999). El compromiso intelectual del político: ministros escritores en la Restauración canovista. Madrid: Ediciones de la Torre. pp. 125–126. ISBN 84-7960-247-3. 
  2. Pla Vivas, Vicente (2010). La ilustración gráfica del siglo XIX: Funciones y disfunciones. Col. Oberta. Valencia: Universitat de València. pp. 205–206. ISBN 978-84-370-7542-6. 
  3. "Expediente persoal no congreso". congreso.es. Arquivado dende o orixinal o 03-03-2016. Consultado o 31-10-2017. 
  4. "Expediente persoal no Senado". senado.es. Consultado o 01-11-2017. 
  5. Rovira, Enrique (2016). 1898 La perdida de las Filipinas (epub). Madrid: Ediciones Altera. ISBN 978-84-16645-65-7. 
  6. "Gobernadores del Banco de España". Banco de España. Consultado o 31-10-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Venancio González y Fernández
 Ministro de Gobernación
 
9 de xaneiro a 3 de outubro de 1883
Sucesor:
Segismundo Moret
Predecesor:
Carlos Manuel O'Donnell
 Ministro de Estado
 
4 de outubro de 1897-18 de maio de 1898
Sucesor:
Carlos Manuel O'Donnell
Predecesor:
Felipe Sánchez Román
 Ministro de Estado
 
31 de outubro a 1 de decembro de 1905
Sucesor:
Juan Manuel Sánchez y Gutiérrez de Castro
Predecesor:
Juan Pérez-Caballero y Ferrer
 Ministro de Estado
 
6 de xullo a 30 de novembro de 1906
Sucesor:
Juan Pérez-Caballero y Ferrer
Predecesor:
Santos de Isasa
 Gobernador do Banco de España
 
abril de 1892–decembro de 1895
Sucesor:
Santos de Isasa
Predecesor:
Juan de la Concha Castañeda
 Gobernador do Banco de España
 
abril 1901 a febreiro de 1902
Sucesor:
Andrés Mellado Fernández