Felipe Sánchez-Román

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir con Felipe Sánchez Rodríguez comandante militar de Vigo durante o Golpe de estado de 1936.
Infotaula de personaFelipe Sánchez-Román
Nome orixinal(es) Felipe Sánchez Román y Gallifa Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de marzo de 1893 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xaneiro de 1956 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Ministro sen carteira
19 de xullo de 1936 – 19 de xullo de 1936
← sen valor – Manuel Irujo Ollo →
Deputado nas Cortes republicanas
8 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Madrid (capital)
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valladolid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , ministro , avogado , xurista , catedrático Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiFelipe Sánchez Román Editar o valor em Wikidata

Felipe Sánchez-Román Gallifa, nado en Madrid o 12 de marzo de 1883 e finado en Cidade de México o 21 de xaneiro de 1956,[1] foi un xurista e político republicano español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do antigo ministro do mesmo nome.[1] Estudou Dereito e dende 1916 ocupou a cátedra de Dereito Civil na Universidade de Madrid. Comezou a súa actividade política durante a etapa final da ditadura de Primo de Rivera abandonando a súa cátedra universitaria para mostrar a súa oposición ao réxime. Participou na Agrupación al Servicio de la República e pasou a participar activamente no movemento republicano, asistindo ao Pacto de San Sebastián e defendendo a Largo Caballero no xuízo contra o Goberno republicano clandestino.[2]

Nas eleccións a Cortes Constituintes de 1931 foi elixido deputado independente por Madrid dentro da candidatura republicano-socialista, participando en varias comisións nas Cortes, especialmente na Constitucional, no anteproxecto da Lei Electoral e nas discusións sobre os estatutos de autonomía. Ademais presidiu a Comisión da Reforma Agraria. Nas eleccións de 1933 refusou integrarse noutras candidaturas republicanas e presentouse novamente por Madrid en solitario,[3] sen conseguir escano (aínda que obtivo unha votación estimable, uns 27 000 votos, o 5% dos electores).[4] En 1934 fundou o Partido Nacional Republicano de carácter moderado. Para as eleccións de febreiro de 1936 uniuse en principio ao Fronte Popular. Porén, trala entrada do Partido Comunista na coalición, abandonouna e deixou o liderado do seu partido.[2]

O 19 de xullo de 1936 foi nomeado ministro sen carteira no goberno que durante unhas horas presidiu Diego Martínez Barrio.

A depuración como catedrático polo bando franquista, sen lugar a proceso contraditorio ningún, produciuse mediante Orde Ministerial en febreiro de 1939, xunto a outros catedráticos.[5] Despois da guerra civil tivo que partir ao exilio. Marchou a México onde pasou a ocupar un cargo de asesor da presidencia mexicana ademais de exercer de docente na UNAM. Alí fundou o Instituto de Ciencias Jurídicas.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Felipe Sánchez Román y Gallifa" (PDF). Bibliojuridica. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 31 de marzo de 2009. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Iciar Fernández Marrón. "FELIPE SÁNCHEZ ROMÁN (1939-1956)". Bibliojuridica. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2009. Consultado o 31 de marzo de 2009. 
  3. Tusell 1970, pp. 89.
  4. Tusell 1970, pp. 112.
  5. ... se separa definitivamente por ser pública y notoria la desafección de los catedráticos universitarios que se mencionarán al nuevo régimen implantado en España, no solamente por sus actuaciones en las zonas que han sufrido y en las que sufren la dominación marxista, sino también por su pertinaz política antinacionalista y antiespañola en los tiempos precedentes al Glorioso Movimiento Nacional. La evidencia de sus conductas perniciosas para el país hace totalmente inútiles las garantías procesales que, en otro caso constituyen la condición fundamental en todo enjuiciamiento, y por ello, este Ministerio ha resuelto separar definitivamente del servicio y dar de baja en sus respectivos escalafones a los señores: Luis Jiménez de Asúa, Fernando de los Ríos Urruti, Felipe Sánchez Román y José Castillejo Duarte, catedráticos de Derecho;José Giral Pereira, catedrático de Farmacia; Gustavo Pittaluga Fattorini y Juan Negrín López, catedráticos de Medicina; Blas Cabrera Felipe, catedrático de Ciencias; Julián Besteiro Fernández, José Gaos González Pola y Domingo Barnés Salinas, catedráticos de Filosofía y Letras, todos ellos de la Universidad de Madrid. Pablo Azcárate Flórez, Demófilo de Buen Lozano, Mariano Gómez González y Wenceslao Roces Suárez, catedráticos excedentes de Derecho
    Orden del 3 de febrero de 1939, Ministerio de Educación Nacional. En: Luis Enrique Otero Carvajal: La destrucción de la ciencia en España : depuración universitaria en el franquismo. Madrid: Editorial Complutense, 2006 (ISBN 84-7491-808-1), pp. 74 y ss.