Lara Dopazo
Lara Dopazo | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Lara Dopazo Ruibal |
Nacemento | 1985 |
Lugar de nacemento | Marín |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | poeta e escritora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Lara Dopazo Ruibal, nada en Marín en 1985, é unha escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e mestrados en Cooperación Internacional e mais en Filosofía Práctica.[1] Bolseira na Academia de Roma no 2019, comuneira no Programa de Estudos en Man Común Comúns, Ruralidades e Feminismos.[2]
Un dos seus poemas foi musicado no álbum Alfaias de Fanny + Alexander.
Participou en No seu despregar. Antoloxía poética, Apiario.
Obras[editar | editar a fonte]
- Dende illa peixe (2009). Xunta de Galicia. Serviu de base para a curtametraxe Illa pedra, da cineasta Adriana Páramo, e foi a primeira peza audiovisual en galego con audiodescrición para persoas cegas.[3]
- Ovella (2016). Concello de Outes.
- Clementina (2016). Edita-me.
- Os lobos na casa de Esaú (2017). Chan da Pólvora.
- Claus e o alacrán (2018). Espiral Maior.
- O axolote e outros contos de bestas e auga (2020). Editorial Galaxia
Tradución[editar | editar a fonte]
- Lume branco, de Antonia Pozzi. Rinoceronte, 2021.
Premios[editar | editar a fonte]
- 2008: Primeiro premio do certame GZ Crea 2008 pola poesía "Dende Illa Peixe"[4]
- 2015: Certame Francisco Añón de poesía co poemario Ovella[5].
- 2015: Primeira edición do Premio Literario Nortear co relato "Clementina"[6].
- 2017: Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño co poemaio Claus e o alacrán[7]
- 2020: Premio Literario Illa Nova de Narrativa con O axolote e outros contos de bestas e auga.[8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Lara Dopazo Ruibal accademiaspagna". www.accademiaspagna.org. Consultado o 2020-09-16.
- ↑ "Concomitentes Lara Dopazo Ruibal". concomitentes.org. Consultado o 2020-09-16.
- ↑ "Lara Dopazo - Apiario". apiario.eu. Consultado o 2020-09-16.
- ↑ "O Teatro Principal de Santiago acolleu a entrega dos GZ Crea 08". El Correo Gallego. 17 de decembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2014. Consultado o 31 de xaneiro de 2014.
- ↑ Portal Galego da Língua (18 de maio do 2015). "Lara Dopazo ganha Prémio Francisco Anhom 2015". Consultado o 19/05/2015.
- ↑ "Lara Dopazo Ruibal gaña a primeira edición do Premio Literario Nortear coa obra ‘Clementina’". 28/12/2015. Arquivado dende o orixinal o 22/02/2016. Consultado o 29/12/2015.
- ↑ "A escritora Lara Dopazo Ruibal gaña o premio de poesía Fiz Vergara Vilariño"
- ↑ Lara Dopazo Ruibal gaña o Premio Illa Nova de Narrativa 2020