Marcos Abalde
Marcos Abalde | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Marcos Abalde Covelo |
Nacemento | 1982 |
Vigo | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor e profesor de ensino secundario |
Xéneros | Teatro |
Coñecido/a por | Exhumación e Alcatrán |
Premios | IV Premio Josep Robrenyó (2008) Premio Álvaro Cunqueiro (2011) Premio Marqués de Bradomín (2012) Premio da Bienal de Teatro Romaría Viquinga de Catoira (2012) |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Marcos Abalde Covelo, nado en Vigo en 1982, é un filólogo e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![]() |
Estudou Filoloxía Románica e Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como libreiro, e despois pasou a ser docente. En 2017 era mestre no IES Breamo de Pontedeume, e no 2018 no IES As Telleiras de Narón. Actualmente é profesor no IES Concepción Arenal, en Ferrol.
En 2008 gañou o IV Premio Josep Robrenyó da Associació d’Investigació i Experimentació Teatral de Catalunya coa obra experimental Canibalismo. A súa lectura dramatizada fíxoa Furafollas Agrupación Teatral, no Ateneu Barcelonés. O texto, publicado en 2011, foi adaptado a curtametraxe en 2020[1].
Obra[editar | editar a fonte]
Teatro[editar | editar a fonte]
- Canibalismo (Estaleiro Editora, 2011).
- A cegueira (Xerais, 2013).
Poesía[editar | editar a fonte]
- Oenach (Espiral Maior, 2015).
- Exhumación (Xerais, 2016).
- Alcatrán (2020). Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-9121-798-5. ePub: ISBN 978-84-9121-814-2.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
Obra publicada en revistas[editar | editar a fonte]
- Eugenésia, peza breve publicada na revista Casahamlet, (2007).
- Litúrgia de Jerusalém, peza breve publicada na revista Casahamlet, (2010).
- Welcome to Lampedusa, peza breve publicada na revista Casahamlet, (2011).
Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Premio Josep Robrenyó 2008 por Canibalismo.
- Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 2011 pola peza A cegueira
- Premio Marqués de Bradomín de textos dramáticos do Instituto da Xuventude 2012 por Xudite[2]
- Premio da Bienal de Teatro Romaría Viquinga de Catoira 2012, por A saga de Iacobsland.
- Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño en 2014 por Oenach.
- Premio de Teatro Mome Varela Buxán 2015, por Oito epitafios por Troia.
- Premio Lueiro Rey de poesía 2016 coa obra Exhumación
- Premio de Teatro Varela Buxán 2016 coa obra Oito epitafios por Troia.
- Premio de Poesía Johán Carballeira 2020 por Alcatrán[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Belén López (3 de novembro de 2019). "Un filme pontevedrés e caníbal". Diario de Pontevedra.
- ↑ "Marcos Abalde gaña o premio Marques de Bradomín por Xudite". Cultura Galega. 29 de outubro de 2012.
- ↑ "O XXIII Premio Johán Carballeira de Poesía xa ten gañador, Marcos Abalde". Pontevedra Viva. 23 de xuño de 2020.