Saltar ao contido

Paulino Peña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaulino Peña

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
Moialde Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1016806 BUSC: 981013403446907712 Dialnet: 4127031

Paulino Peña Álvarez, nado en Moialde (Vilardevós) en 1960, é un mestre e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mestre, Licenciado en Filoloxía Galega e Filosofía e Ciencias da Educación (Sección Ciencias da Educación). Foi coordinador dos Equipos de Normalización Lingüística de Ourense.

Obra publicada

[editar | editar a fonte]
  • Gramática da afirmación, 2009, Espiral Maior.
  • Na pel das árbores do vento, 2019, Alvarellos Editora.
  • Vaira e Cristal, 2024, Ed.Tris-Tram.
  • Gañador do IV Certame de poesía Anduriña Voandeira de Euskadi no 2004, pola obra Porque sei de ti.
  • Segundo premio no V Certame de poesía Anduriña Voandeira no 2005, por Fíreme amor de luz.
  • Gañador do Certame de poesía Francisco Añón no 2006, por Rodopíos no encoro.
  • Gañador do Premio de poesía Concello de Carral no 2008, por Gramática da afirmación.
  • Segundo premio II Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro no 2013, por Nas dársenas do estío.[1]
  • Mención de Honra XX Certame Literario Manuel Oreste no 2015, por Unicornio no faiado. Canción para cabalgar un neno lúas nos campos do sangue.