Xurxo Alonso
Xurxo Alonso | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1956 |
Buenos Aires | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | pintor e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xurxo Alonso García, nado en Buenos Aires o 17 de maio de 1956, é un pintor e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aínda que nado en Suramérica é galego por ascendencia familiar e porque desde os oito anos reside en Vilagarcía de Arousa. Inicialmente segue outros camiños xa que consegue a licenciatura en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, se ben a súa paixón pola pintura imponse. Empezou o oficio na Escola de Artes Mestre Mateo de Santiago de Compostela e continuou nos talleres de arte actual de Madrid, cerca de pintores tan singulares como Guinovart e Alcorlo; en Donostia, con Bonifacio Alonso e novamente en Madrid con McLean. Recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra na IX Bienal Internacional de Arte e da Fundación Rodríguez Acosta de Granada.
As súas primeiras exposicións tiveron lugar en 1983 na súa cidade natal. As individuais repártense por toda Galiza, España e México, participando en numerosas colectivas, nalgunhas das cales obtivo importantes premios, desde o II Certame de artistas noveis, en Vigo, en 1983, a outros en diferentes cidades de Galiza e de España. Posúen obras súas no Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago de Compostela, os museos de Burgos, Sada etc, así como deputacións e concellos de moitas cidades españolas.
Xurxo Alonso é, fundamentalmente un paisaxista, de condición intensamente abstractiva e modos que se inician no construtivismo conceptual, que ás veces o emparentan con Molezún ou con Jorge Castillo. A xeografía urbana de Nova York tivo na súa pintura unha influencia considerable. Os volomes concisos, que o simplifica aínda máis, constitúen a referencia, en azuis, rosas, grises para unha expresión deliberadamente elemental. Ás veces emprega gamas neutras e as referencias dilúense ou perden para entregar unha mancha recia, de pincelada ancha, en negros e ocres nos que emerxe un azul moi lírico para insinuarnos a heteroxeneidade dunha megalópole e a vaga referencia dunha natureza de estrutura horizontal moi firme en amplos planos.
Adoita a asinar os seus lenzos coa sinatura XurXo ALoNso.
Obra literaria[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Onde viven os saqueadores de naufraxios, 2002, Espiral Maior.
- Cidades de area, 2005, Espiral Maior.
- Breviario de Aldemunde, 2005, Espiral Maior.
- Cartas da fronteira, 2017, Concello de Ourense.
- Hora de penumbra (2020). Alvarellos. 56 páxs. ISBN 978-84-16460-92-2.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Xurxo Alonso: Catálogo. Vigo, Galería Saira, 1992.
- Sobrino Manzanares, M.ª Luisa: El lenguaje silencioso de los objetos. Vigo, Galería Alameda, 1995.
- Coincidencias. Santiago, Xunta de Galicia, 1994.
Premios literarios[editar | editar a fonte]
- Premio de poesía Francisco Añón no 1998.
- Premio Xohán de Requeixo no 1999.
- Premio de poesía Avelina Valladares no Concello da Estrada no 2000, por Dime, Alexandría
- Premio de poesía Feliciano Rolán no 2001.
- Premio Johán Carballeira no 2001, por Onde viven os saqueadores de naufraxios.
- Premio Fermín Bouza Brey no 2003 por Cidades de area.
- Premio de poesía Concello de Carral no 2004 por Breviario de Aldemunde.
- Premio de poesía Cidade de Ourense no 2016, por Cartas da fronteira.
- Premio de poesía Concello de Carral no 2019 por En luz escrita.[1]
- Certame de poesía Torre de Caldaloba no 2019 por Hora de penumbra.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "XURXO ALONSO GAÑA O XXII CERTAME DE POESÍA “CONCELLO DE CARRAL” Concello de Carral". www.carral.es. Consultado o 2019-05-15.
- ↑ "Xurxo Alonso e Mariña Maceira gañan o certame de poesía Torre de Caldaloba". Terrachaxa.com. 2019-12-01. Consultado o 2021-01-25.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 22. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Xurxo Alonso na Colección Afundación.
- Xurxo Alonso na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
![]() |
Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría. |