Álex Mene
Álex Mene | |
---|---|
![]() Mene en 2019. | |
Nacemento | 1969 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | pintor |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alejandro Mene Pazos, coñecido como Álex Mene, nado en 1969[1] en Vigo, é un mestre, escritor, artista multidisciplinar e comisario de exposicións galego.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid.
A súa obra aborda temas coma o desexo, a memoria, e os roles e a Identidade de xénero[3]. Como fotógrafo e pintor expuxo en espazos tales como a Galería Espacio 48 de Santiago de Compostela, no Museo Municipal de Ourense[4] ou no Museo MARCO de Vigo.[5]
Pezas audiovisuais súas participaron en festivais como o Certamen de cortos de Caja Madrid, o Festival de Cine Independente de Elx, o Certamen de Jóvenes Realizadores de Zaragoza, o Rec.06, o Festival de Creació Audiovisual de Tarragona ou o Girona Film Festival.
Doutorouse en Belas Artes cunha tese sobre o labor de fotógrafo de Eduardo Blanco Amor intitulada O ollo cazador. Sobre a fotografía de Eduardo Blanco Amor.[6]
Obra literaria[editar | editar a fonte]
En 2018 publicou a obra de literatura infantil A raíña das tortas, ilustrada por Blanca González Crespán e editada por Alvarellos Editora[7].
En 2019 gañou o premio a primeira edición do Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento coa obra Indómita e a semente da inmortalidade,[8] que foi traducida ao castelán en 2021.[9]
En 2020 gañou o 3º premio no Certame Manuel Murguía de narracións breves, coa obra A herdeira (foto de familia).
En 2021 gañou o XXIV Premio de poesía Concello de Carral por Os puntos de impacto[10].
Obra artística e expositiva[editar | editar a fonte]
Individual[editar | editar a fonte]
- Ventás para unha fuga. Outono Fotográfico de Ourense. Biblioteca Central do Campus de Ourense da Universidade de Vigo., 2017.[11]
- Fotodiario [caderno de campo]. Outono Fotográfico de Ourense. Centro Cultural Márcos Valcárcel. Deputación de Ourense, 2015.[12]
- Unha cabana no lago. Galería Espacio 48. Santiago de Compostela, 2009.
- Oasis. Galería Espacio 48. Santiago de Compostela, 2003.
- Eu son o outro. (con Santi Jiménez) Galería Espacio 48. Santiago de Compostela. 2002.
Colectiva[editar | editar a fonte]
- XII Concurso Nacional de Cine y I de Vídeo Amateur, Madrid, 1991.
- I Certame Ourense de Fotografía para a Mocidade. Sala de exposicións de Caixa Ourense, 1992.
- XIV Concurso Galego de Fotografía Xuventude 98. Casa da Xuventude. Ourense, 1998. Segundo premio á mellor fotografía[13]
- Ourense en Pé de Foto. Museo Municipal. Ourense 2000.
- Novos Valores 2000, Deputación de Pontevedra, 2000.
- Identidades feridas da arte na doenza, Fundación Laxeiro, 2001.
- ArtXove, Concello de Pontedeume, 2001.
- Territorio(s), Galería Espacio 48, 2001.
- V Bienal de Lalín "Pintor Laxeiro", Xunta de Galicia, 2001.
- VI Bienal de Lalín "Pintor Laxeiro", Xunta de Galicia, 2003.
- Malas Artes 03, Concellaría de Cultura de Vigo, 2003.
- Radicais Libres. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela, 2005.
- VII Bienal de Lalín "Pintor Laxeiro", Xunta de Galicia, 2005.
- XVI Certamen de Artes Plásticas de la UNED. Casa de Velázquez. Madrid, 2006.
- Entre-cruzar, Proxecto-Edición, CGAC, Santiago de Compostela, 2006.
- ant_art, A Nosa Terra, 2007.
- Vemos o que somos, somos o que vemos, Pazo de Cultura de Pontevedra, 2010.
- Colección Alterarte, Campus de Ourense. Sala X. Pontevedra, 2011
- Afinidades Selectivas 6, Universidade de Vigo, 2013.
- Procesalia. Verbum, Casa da Palabras. Vigo, 2014
- Colección alterarte: 10 anos, Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2015.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ficha de Mene en arteinformado.com (en castelán).
- ↑ Miren Xare gaña a XII edición do Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense Arquivado 10 de decembro de 2017 en Wayback Machine., nova no sitio web da Deputación de Ourense.
- ↑ Anxela Caramés: "O que pretendía afirmar é que si, hai feminismos nas artes visuais en Galicia", entrevista a Ánxela Caramés a cargo de Montse Dopico para Praza Pública o 24 de febreiro de 2017.
- ↑ Entre el caos y el orden, nova en La Voz de Galicia o 9 de febreiro de 2015 (en castelán).
- ↑ EXPOSICIÓN “ALÉN DOS XÉNEROS. PRÁCTICAS ARTÍSTICAS FEMINISTAS EN GALICIA” - (MUSEO MARCO) Arquivado 26 de maio de 2017 en Wayback Machine., nova en VigoCultura.
- ↑ Una tesis doctoral destaca su modernidad como fotógrafo, nova en La Voz de Galicia o 27 de xaneiro de 2015 (en castelán).
- ↑ Ficha na Rede de Bibliotecas de Galicia.
- ↑ Álex Mene gaña o I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Fervenzas Literarias, 2 de abril de 2019.
- ↑ "Indómita y la semilla de la inmortalidad". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-25.
- ↑ Álex Mene resulta gañador do Premio de Poesía de Carral, Nós Diario, 4 de maio de 2021.
- ↑ Catálogo do Outono Fotográfico de 2017 (páx. 82). Documento en PDF.
- ↑ Catálogo do Outono Fotográfico de 2015 (páx. 122). Documento en PDF.
- ↑ Listaxe de premiados no sitio web de Outono Fotográfico.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Currículo de Alejandro Mene Arquivado 10 de decembro de 2017 en Wayback Machine..
- Perfil na páxina web da Editorial Bululú.