Francisco Fernández Davila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Fernández Davila
Nacemento1974
Lugar de nacementoCanido
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónenxeñeiro e escritor
Na rede
Dialnet: 4382199
editar datos en Wikidata ]

Francisco Javier Fernández Davila, nado en Canido (Oia, Vigo) en 1974, é un enxeñeiro e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Enxeñaría de Minas e Enerxía e cun MBA en Responsabilidade Social Corporativa na Universidade de Vigo, traballa ligado ao mundo do frío industrial dende o ano 2000.

Comezou a escribir no ano 2016, e acadou o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia de 2017 coa obra A senda de sal, ademais do XV Concurso de Cartas Dillo a quen maltrata do Concello de Lalín[1]. En decembro dese mesmo ano recibiu o accésit do IV Premio de relato Vigo histórico da Editorial Elvira, coa obra A pel do corazón.

En 2018 gañou o XVII Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos do Concello de Noia coa novela Alana e o primeiro accésit na modalidade de poesía dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria da Universidade de Vigo pola obra Dama de auga.

En 2019 gañou o XVII Certame de Relato Curto en Galego do Concello de Mugardos coa obra O Mendigo e o XII Premio de poesía Victoriano Taibo do Instituto de Estudos Miñoráns e o Concello de Gondomar co poemario Mover os marcos [2], o terceiro premio do VII Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María da Casa de Galicia en Gipúscoa, por A miña pel en tatuaxes, e o primeiro premio no XXXIII Certame de poesía en lingua galega Rosalía de Castro, por Poemas de Aeroporto.

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Relatos na Rúa IV, 2017, Editorial Elvira.
  • Revista Grial vol. 215, 2017, Editorial Galaxia.
  • VI Certame de Relato Curto, 2018, FANPA e Kalandraka Editora.
  • Premio 2018 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo, 2018, Xunta de Galicia, Universidade de Vigo e Edicións Xerais[7].
  • Relatos na Rúa V, 2018, Editorial Elvira.
  • XXIII Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López, 2018, Concello de Paradela e Deputación de Lugo.
  • Relatos na Rúa VI, 2019, Editorial Elvira.
  • Tecido de Voces, 2021, Concello de Rianxo e Editorial Toxosoutos.
  • Relatos na Rúa VIII, 2021, Editorial Elvira.

Premios[editar | editar a fonte]

  • IX Premio de Poesía Victoriano Taibo no 2016, finalista, por Capetón.
  • X Certame Literario Terras de Chamoso no 2016, segundo premio, por Princesa de Fukushima.
  • I Certame de Enxeñería Sen Fronteiras no 2016, primeiro premio, por Capetón.
  • XLIX Concurso Literario Casino Ateneo de Béjar no 2016, segundo premio, por Aliento de Bronce.
  • Concurso de Relato Curto “A Cividade” de Mos no 2017, primeiro premio, por O Premio.
  • V Concurso Microcatrorelato no 2017, premio do xurado, por As balas de Koch[8].
  • V Certame de Relatos Vigo Histórico, 2017, accésit, por A pel do corazón.
  • XIV Concurso “Dillo a quen maltrata” do concello de Lalín no 2017, primeiro premio, por Radiografía da Parroquia[1].
  • XVII Certame de Novela por Entregas de La Voz de Galicia no 2017, por A senda de sal, publicada pola Editorial Galaxia na súa colección Literaria[9].
  • XXIII Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López, 2018, no 2018, mención de honra, por O Faro, conto de mar espeso.
  • Certame de Relato Curto da Universidade de Vigo no 2018, primeiro premio, por K.A.R.M.A.[10].
  • Certame de Poesía da Universidade de Vigo no 2018, primeiro accésit, por Dama de Auga[10].
  • VI Certame de Relato Curto da FANPA, no 2018, finalista destacado, por O faro.
  • XVII Certame Antón Avilés de Taramancos do Concello de Noia no 2018, por Alana.
  • VI Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María da Casa de Galicia en Guipúscoa no 2018, primeiro premio, por Trashumántica.
  • XVII Certame de Relato Curto Concello de Mugardos no 2019, primeiro premio, por O Mendigo.
  • XII Premio de Poesía Victoriano Taibo no 2019, por Mover os Marcos.
  • VII Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María da Casa de Galicia en Guipúscoa no 2019, terceiro premio, por A miña pel en tatuaxes.
  • XXXIII Certame de poesía en lingua galega Rosalía de Castro de Cornellà no 2019, primeiro premio, por Poemas d Aeroporto.
  • XXXIV Certame de poesía en lingua galega Rosalía de Castro de Cornellà no 2020, accésit, por O matrimonio é unha nasa.
  • IX Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro de Negreira no 2020, finalista, por mICROrREtRaTOs.
  • I Concurso De Relatos e Poemas "Letras Con Morriña" da Arxentina no 2020, primeiro premio, co poemario en galego e inglés Puerto Deseado.
  • XI Concurso de Relatos de Inspiración Científica -Inspiraciencia- do Ministerio de Ciencia e Innovación no 2021, primeiro premio, por Lúa Negra.
  • XV Certame Literario Terras de Chamoso no 2021, segundo premio, por Rexina.
  • XIX Certame Literario Concello de Ames de narrativa no 2022, segundo premio, por A extinción dos homes.
  • VIII Certame de Poesía María Mariño de Teo no 2022, primeiro premio, por The walking verses ou o ataque dos poemas zombis.
  • VI Certame Vilarinhas no 2022, segundo premio.
  • IV Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán no 2022, finalista, por De tuin der lusten, Tríptico do Big Bang.
  • XII Certame de Escritores Ingenieros de Minas no 2022, primeiro premio, por Capricornio.
  • XXXVI Certame de poesía en lingua galega Rosalía de Castro de Cornellà no 2022, primeiro premio, por Incendios.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Francisco Javier Fernández, de Nigrán, gaña o concurso 'Dillo a quen maltrata'". Faro de Vigo. Consultado o 2020-07-16. 
  2. "Francisco Fernández Davila faise co XII premio Vitoriano Taibo de Poesía". culturagalega.org. 2019-09-19. Consultado o 2019-09-20. 
  3. "A senda de sal". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-07-16. 
  4. "Alana". toxosoutos.com. Consultado o 2021-01-28. 
  5. "O bosque do duque ‘s-Hertogenbosch". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-04-08. 
  6. "MOVER OS MARCOS - Librería Central Librera Ferrol". www.centrallibrera.com (en castelán). Consultado o 2020-07-16. 
  7. "Ficha do libro | Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-07-16. 
  8. "Francisco Fernández e Julia Tomé gañan o concurso MicroCatrorelatos". VigoÉ (en castelán). 2017-05-27. Consultado o 2020-07-16. 
  9. "Francisco Javier Fernández Davila gaña o Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-07-20. Consultado o 2020-07-16. 
  10. 10,0 10,1 "As persoas gañadoras dos premios de relato, poesía e tradución literaria da Universidade de Vigo 2018 | Noticias Vigo". Noticias de Vigo (en castelán). 2018-05-10. Consultado o 2020-07-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]