Emilio Alonso Pimentel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emilio Alonso Pimentel
Nacemento1958
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
PaiXesús Alonso Montero
IrmánsXesús Pimentel
PremiosPremio de novela por entregas de La Voz de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Emilio Alonso Pimentel, nado en Madrid en 1958, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiro fillo de Xesús Alonso Montero e Emilia Pimentel Iglesias, nos anos oitenta realizou programas de radio (Montaje Curioso e A Trincheira) en Radiocadena Española-Vigo e RNE-Radio 4-Galicia. Foi coordinador da revista Tintimán, correspondente en Galicia de Rock de Lux e guionista do concurso musical Racha coas Ondas. Colaborou en Diario 16 de Galicia, Faro de Vigo, Atlántico Diario, La Naval, Valiundiez e Escupe. Nos anos noventa traballou como guionista, coordinador e director de programas de televisión presentados como Café Café, Esto é noticia, Todos a Bordo, Televisión Total, Superpiñeiro, Toda unha vida, e A Noite en Blanco. A súa primeira novela, Mercurio, foi premio de novela por entregas de La Voz de Galicia en 2008.

Obras[editar | editar a fonte]

  • ¡Po! Diario de un viaje a Palestina, 2003.
  • Mercurio, 2008.
  • Vigo a 80 revolucións por minuto, 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]