Premio Follas Novas de Tradución
O Premio de Tradución da Gala do Libro Galego, renomeado en 2021 (sexta edición) como Premio Follas Novas de Tradución[1], é un galardón que dende 2016 se entrega cada ano na gala homónima e que distingue a mellor obra tradución do ano anterior. O certame no seu conxunto ten como entidades convocadoras a Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, quen un ano antes decidiron unir nun só os seus respectivos premios.
Gañadores[editar | editar a fonte]
Edición | Ano[2] | Tradutor | Obra | Autor | Editorial |
---|---|---|---|---|---|
Primeira | 2016 | Alejandro Tobar | Mocidade | Joseph Conrad | Hugin e Munin |
Segunda | 2017 | Henrique Harguindey | Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña | Anónimo | Rinoceronte |
Terceira | 2018 | David A. Álvarez | Pippi Mediaslongas | Astrid Lindgren | Kalandraka |
Cuarta | 2019 | Celia Recarey | A señora Dalloway | Virginia Woolf | Irmás Cartoné |
Quinta | 2020 | Samuel Solleiro | Frankenstein ou o moderno Prometeo | Mary Shelley | Aira Editorial |
Sexta | 2021 | María Reimóndez | A nosa Negra | Harriet E. Wilson | Hugin e Munin |
Sétima | 2022 | María Alonso Seisdedos | Canto eu e a montaña baila | Irene Solà | Kalandraka |
Oitava | 2023 | María Alonso Seisdedos | Léxico familar | Natalia Ginzburg | Laiovento |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "A Gala do Libro Galego rebautízase baixo o título Premios 'Follas Novas'". Nós Diario. 1 de febreiro de 2021.
- ↑ Refírese ao ano de entrega do premio; isto é, o libro foi publicado no ano precedente.