Pop progresivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pop progresivo
Orixe musicalpop, música progresiva, rock
Orixe culturalmediados dos 60 - 70
Derivadospop hipnagóxico, New Pop

O pop progresivo é música pop que intenta romper coa fórmula estándar do xénero, ou unha variante do rock progresivo que se escoitaba na radio AM nos anos 70 e 80. Orixinalmente foi chamada así polo primeiro rock progresivo dos anos 60. Algunhas características estilísticas do pop progresivo son ganchos e vermes auditivos (earworms), instrumentación pouco ortodoxa ou colorida, cambios na tonalidad e o ritmo, experimentos con formas musicais máis grandes e tratamentos inesperados, disruptivos ou irónicos de convencións pasadas.

O movemento comezou como un subproduto da expansión económica de mediados dos 60, cando os selos discográficos comezaron a investir en artistas, permitíndolle un control limitado sobre o seu propio contido e comercialización. Grupos que combinaban rock and roll con outros estilos musicais como ragas indias e melidías con influencias asiáticas influíron na creación do rock progresivo (ou "prog"). Cando as vendas dos discos de prog comezaron a baixar, algúns artistas volveron a un son máis accesible que seguiu sendo comercialmente atractivo ata os anos 90.

Definición[editar | editar a fonte]

O termo "progresivo" refírese ao amplo rango de intentos de romper coas fórmulas estándar da música pop a través de métodos como unha maior intrumentación, letras personalizadas, arranxos máis sofisticados, cambios de ritmo, e improvisación individual.[1] A premisa involucrou a música popular que se compoñía coa intención de ser unicamente escoitada e non bailada, e opúxose á influencia dos xerentes, axentes ou compañías discográficas.​[2] A música progresiva tamén foi producida principalmente polos propios artistas intérpretes ou executantes.[3]​ En 1970, un periodista da publicación británica Melody Maker, describiu o pop progresivo como música producida que é atractiva para as masas, pero menos desbotable que o pop máis tradicional.[4]​ Algunhas características estilísticas inclúen cambios de ton e ritmo ou experimentos con formas máis longas.[5]​​ En termos de estrutura tonal, o pop progresivo é semellante ao rock and roll no desmantelamento da harmonía como estrutura organizativa básica. Porén, a difereza do rock and roll, o pop progresivo invirte as convencións recibidas, xogando con elas, interrumpíndoas ou producindo sombras delas en formas novas e inesperadas. Técnicas electrónicas como eco, retroalimentación, estéreo, sonoridade e distorsión poden utilizarse para dar á música a impresión de espazo e extensión lateral.[6]

O termo "pop progresivo" usouse orixinalmente para varios grupos de rock progresivo.​[7] Este último xénero foi influenciado polos grupos "progresivos" dos anos 60 que combinaban o rock and roll con varios outros estilos como ragas indios, melodías orientais, e cantos gregorianos, como The Beatles e The Yardbirds.​​[8] En decembro de 1966, Melody Maker intentou definir os desenvolvementos recentes no pop. Nun artigo, titulado Progressive Pop, Chris Welch clasificou aos artistas utilizando termos previamente asociados co jazz; no máis avanzado destes avant garde, colocou a The Beatles, Cream, Love, The Mothers of Invention, Pink Floyd e Soft Machine, mentres que na categoría de "moderno" abarcou a The Byrds, Donovan e Small Faces.[9] Despois do lanzamento do álbum Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band de The Beatles de 1967, revistas como Melody Maker trazaron unha liña entre pop e rock, eliminando así o "roll" de rock and roll (que agora se refire ao estilo dos anos 50). Os únicos artistas que se mantiveron dentro dol "rock" serían aqueles que se consideraban á vangarda dentro das formas de composición, lonxe dos estándares "amigables á radio", xa que os estadounidenses utilizaban cada vez máis o adxectivo "progresista" para grupos como Jethro Tull, Van Der Graaf Generator e King Crimson.​

A finais dos anos setenta, o "pop progresivo" era máis ou menos sinónimo de "música rock".[10]​ Os autores Don e Jeff Breithaupt definen o pop progresivo nos 70 e 80 como "unha casta máis esvelta do pomp rock" derivado de The Beatles.​[11] O músico Alan Parsons, que traballou como enxeñeiro no álbum Abbey Road dos Beatles (1969),​[12] lembra que aínda que considerou que algunhas das súas cancións eran "pop puro", outros seguiron categorizando á súa banda (Alan Parsons Project) como "rock progresivo".​[13] Parsons pensou que o "pop progresivo" era un nome mellor, explicando que "o que fixo [á nosa música] progresiva foi o son épico e a orquestación que moi pouca xente facía nese momento".[13]

Orixes[editar | editar a fonte]

Brian Wilson en 1965

A mediados da década de 1960, a música pop fixo incursións en novos sons, estilos e técnicas. A palabra "progresista" usouse con frecuencia, e pensouse que cada canción e sinxelo ía ser unha "progresión" da anterior.​​[14] Paul McCartney dos Beatles insinuou en 1967: "aburríamonos un pouco facendo 12 compases todo o tempo, así que tratamos de entrar noutra cousa ... Entón viñeron [Bob] Dylan, The Who, e os Beach Boys ... Todos estamos tratando de facer vagamente o mesmo tipo de cousa".[15] ​ Antes do pop progresivo de finais dos anos 60, os artistas eran incapaces de decidir sobre o contido artístico da súa música.[16]Brian Wilson, líder dos Beach Boys foi o primeiro en compoñer e producir a música do seu grupo, establecendo un precedente que permitiu a bandas e artistas entrar nun estudio de gravación e actuar como os seus propios produtores.[17]

O autor Bill Martin recoñece aos Beatles e aos Beach Boys como os cprincipais contribuíntes no desenvolvemento do rock progresivo, transformando o rock bailable en música feita para escoitar.[18]​ Citando un estudio de tempos da época, o musicólogo Walter Everett identifica que o álbum Rubber Soul dos Beatles de 1965 como unha obra que se "fixo máis para ser pensada que bailada", e un álbum que "comezou unha tendencia de longo alcance" na súa desaceleración dos tempos típicamente usados en música pop e rock.[19]​ Ao ser editado o Pet Sounds de The Beach Boys en 1966, o disco foi aclamado pola prensa británica como "o álbum máis progresivo nunca feito".​ Troy Smith de Cleveland cre que o álbum "estableceu ao grupo como o pai do pop progresivo, dende os acordes iniciais de "Wouldn't It Be Nice", un sinxelo de estilo Wall of Sound".[20]

Na opinión do autor Simon Grilo, o estoupido progresivo dos Beatles foi exemplificado no sinxelo dobre "Strawberry Fields Forever"/"Penny Lane" (1967).​[21] Noutro exemplo das influencias recíprocas entre eles e os Beach Boys, os Beatles demostraron "un contido lírico paradóxico emparellado con música que era ao mesmo tiempo nova e antiga, rock e Tin Pan Alley, LSD e cacao, progresiva e nostálxica", todas as características que foron compartidas no Sgt Pepper's.​[21] O musicólogo Allan Moore escribe: "Nese momento, o Sgt Pepper's parecía marcar a idade da música rock ... Agora, por suposto, cos recordos hastiados, pensamos niso como o inicio dunha era de pomposidade, con diferentes graos de gravidade... A cuestión despois de 1967 era se se podía confiar no pop/rock "progresivo", porque trataba temas "máis profundos" que as relacións interpersoais. Á longa, a resposta resultou ser non".[22]

Artistas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Haworth e Smith, 1975, p. 126
  2. Shepherd, Virden e Vulliamy, 1977, pp. 187-188
  3. Shepherd, Virden e Vulliamy, 1977, pp. 186-188
  4. Jacobshagen, Leniger e Henn, 2007, p. 141
  5. Palmberg e Baaz, 2001, p. 49
  6. Willis, 2014, p. 220
  7. Moore, 2004, p. 22
  8. Prown e Newquist, 1997, p. 78
  9. Turner, 2016, pp. 606-607
  10. Shepherd, Virden e Vulliamy, 1977, p. 201
  11. Breithaupt e Breithaupt, 2000, p. 68
  12. Breithaupt e Breithaupt, 2000, p. 70
  13. 13,0 13,1 Wilsonpublished, Rich (2015-11-25). "Alan Parsons Project: "I think we were part of the punk rebellion"". loudersound (en inglés). Consultado o 2022-11-16. 
  14. Hewitt e Hellier, 2015, p. 162
  15. Philo, 2014, p. 119
  16. Willis, 2014, p. 217
  17. Edmondson, 2013, p. 890
  18. Martin, 1998, pp. 39-40
  19. Everett, 2001, pp. 311-12
  20. Troy L. Smith, Cleveland com (2016-05-24). "50 greatest album-opening songs". cleveland (en inglés). Consultado o 2022-11-19. 
  21. 21,0 21,1 Philo, 2014, pp. 119-121
  22. Moore, 1997, p. 70

Bibliografía[editar | editar a fonte]