Love (grupo musical)
| Love | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Xénero
| |||||||
|
Composto por
| |||||||
|
Selo discográfico
| |||||||
| Obra | |||||||
|
Discografía
| |||||||
| Datas | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Love é unha banda estadounidense de rock formada nos Ánxeles o ano 1965. Liderado por Arthur Lee, o seu principal compositor, foi un dos primeiros grupos de rock estadounidenses racialmente diversos. O seu son incorporaba un ecléctico rango de estilos como garage, folk-rock, blues, jazz, e psicodelia.[1] Aínda que conseguiron só un éxito moderado nas listas de éxitos, chegando en 1966 ao Top 40 co tema "7 and 7 Is", Love chegou a ser lobado por críticos de todo o mundo cando o seu terceiro álbum, Forever Changes (1967), sendo considerado un dos mellores discos dos anos 60.
Considérase que a formación clásica da banda iestaba composta polo líder Lee, o guitarrista/vocalista Bryan MacLean, o baixista Ken Forssi, o guitarrista Johnny Echols, e o batería Alban "Snoopy" Pfisterer. En 1968 só quedaba Lee na banda, que continuou gravando como Love con outros músicos durante os anos 70. MacLean e Forssi morreron en 1998. Lee morreu en 2006. Forever Changes foi engadido ao Registro Nacional de Gravacións da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos en 2011.[2] En anos máis recentes o membro orixinal Johnny Echols xirou cos nomes de The Love Band ou Love Revisited.[3][4]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Love | 1966 | Elektra Records |
| Da Capo | 1966 | Elektra Records |
| Forever Changes | 1967 | Elektra Records |
| Four Sail | 1969 | Elektra Records |
| Out Here | 1969 | Blue Thumb Records/Harvest |
| False Start | 1970 | Blue Thumb Records |
| Reel to Real | 1974 | RSO Records, High Moon Records |
| Arthur Lee & Love | 1992 | New Rose |
| Five String Serenade | 2001 | Last Call Records |
| Love Lost | 2009 | Sundazed |
| Black Beauty | 2012 | High Moon Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Love - American rock group". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2022-11-17.
- ↑ "'Forever Changes'". East Tennessee State University (en inglés). Consultado o 2022-11-17.
- ↑ "The LOVE band featuring Johnny Echols Farewell UK Tour Summer 2019 -" (en inglés). 2018-12-14. Consultado o 2022-11-17.
- ↑ "Love Revisited". www.love-revisited.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2021. Consultado o 2022-11-17.