Todd Rundgren

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Todd Rundgren
Todd Rundgren (8470849856).jpg
Nome completoTodd Harry Rundgren
Data nacemento22 de xuño de 1948 (74 anos)
Nado enUpper Darby Township
Ocupaciónmúsico, cantante, compositor, produtor, artista multimedia
Xéneropop, rock, progresivo, electrónica, R&B, psicodelia
Instrumento(s)voces, guitarra, baixo, teclados, batería
Relacionado conNazz, The New Cars, Ringo Starr & His All-Starr Band, Utopia, Woody's Truck Stop
Tempo en activo1966 - presente
PseudónimoRunt
Na rede
http://www.tr-i.com
IMDB: nm0750221 Rottentomatoes: celebrity/todd_rundgren
Facebook: toddrundgren Twitter: toddrundgren Instagram: the_todd_rundgren MySpace: toddrundgrenmusic Souncloud: todd-rundgren-official Spotify: 0Lpr5wXzWLtDWm1SjNbpPb iTunes: 482336 Last fm: Todd+Rundgren Musicbrainz: 1a9a8ca0-ea8e-4e9e-96aa-288155bb2c5d Songkick: 591959 Discogs: 138572 Allmusic: mn0000936425 Deezer: 1143 Genius: Todd-rundgren Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Todd Harry Rundgren, nado o 22 de xuño de 1948, é un multiinstrumentista, cantante, compositor, artista multimedia, enxeñeio de son e produtor musical estadounidense que ten interpretado un diverso rango de estilos como artista en solitario e como membro da banda Utopia. É coñecido pola súa música sofisticada e pouco ortodoxa, os seus espectáculos ocasionalmente luxosos, e os seus posteriores experimentas con entretemento interactivo. Tamén produciu videos musicais e foi un "early adopter" e promotor de varias tecnoloxías informátias, como o uso de Internet como medio para a distribución de música a finais dos 90.[1]

Nativo de Filadelfia, Rundgren comezou a súa carreira profesional a mediados dos 60, formando a banda psicodélica Nazz en 1967. Dous anos despois deixou Nazz para centrarse na súa carreira en solitario e inmediatamente conseguiu o seu prmeiro top 40 nos Estados Unidos con "We Gotta Get You a Woman" (1970). Entre as súas mellores cancións están "Hello It's Me" e "I Saw the Light" do álbum Something/Anything? (1972), que foron emitidas con frecuencia en radios de rock clásico, e o sinxelo de 1983 "Bang the Drum All Day", que aparece moito en estadios deportivos, anuncios e trailers de películas. Aínda que menos coñecida, "Couldn't I Just Tell You" (1972) foi uha canción influínte para moitos artistas do xénero power pop.[2] O seu álbum de 1973 A Wizard, a True Star segue sendo unha influencia nas xeracións posteriores de músicos de lo-fi.[3]

Rundgren é considerado un pioneiro nos campos da música electrónica, do rock progresivo, dos videos musicais, do software informático, e da distribución de música por Internet.[4] Rundgren organizou o primeiro concerto interactivo por televisión en 1978, deseñou a primeira tableta gráfica a cor en 1980, e creou o primeiro álbum interactivo, No World Order, en 1994.[1][5] Ademais, foi un dos primeiros músico en destacar tanto como artista comoprodutor.[3] Destaca o seu traballo de producións nos álbums Straight Up (1971) de Badfinger, We're an American Band (1973) de Grand Funk Railroad, New York Dolls (1973) de The New York Dolls, Bat Out of Hell (1977) de Meat Loaf, e Skylarking (1986) de XTC. Foi incluído no Rock and Roll Hall of Fame en 2021.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Todd Rundgren". www.soundonsound.com. Consultado o 2022-12-15. 
  2. All music guide : the definitive guide to popular music (4th ed ed.). San Francisco: Backbeat Books/All Media Guide. 2001. p. 464. ISBN 978-0-87930-627-4. OCLC 48223513. 
  3. 3,0 3,1 "Todd Rundgren: Something/Anything? / A Wizard, a True Star". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2022-12-16. 
  4. "Todd Rundgren Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-16. 
  5. "Todd Rundgren". Bohemian - Sonoma & Napa Counties (en inglés). 1997-07-31. Consultado o 2022-12-16. 
  6. "Todd Rundgren". Rock & Roll Hall of Fame. Consultado o 2022-12-16.