The Mothers of Invention

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Mothers of Invention
A banda nunha xira en Europa en 1968
OrixePomona, California,
Período1964 - 1969
1970 - 1971
1973 - 1975
Xénero(s)rock, jazz, blues, experimental, avant-garde, doo-wop, art rock
Selo(s) discográfico(s)Verve, Reprise, BizarreDiscReet
Artistas relacionadosCanned Heat, Little Feat, Ruben and the JetsFlo & Eddie
Na rede
http://www.grandmothersofinvention.com/
Spotify: 3P2gYnypDVi90ZavnaAhfL iTunes: 148028451 Last fm: The+Mothers+of+Invention Musicbrainz: fe98e268-4ddd-441b-95a0-b219375f9ae4 Songkick: 221111 Discogs: 286086 Allmusic: mn0000405522 Editar o valor em Wikidata

The Mothers of Invention (tamén coñecida como The Mothers) foi unha banda estadounidense de rock procedente de California. Formada en 1964, o seu traballo destacou polo uso da experimentación no seu son, de carátulas innovadoras, e elaborados concertos.

Orixinalmente era un grupo de R&B chamado Soul Giants e a súa primeira formación incluía a Ray Collins, David Coronado, Ray Hunt, Roy Estrada, e Jimmy Carl Black. O grupo preguntoulle a Frank Zappa se quería encargarse da guitarra tras unha pelexa entre Collins e Coronado, o líder e saxofonista orixinal da banda. Zappa insistiu en que interpretarían o seu material orixinal, e o día da nai de 1965 cambiaron o seu nome a The Mothers. Executivos da discográfica demandaron que o grupo cambiase o nome e así se converteu en The Mothers of Invention.[1]

Tras as primeiras loitas, The Mothers conseguiron éxito comercial. A banda fíxose primeiro popular tocando na escena musical underground de California a finais dos anos 60. Con Zappa ao temón, o grupo asinou co selo de jazz Verve Records como parte dos plans de diversificación da discográfica.[2] Verve publicou o dobre álbum de estrea de The Mothers of Invention, Freak Out!, en 1966, cunha formación composta por Zappa, Collins, Black, Estrada e Elliot Ingber. Don Preston uniuse ao grupo pouco despois. Co liderado de Zappa e cunha formación sempre cambiante, a banda lanzou unha serie de aclamados traballos, como Absolutely Free, We're Only in It for the Money e Uncle Meat, antes de que Zappa a disolvese en 1969. En 1970 formou unha nova versión de The Mothers con Ian Underwood, Jeff Simmons, George Duke, Aynsley Dunbar e os vocalistas Mark Volman e Howard Kaylan (anteriormente en The Turtles, pero que debida o motivos contractuais foron acreditados como The Phlorescent Leech & Eddie). Posteriormente uniuse outro ex-Turtle, o baixista Jim Pons, e esta formación durou ata 1971, cando Zappa foi ferido por un espectador nun concerto.[1]

Zappa centróuse na música orquestral e de big-band mentres se recuperaba das súas feridas, e en 1973 formou a derradeira encarnación de The Mothers, co batería Ralph Humphrey, o trompetista Sal Marquez, o teclista e vocalista George Duke, o trombonista Bruce Fowler, o baixista Tom Fowler, o percusionista Ruth Underwood e o teclista e saxofonista Ian Underwood. O derradeiro álbum que usou a The Mothers como banda de acompañamento, Bongo Fury (1975), contaba co guitrrista Denny Walley e co batería Terry Bozzio, que continuaron tocando con Zappa noutros discos.[1]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Freak Out! 1966 Verve Records
Absolutely Free 1967 Verve Records
We're Only in It for the Money 1968 Verve Records
Cruising with Ruben & the Jets 1968 Bizarre Records/Verve Records
Uncle Meat 1969 Bizarre Records/Reprise Records
Burnt Weeny Sandwich 1970 Bizarre Records/Reprise Records
Weasels Ripped My Flesh 1970 Bizarre Records/Reprise Records
The Grand Wazoo 1972 Bizarre Records/Reprise Records
Over-Nite Sensation 1973 DiscReet
One Size Fits All 1975 DiscReet
Bongo Fury 1975 DiscReet

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "The Mothers of Invention Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-11-17. 
  2. "The Mothers of Invention Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-11-17.