Brian Wilson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brian Wilson
Brian Wilson of the Beach Boys in West Los Angeles 1990 photographed by Ithaka Darin Pappas.jpg
Wilson en 1990
Nome completoBrian Douglas Wilson
Data nacemento20 de xuño de 1942 (80 anos)
Nado enInglewood
CónxuxeMarilyn Rovell (1964-1979)
Melinda Ledbetter (1995-presente)
FillosCarnie Wilson e Wendy Wilson
IrmánsDennis Wilson e Carl Wilson
Ocupaciónmúsico, cantante, compositor, produtor discográfico
Xénerorock, pop, art pop
Instrumento(s)voz, teclado, baixo
Relacionado conThe Beach Boys
Na rede
brianwilson.com
IMDB: nm0933092 Rottentomatoes: celebrity/brian_wilson_2 TV.com: people/brian-wilson-1 IBDB: 84068
Facebook: officialbrianwilson Twitter: BrianWilsonLive Instagram: brianwilsonlive MySpace: officialbrianwilson Youtube: UCicb5MX4W2afpGdtZuim55A Souncloud: brianwilsonmusic Spotify: 4Q82S0VzF8qlCb4PnSDurj iTunes: 61573 Last fm: Brian+Wilson Musicbrainz: 634fe78e-fc6b-4b2a-ba83-c8c66e13a8aa Songkick: 547191 Discogs: 189718 Allmusic: mn0000625736 WikiTree: Wilson-25842 Deezer: 78978002 Editar o valor em Wikidata
Brian Wilson signature.svg

Brian Douglas Wilson, nado en Inglewood (California) o 20 de xuño de 1942, é un músico, cantante, compositor e produtor discográfico estadounidense cofundador de The Beach Boys. A miúdo considerado un xenio polos seus enfoques novidosos da composición pop, a súa extraordinaria aptitude musical e o seu dominio das técnicas de gravación, é amplamente recoñecido como un dos compositores máis innovadores e significativos do século XX. A súa obra máis coñecida distínguese polos seus altos valores de produción, harmonías e orquestracións complexas, voces superpostas e temas introspectivos ou enxeñosos. Wilson tamén é coñecido pola súa antiga voz de alto rango e por loitar durante toda a súa vida contra enfermidades mentais.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Wilson medrou en Hawthorne (California), e entre as súas influencias formativas atopábanse George Gershwin, The Four Freshmen, Phil Spector, e Burt Bacharach. En 1961 comezou a súa carreira profesional como membro de The Beach Boys, servindo como compositor, produtor, co-vocalista principal, baixista, teclista e líder de facto. Tras fichar por Capitol Records en 1962, converteuse no primeiro artista de pop acreditado por escribir, arranxar, producir e interpretar o seu propio material. Tamén produciu a outros artistas, destacando o seu traballo con The Honeys e American Spring. A mediados dos anos 60 xa compuxera máis de dúas ducias de éxitos nos Estados Unidos, incluídos os números un "Surf City" (1963), "I Get Around" (1964), "Help Me, Rhonda" (1965), e "Good Vibrations" (1966). Está considerado un dos primeiros produtores de música de autor e un dos primeiros produtores de rock en utilizar o estudio como un instumento.

En 1964 Wilson tivo un ataque de nervios e renunciou ás xiras regulares, realizando un traballo máis refinado, como o álbum de The Beach Boys Pet Sounds e o seu primeiro lanzamento en solitario acreditado, "Caroline, No" (os dous de 1966), así como o álbu non rematado Smile. A medida que declinaba profesional e psicoloxicamente a finais dos 60, as súas contribucións á banda foron disminuíndo, e xurdiron lendas en torno ao seu estilo de vida de reclusión, hiperalimentación e abuso de drogas.[1] O seu primeiro regreso, que xerou divisións entre os fans, produciu o álbum case en solitario The Beach Boys Love You (1977). Nos anos 80 formou unha controvertida sociedade creativa e comercial co seu psicólogo, Eugene Landy, e relanzou a súa carreira en solitario co álbum Brian Wilson (1988). Wilson desvinculouse de Landy en 1991. Dende 1999 xirou regularmente como artista en solitario.

Anunciando o recoñecemento da música popular como unha forma de arte, os logros de Wilson como produtor axudaron a iniciar unha era de autonomía creativa sen precedentes para artistas fichados por selos discográficos. O espírito da mocidade da década de 1960 asóciase comunmente coas súas primeiras cancións, e está considerado unha importante figura para moitos xéneros e movementos, como o son de California, o art pop, a psicodelia, o chamber pop, a música progresiva, o punk, a música outsider, e o sunshine pop. Dende os anos 80, a súa influencia ampliouse a estilos como o post-punk, o indie rock, o emo, o dream pop, o Shibuya-kei, e o chillwave. Os eloxios de Wilson inclúen varios premios da industria, inducións a múltiples salóns da fama da música, e entradas en varias listas de "mellores de todos os tempos". A súa vida foi dramatizada no biopic de 2014 Love & Mercy.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carlin 2006, pp. 198, 277

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]