Kevin Ayers
Kevin Ayers | |
---|---|
![]() Ayers en 1974 | |
Nome completo | Kevin Ayers |
Nacemento | 16 de agosto de 1944 |
Orixe | Herne Bay, Kent ![]() |
Falecemento | 18 de febreiro de 2013 (68 anos) |
Montolieu | |
Ocupación | cantante, compositor de cancións, compositor, produtor musical, cantautor, guitarrista e artista discográfico |
Instrumento(s) | voz, guitarra, baixo |
Tempo en activo | anos 60 - 2013 |
Na rede | |
http://www.kevin-ayers.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Kevin Ayers, nado en Henrey Bay o 16 de agosto de 1944 e finado o 18 de febreiro de 2013, foi un cantautor inglés activo no movemento musical psicodélico británico. Ayers foi un membro fundador da banda psicodélica Soft Machine a mediados dos 60, e estivo estreitamente asociado coa escena de Canterbury.[1]
Gravou unha serie de álbums como artista en solitario e ao longo da súa carreira traballou con músicos como Brian Eno, Syd Barrett, Bridget St John, John Cale, Elton John, Robert Wyatt, Andy Summers, Mike Oldfield, Nico e Ollie Halsall, entre outros. Tras vivir varios anos en Deià, na illa de Mallorca, regresou ao Reino Unido a mediados dos 90 antes de mudarse ao sur de Francia.
O seu derradeiro álbum, The Unfairground, lanzouse no ano 2007.[2] O xornalista musical Nick Kent escribiu: "Kevin Ayers e Syd Barrett foron as dúas persoas máis importantes na música pop británica. Todo o que chegou despois saíu deles".[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ DeRogatis, Jim (2003). Turn on your mind : four decades of great psychedelic rock. Milwaukee, WI: Hal Leonard. ISBN 0-634-05548-8. OCLC 52423927.
- ↑ "Kevin Ayers - The Unfairground" (en castelán). Consultado o 2022-11-19.
- ↑ "Kevin Ayers obituary". the Guardian (en inglés). 2013-02-20. Consultado o 2022-11-19.