Liga Europea de hóckey a patíns 2020/21

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaLiga Europea de hóckey a patíns 2020/21
TipoCopa de Europa de hóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
OrganizadorCERH Editar o valor em Wikidata
Número de participantes9 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
Período de tempotempada 2020-2021 Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo9 de abril de 2021 – 16 de maio de 2021 Editar o valor em Wikidata
Número de edición56 Editar o valor em Wikidata

A Liga Europea de hóckey a patíns 2020/21 foi a 56ª tempada do principal torneo de hóckey a patíns de Europa, organizado polo CERH. Comezou o 9 de abril de 2021 e rematou o 16 de maio do mesmo ano.

O campión desta edición foi o Sporting de Portugal, que gañou o seu terceiro título, despois de derrotar na final ao FC Porto.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

A pandemia de COVID-19 obrigou á cancelación da edición 2019/20 cando aínda non acabara de disputarse a fase de grupos.

Equipos participantes[editar | editar a fonte]

Clasificación de federacións[editar | editar a fonte]

Debido á cancelación da anterior edición do torneo, descartouse a tempada 2019/20 e asignáronse prazas ás federacións segundo o mesmo coeficiente que na tempada 2018/19, tendo en conta o rendemento dos equipos representantes de cada federación nas competicións europeas entre as tempadas 2015/16 e 2018/19.

A participación reservouse a equipos de asociacións cunha capacidade efectiva para organizar anualmente os seus propios campionatos nacionais.[1] Todas estas federacións (7) terían polo menos un equipo participante na competición. Para asignar as outras nove prazas, aplicouse o método D'Hondt ao coeficiente de cada federación, ata un máximo de catro equipos. En caso de retiradas, daríase prioridade segundo a orde establecida polo método D'Hondt.

Rango Asociación Coeficiente Equipos D'Hondt Puntos
1 Portugal Portugal 21.667 4 10.833 7.222 5.417
2 España Spain 18.500 4 9.250 6.167 4.625
3 Italia Italy 16.235 3 8.118 5.412 4.059
4 Francia France 8.560 2 4.280 2.853 2.140
5 Suíza Switzerland 5.727 1 2.864 1.909 1.432
6 Alemaña Germany 4.909 1 2.455 1.636 1.227
7 Inglaterra England 3.000 1 1.500 1.000 0.750

Orixinalmente, segundo afirmou o CERH, inscribíronse trece equipos para xogar o torneo.[2] Faltando tres equipos para completar o cadro regular de dezaseis, o CERH enviou unha invitación a tres equipos clasificados para a Copa WSE. Os equipos que se uniron ao cadro de dezaseis foron o Barcelos de Portugal, o Coutras de Francia e o Genève de Suíza. O 12 de setembro realizouse o sorteo dos grupos coa participación de cinco equipos portugueses (Benfica, Sporting, Oliveirense, FC Porto e Barcelos), catro españois (FC Barcelona, Liceo, Reus e Noia), tres franceses (La Vendéenne, Saint-Omer e Coutras), dous suízos (Genève e Diessbach), un italiano (Bassano) e un alemán (Germania Herringen).[3]

O cadro orixinal do torneo da Euroliga 2020/2021 quedou do seguinte xeito:

Equipos clasificados orixinalmente para a Liga Europea 2020/21
Equipos[N 1]
Grupo A Grupo B Grupo C Grupo D
Portugal Sporting () Portugal FC Porto () Cataluña FC Barcelona () Francia Saint-Omer ()
Cataluña CE Noia () Galicia HC Liceo () Portugal Benfica () Cataluña Reus Deportiu ()
Francia Coutras () Suíza Genève () Suíza Diessbach () Portugal Oliveirense ()
Alemaña Germania Herringen () Francia La Vendéenne () Italia Bassano (12th) Portugal OC Barcelos ()
  1. Entre parénteses clasificación dos equipos nas súas respectivas ligas antes de que estas fosen suspendidas.

Efectos da pandemia da COVID-19[editar | editar a fonte]

O 18 de outubro de 2020, o CERH decidiu aprazar a maioría dos partidos da xornada 1 debido ás restricións ás viaxes impostas pola pandemia de COVID-19 en Europa.[4] O 29 de outubro do mesmo mes anunciouse que todas as competicións internacionais do CERH quedarían suspendidas ata finais de ano.[5][6]

O 17 de xaneiro de 2021 publicouse unha lista actualizada de clubs interesados en participar baixo novas condicións, pero só os nove clubs ibéricos aceptaron, renunciando todos os demais.[7]

Equipos clasificados para a Liga Europea 2020/21
Equipos[N2 1]
Portugal Benfica () Portugal Sporting () Portugal Oliveirense () Portugal FC Porto ()
Cataluña FC Barcelona () Galicia HC Liceo () Cataluña CE Noia () Cataluña Reus Deportiu ()
Portugal OC Barcelos ()
  1. Entre parénteses clasificación dos equipos nas súas respectivas ligas antes de que estas fosen suspendidas.

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

Trala retirada dos sete equipos estableceuse un novo formato para os 9 equipos restantes, composto por dúas fases. A primeira fase consiste en tres grupos de tres equipos, xogando cada equipo dous partidos, contra os outros dous equipos do mesmo grupo. Todos os partidos desta fase dispútanse entre o 9 e o 11 de abril nunha soa sede, na vila portuguesa de Luso.

A segunda fase, a final a 4, consiste en semifinais e finais a un partido, participando nela os tres primeiros equipos clasificados dos tres grupos da primeira fase, así como o mellor segundo clasificado. Xogarase tamén nunha soa sede, entre o 15 e o 16 de maio.[8]

O 27 de febreiro de 2021 realizouse en Lisboa o novo sorteo para a composición dos grupos.[9]

Calendario[editar | editar a fonte]

O calendario da competición é o seguinte:

Programa da Euroliga 2020/21
Fase Rolda Data
Fase de grupos Día 1 9 de abril de 2021
Día 2 10 de abril de 2021
Día 3 11 de abril de 2021
Final a catro Semifinais 15 de maio de 2021
Final 16 de maio de 2021

O calendario orixinal da competición, tal e como estaba previsto antes da pandemia, era o seguinte:[10]

Programa orixinal da Euroliga 2020/21
Fase Rolda Data
Etapa de grupo Día 1 7 de novembro de 2020
Día 2 21 de novembro de 2020
Día 3 12 de decembro de 2020
Día 4 16 de xaneiro de 2021
Día 5 30 de xaneiro de 2021
Día 6 13 de febreiro de 2021
Knockout Fase Cuartos de final 20 de marzo de 2021
Semifinais 17 de abril de 2021
Final 15 de maio de 2021

Fase de grupos[editar | editar a fonte]

Grupo A[editar | editar a fonte]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Equipo PX PG PE PP GF GC DG Pts Notas
1 Portugal FC Porto 2 1 1 0 10 7 +3 4 Pasa a semifinais
2 Portugal OC Barcelos 2 0 2 0 8 8 0 2
3 Cataluña CE Noia 2 0 1 1 9 12 -3 1

Partidos[editar | editar a fonte]

Grupo B[editar | editar a fonte]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Equipo PX PG PE PP GF GC DG Pts Notas
1 Portugal Oliveirense 2 1 1 0 11 7 +4 4 Pasan a semifinais
2 Portugal Sporting 2 1 1 0 11 9 +2 4
3 Cataluña Reus Deportiu 2 0 0 2 4 10 -6 0

Partidos[editar | editar a fonte]

Grupo C[editar | editar a fonte]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Equipo PX PG PE PP GF GC DG Pts Notas
1 Portugal Benfica 2 2 0 0 11 9 +2 6 Pasa a semifinais
2 Cataluña FC Barcelona 2 0 1 1 8 8 0 1
3 Galicia HC Liceo 2 0 1 1 4 8 -4 1

Partidos[editar | editar a fonte]

Clasificación dos segundos de grupo[editar | editar a fonte]

Pos Equipo PX PG PE PP GF GC DG Pts Notas
1 Portugal Sporting 2 1 1 0 11 9 +2 4 Pasa a semifinais
2 Portugal OC Barcelos 2 0 2 0 8 8 0 2
3 Cataluña FC Barcelona 2 0 1 1 8 8 0 1

Final a catro[editar | editar a fonte]

Cadro[editar | editar a fonte]

  Semifinais Final
             
15 de maio
 Portugal FC Porto 6  
 Portugal Oliveirense 4  
 
16 de maio


     Portugal FC Porto 3


   Portugal Sporting 4 pro


15 de maio
 Portugal Benfica 5 (1 logo dos penaltis)
 Portugal Sporting 5 (2 logo dos penaltis)  


Partidos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "AS-05/2020 – EUROLEAGUE 2020 / 2021 – “SHARE” PER FEDERATION FOR THE REGISTRATION OF ITS AFFILIATED CLUBS". wseurope-rinkhockey.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2021. Consultado o 10 de abril de 2021. 
  2. "53 teams registered to the European Club Competitions". wseurope-rinkhockey.org (en inglés). 11 de agosto de 2020. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2021. Consultado o 10 de abril de 2021. 
  3. "Sorteadas las competiciones europeas 2020/21" (en castelán). 12 de setembro de 2020. Consultado o 10 de abril de 2021. 
  4. "12 matches postponed in the European Clubs Competitions". wseurope-rinkhockey.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2021. Consultado o 10 de abril de 2021. 
  5. "European Clubs Competitions are suspended until 31st December 2020". wseurope-rinkhockey.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2021. Consultado o 10 de abril de 2021. 
  6. "Las competiciones europeas de hockey patines, suspendidas hasta 2021". Sport (en castelán). 30 de outubro de 2020. Consultado o 10 de abril de 2021. 
  7. "Official Communication of European Club Competitions [UPDATE]". wseurope-rinkhockey.org (en inglés). 17 de xaneiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2021. Consultado o 10 de abril de 2021. 
  8. "Dates of the final phases of the European Club Competitions". wseurope-rinkhockey.org (en inglés). 8 de febreiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2021. Consultado o 10 de abril de 2021. 
  9. Iglesias, Ana (27 de febreiro de 2021). "El Liceo se verá las caras con Barça y Benfica en Liga Europea". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de abril de 2021. 
  10. "AS-07/2020 – CLUB COMPETITION CALENDAR FORECAST – SEASON 2010 / 2021". wseurope-rinkhockey.org (en inglés). 5 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2021. Consultado o 10 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]