Os cataláns[6] son un pobo europeo e mediterráneo[7] que ten as súas raíces nos Pireneos orientais e nos territorios adxacentes. Historicamente, considéranse a si mesmos como cataláns, os individuos de fala catalá[8] que, xeralmente, son orixinarios de calquera dos territorios chamados Países Cataláns. Dende o século XVI, estendeuse o uso do xentilicio valenciano,[9] tanto para a lingua como para os habitantes do País Valenciano, e máis tarde para o xentilicio de mallorquín para os habitantes de Mallorca, perdéndose así a unidade do pobo catalán e a conciencia de comunidade, especialmente despois da Guerra de Sucesión. A principios do século XX, o movemento catalanista propuxo a recuperación da xeneralización do xentilicio común catalán, malia a rexionalización do xentilicio no Principado e das dúbidas que xurdiron en grandes sectores das Illas Baleares e do País Valenciano. Academicamente, superouse a polémica sobre o nome da lingua e da literatura comúns (catalán), mentres que na esfera política, certos sectores tentan (especialmente dende a transición á democracia) promover a disgregación. Porén, segundo o dicionario da lingua do Institut d'estudis Catalans, o catalán é a persoa natural dos Países Cataláns. Legalmente, os cataláns teñen a cidadanía ou a nacionalidade española[10] ou francesa e, polo tanto, tamén a cidadanía europea.[11] Porén, a condición política de cataláns só é oficialmente recoñecida en dúas áreas: en Cataluña,[12] e en Cataluña do Norte, onde tamén está recoñecido o xentilicio catalán.[13][14]
A palabra catalán/-ana é o xentilicio de Cataluña. A súa etimoloxía é incerta e aberta a interpretacións. A teoría máis aceptada é a que fai referencia o termo castlà ou catlà, unha palabra que gardaria relación co gobernador dun castelo, en francés chastelain e châtelain, en occitano chastelan ou castelan (e segundo algúns dialectos do sur, pronunciado "castelà"), en español castellano. Coa adición do sufixo -ia daría lugar a formas de latín de Cataluña e Catalaunia, que significa terra de castelos,[15][16] segundo esta teoría, o termo castelán sería o seu homólogo. Outra teoría suxire que Catalunya deriva de "Gotholandia" é dicir, a terra dos godos; de feito, os francos, moitas veces chamaron ó territorio catalán (ou mesmo á Península Ibérica) como Gotia. Outras teorías suxiren que se trata dun mítico príncipe alemán, Otger Cataló, ou da palabra laketani, a tribo que habitaba as terras do que hoxe son os Vallès e Barcelonès, e que, debido á influencia do italiano evolucionou a katelans e de alí en catalán.[17]
Collier, Basil. Catalan France (J.M. Dent and Sons Ltd., 1939).
Conversi, Daniele. The Basques, the Catalans and Spain: Alternative Routes to Nationalist Mobilization (University of Nevada Press, 1997). ISBN 1-85065-268-6.
Guibernau, Montserrat. Catalan Nationalism: Francoism, Transition and Democracy (Routledge, 2004).
Hargreaves, John. Freedom for Catalonia?: Catalan Nationalism, Spanish Identity and the Barcelona Olympic Games (Cambridge University Press, 2000).
Simonis, Damien. Lonely Planet Catalunya & the Costa Brava (Lonely Planet Publications, 2003).
Starkie, Walter. The Road to Santiago (John Murray, 2003).
Michelin THE GREEN GUIDE France (Michelin Travel Publications, 2000).