Poética (Aristóteles)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Poética (en grego Περὶ ποιητικῆς, Perì poiêtikês, literalmetne 'Da poética') é unha obra de Aristóteles escrita no século IV a.C., entre a fundación da súa escola en Atenas o 335 a.C. e a súa marcha definitiva da cidade no ano 323 a.C., un ano antes da súa morte, coa función de ditar as normas da arte. Concibida como apuntamentos persoais en dúas partes, unha centrada na traxedia e a outra, que non se conserva, na comedia. É o traballo de teórica dramática máis antigo que se conserva e o primeiro tratado filosófico en tratar da teoría literaria [1]. Perdido na tradición occidental, durante a Idade Media só se coñecía por unha tradución latina dunha versión árabe realizada por Averroes [2], actualmente o códice conservado máis antigo que contén o texto é o Códex Parisinus 1141, redactado a fins do século X ou principios do XI. A primeira tradución ao galego realizouna Fernando González Múñoz publicada pola Universidade da Coruña no ano 2000.

Concepción da arte[editar | editar a fonte]

Segundo Aristóteles, a arte, e máis concretamente a literatura, baséase na mimese ou imitació da realidade e o seu obxectivo é conseguir a catarse do receptor, que se identifica cos acontecementos que veu pasar aos personaxes que producen emocións reais, así e todo presenciar feitos de ficción. Estas emocións serven de purificación, xa que actúan como desabafo e como aprendizaxe para saber como reaccionar en situacións semellantes que se puideran presentar na vida. Por este motivo é fundamental a verosimilitude da obra literaria, xa que se non é crible non se pode producir a necesaria identificación. Polo tanto, a diferenza do que pensaba Platón a arte ten unha función social.

A traxedia[editar | editar a fonte]

Para Aristóteles a arte que explora máis a fondo é a da traxedia. Trátase dunha arte do teatro que imita personaxes nobres ou elevados, pero que padecen maluras, habitualmente ligadas ao destino, que provocan a catarse das emocións do medo e da piedade no espectador, xa que non quere sufrir o que está a presenciar (temor), sentindo pola contra compaixón polos infortunios dos protagonistas da obra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Janko, R. (1984) Aristotle on Comedy, Londres, páx. ix
  2. Habib, M.A.R. (2005). A History of Literary Criticism and Theory: From Plato to the Present. Wiley-Blackwell. p. 60.ISBN 0-631-23200-1.