Ángel Cappelletti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁngel Cappelletti
Biografía
Nacemento1927
Rosario, Arxentina
Morte25 de novembro do 1995
Rosario, Arxentina
Datos persoais
ResidenciaVenezuela e Arxentina
País de nacionalidadeArxentino
EducaciónUniversidade de Buenos Aires
Actividade
OcupaciónFilósofo e historiador
EmpregadorUniversidade Simón Bolívar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Ángel Cappelletti, nado en Rosario no 1927 e finado na mesma cidade o 25 de novembro do 1995, foi un filósofo, historiador e anarquista da Arxentina, radicado en Venezuela entre o 1968 e o 1994.[1][2] Foi experto no pensamento sociolóxico, político e filosófico, tanto clásico coma contemporáneo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse na Universidade de Buenos Aires no ano 1951, e fíxose profesor do ensino secundario. Logo de doutorarse no 1954 pola mesma institución, trasladouse a Caracas no 1972 como profesor titular da Universidade Simón Bolívar. Foi redactor xeral da Revista Venezolana de Filosofía. Entre o 1968 e o 1994, Cappelletti desenvolveu un intenso labor de investigación, estudando a filósofos clásicos como Heráclito, Séneca ou Marco Aurelio, o positivismo venezolano, ou a historia do pensamento anarquista mundial e latinoamericano.[1][3] Publicou arredor de 45 libros en vida, até un total de 80 contando as edicións póstumas.[1] Ademais, escribiu máis dun millar de artigos de investigación.

Cappelletti ensinou en universidades de toda América Latina, en países coma Arxentina, Costa Rica, México, Uruguai ou Venezuela. Así mesmo, foi profesor de posgrao en filosofía na Universidade dos Andes (Mérida, Venezuela).

Regresou á súa cidade natal de Rosario no 1994, onde continuaría traballando até a súa morte no 1995.

Obra[editar | editar a fonte]

Como autor[editar | editar a fonte]

  • Los fragmentos de Heráclito (1962)
  • Utopías antiguas y modernas (1966)
  • El socialismo utópico (1968)
  • La filosofía de Heráclito de Efeso (1970)
  • Inicios de la filosofía griega (1972)
  • Cuatro filósofos de la Alta Edad Media (1972, 1993)
  • Introducción a Séneca (1973)
  • Introducción a Condillac (1974)
  • Los fragmentos de Diógenes de Apolonia (1975)
  • La teoría aristotélica de la visión (1977)
  • El pensamiento de Kropotkin (1978)
  • Etapas del pensamiento socialista (1978)
  • Ciencia jónica y pitagórica (1980)
  • La teoría de la propiedad en Proudhon y otros momentos del pensamiento anarquista (1980)
  • Francisco Ferrer y la pedagogía libertaria (Madrid, 1980)
  • Bakunin y el socialismo libertario (1986)
  • Protágoras: naturaleza y cultura (1987)
  • Sobre tres diálogos menores de Platón (1987)
  • Mitología y Filosofía: los presocráticos (1988)
  • Notas de filosofía griega (1990)
  • El pensamiento de Malatesta (1990)
  • El anarquismo en América latina (1990), en coautoría con Carlos Rama.
  • La estética griega (1991, 2000)
  • Hechos y figuras del anarquismo hispanoamericano (1991)
  • Positivismo y evolucionismo en Venezuela (1992)
  • Textos y estudios de filosofía medieval (1993)
  • Estado y poder político en el pensamiento moderno (1994)
  • Utopías y antiutopías después Marx (1997)
  • Prehistoria del anarquismo (2006)

Como coordinador[editar | editar a fonte]

  • Séneca: De brevitae vitae (1959)
  • Epístolas pseudos-heraclíteas (1960)
  • Abelardo: Ética (1966)
  • Platón: Gorgias (1967).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Falacias de la democracia - Cappelletti". www.contranatura.org. Consultado o 2023-12-27. 
  2. "Revista Polémica - Ángel Cappelletti, por N. Méndez y A. Vallotta - NewsWire Abierto - Envíos". web.archive.org. 2012-11-10. Archived from the original on 10 de novembro de 2012. Consultado o 2023-12-27. 
  3. Cuervo, Editorial Ala de. "Angel J. Cappelletti - Logogrifo". web.archive.org. Archived from the original on 17 de outubro de 2008. Consultado o 2023-12-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]